A localidade malagueña de Antequera acolle esta fin de seman o Campionato de España Promesa en Pista Cuberta. Alí estará o noso atleta das combinadas Angel Menduiña Gutierrez, moita sorte e noraboa. Vai participar no heptathlon xunto co mellorciño da categoria a nivel nacional.
Archivo de la categoría: Tempadas
2014/15
CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS ESCOLAR (XOGADE)
Cesantes-Redondela 07 de febreiro de 2015.
A localidade de Cesantes acolleu o Campionato Provincial de Campo a través do programa Xogade. O circuito atopabase na contorna da praia da Punta. Non facia mala maña, iso si, foi indo a peor. Así que correron os cadetes levantouse unha brisa que alí non parou ninguen. Pois iso os cadetes comenzaron ben, os homes Campions Provinciais e as mulleres en cuarto posto. Dende alí marcharon Dani Calvar e David Lorenzo cara as Probas Combinadas que disputaban en Lugo durante a fin de seman. As mulleres infantis tamen subiron o podio o acadar o terceiro posto, os homes quedaron cuartos. O tipo de terreo do circuito era totalmente chan pero tiña un par de tramos de area de praia esgotadores. A categoria alevin obtivo o subcampionato en homes e un cuarto posto en mulleres. Ata esta categoría se xogaban o pase o Campionato Galego que se disputará en Ourense o vindeiro 21 de febreiro. Alí veremos os Cadetes e Alevins masculinos. O remate do Provincial era para os benxamins, proclamándose Campions en homes e Subcampionas en mulleres.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES
- Agata Rodriguez 2ª
- Gemma Dacosta 14ª
- Lucia Gil 17ª
- Noa Nerga 18ª
- Lara Iglesias 19ª
- Sara Nerga 31ª Seguir leyendo
CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS.
Lugo 7-8 de febreiro de 2015
Sin movernos de Lugo, outro Campionato Galego de Probas Combinadas, neste caso. Para iso son moi versatiles as instalacións da cidade da muralla.
Os cadetes de mañan corrían a primeira hora en Cesantes-Redondela o Provincial de Cross escolar, quedando Campions por equipos, e logo Dani Calvar e David Lorenzo emprenderon viaxe a Lugo para participar no Hexathlon. Debeu ser que viñan quentes que fixeron doblete no podio con sendas medallas de prata e bronce. Dani sumou 2448 puntos e David 2280.
Angel Menduiña foi subcampion promesa e bronce no heptathlon absoluto masculino cunha puntuación total de 4332. As marcas foron de 7,52 nos 60 m.l.; 6,01 na lonxitude; 10,58 no peso; 1,74 en altura; 9,40 en 60 m.v. e 2:58.26 en 1000 m.l.
Polo que se mira non foron facer turismo a Lugo.
CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE 60 ML E 60MV.
Lugo, 07 de febreiro de 2015
A velocidade tiña por primeira vez un Campionato adicado,neste caso, os 60 metros lisos e valos. O módulo de Lugo foi o lugar elexido para desenvolver as quendas, que foron numerosas . Na categoria feminina Noelia Graña pasou cun tempo de 8.21 a primeira serie. Para o pase a final fixo o tercer mellor tempo da súa seminfinal. Alí a pesares de facer o mellor tempo de toda a xornada, 8,11, quedou en 6º posto. A outra representante feminina, tamén xuvenil, Paula Martínez voltou para Cangas cunha medalla de bronce na proba de 60 metros valos. Proba absoluta na que as dúas atletas xuvenís souberon estar a altura do Campionato. Non esperábamos menos, moitos parabens.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E PROMESA PISTA CUBERTA.
A Coruña 31 de enero de 2015.
Nova parada no Pazo dos Deportes de Riazor para o Campionato Galego Absoluto e Promesa. A pista cuberta encheuse dos mellores atletas da Comunidade e con bastantes xuvenís e junior nos primeiros postos. Falando de categorías tempranas a nosa cadete Saray Amoedo foi quen de acadar o cuarto posto no triplo, para conseguilo fixo un salto de 10,97, con mellor marca persoal, magnifico concurso con seis saltos por riba dos dez metros e medio. O mellor concurso en peso foi para Raquel Villa cun lanzamento de 11,57, cun total de seis marcas por riba dos once metros.
Na categoría masculina o xuvenil Pedro Acuña foi cuarto, con 54,49, na sua semifinal de 400m. En 1500 m.l. Rodrigo Bermúdez foi 9º cun tempo de 4:32.13.
As mulleres completaron a participación con Noelia Graña nos 50 m.l. quen tras pasar dúas quendas foi 5ª na final. Noa Rouco non pudo pasar da semifinal dos 400 m.l. acadando o segundo lugar na sua serie. Sara Villar e Paula Martínez tampouco conseguiron posto na final dos 50 m.v. cuns tempos de 8,78 e 9,04 respectivamente.
No concurso de altura Alexia Vidal quedou 5ª cun mellor salto de 1,49 e acadou o decimo posto en lonxitude. Martina Paramos foi cuarta en pértega.
Con todo isto rematar cun ata pronto Coruña, penso que o 14 de febreiro voltamos.
MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS CADETE-XUVENIL E GALEGO CROSS CORTO.
Friol (Lugo) 25 de xaneiro de 2015
Estamos en tempada alta de Cross e os que pudemos viaxar a Friol fomos testigos do Campionato Galego de Cross para todalas categorías. Para os escolares recibe o nome de Memorial Alejandro Lorenzo, e así foi como deu comenzo a xornada. As primeiras en estrear o circuito foron as Benxamin Mulleres, moitas delas debutantes nesta proba. O resultado foi que nunha magnifica labor de equipo acadaron o primeiro posto. E parece que iso foi a tónica dominante durante todolos Campionatos, xa que non conseguimos ningún podio de maneira individual pero si por equipos. Os seguintes en subir o podio, non se fixeron esperar, foron os Benxamin Homes que acadaron o Subcampionato.
Por esta orde de categorías as Alevin Mulleres disputaron a súa carreira obtendo un merecido cuarto lugar. Nos Homes subiron o caixón da terceira plaza. A categoria infantil pechaba o Memorial, quedando as mulleres de quintas e os homes en terceiro lugar.
Na Categoria Cadete tamén había representación en mulleres e homes, acadando os dous equipos a sexta plaza. Xa no Campionato Galego de Cross Corto non tiñamos representación do equipo femenino, correndo de maneira individual Marina Caballero e Mª Jesús Novo. O equipo masculino absoluto quedou na posición 12º.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES
- Agata Rodriguez 4ª
- Ines Bernárdez 5ª
- Lucia Gil 7ª
- Lara Iglesias 10ª
- Gemma Dacosta 12ª Seguir leyendo
COPA GALEGA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA
A Coruña, 18 de xaneiro de 2015
O equipo absoluto de mulleres tiña un merecido posto na Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta. O ano pasado acadou un terceiro posto no podio e a verdade o listón estaba bastante alto. Pero a cuestión e manterse nun nivel, pudo non ser o mellor día pero o resultado final foi dun cuarto puesto empatado co Club Atletismo Naron. Foron en total 47 puntos e o podio pechouse cos 61 puntos acadados pola Gimnastica.
Nos ten mal acostumados este equipo e de seguro esta temporada nos vai dar moitas alegrias.
RESULTADOS:
Noelia Graña 4ª 50 m.l. e 6ª relevos.
Noa Rouco 4ª 400 m.
Aida Amoedo 6ª 800 m. e 6ª relevos.
Marina Caballero 5ª 1.500 m. e 6ª relevos.
Alba Vidal 5ª 3.000 m.
Paula Martínez 5ª 50 m.v.
Alexia Vidal 1ª altura
Martina Paramos 3ª pértega
Mónica Cabirta 7ª lonxitude
Saray Amoedo 3ª triplo
Raquel Villa 1ª peso
Sara Villar 6ª relevos
III LIGA FEDERADA ESCOLAR (FASE FINAL)
A Coruña, 17 de xaneiro de 2015
Metidos de cheo no inverno tocaba dar un remate digno a Liga Federada Escolar. Este ano contaba coa súa terceira edición e o Pazo dos deportes de Riazor foi testigo do desenrolo dunha longa xornada. Recalcamos o de longa porque según o horario o remate era para as tres da tarde. Foi sobre as cinco cando por fin saímos do Pazo para xantar. Boa cousa foi ter un lugar xa establecido e reservado para o xantar, a loxistica funcionou.
A verdade que a xornada foi un cumulo de despropósitos, carreiras que tiveron que repetir por problemas tecnicos, carreiras de 1000 metros nas que deron unha volta de máis e unha serie de feitos que prolongaron a final ata as 17:00 horas. Claro exemplo do que alí pasou foron o equipo Benxamín de mulleres, pois subiron o podio de terceiras, logo na paxina da FGA nos resultados figuran como segundas e para rematar na crónica da final saen outros resultados que as situan como primeiras. En resumo teñen o trofeo de terceiras pero a día de hoxe non sabemos concretar cal lle correspondera.
Outros tres equipos nos representaron Alevins Homes e Infantil Mulleres Campións Galegos, Benxamin Homes Subcampions Galegos.
As oito e media chegabamos a Cangas, que duro é o atletismo.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES:
- Carmen Fraga 3ª 50 m.l. e 1ª relevos
- Iris Malvido 12ª 50 m.l. e 12ª altura
- Agata Rodríguez 3ª 500 m. e 1ª relevos
- Nerea Malvido 12ª 500 m.
- Lara Iglesias 2ª 1000 m. e 1ª relevos
- Gemma Dacosta 6ª 1000m. e 1ª peso Seguir leyendo
CROSS ZONAL XOGADE
Meira-Moaña 11 de xaneiro de 2015
Tralas Festas navideñas a volta a rutina soe ser bastante drástica. No atletismo o mes de xaneiro é sinónimo de Cross. Neste caso, non hai queixa, nin lama, nin chuvia, na contorna da illa de Samertolameu quentou o sol durante todala mañan e permitiu, co tempo seco, unha magnifica xornada para o Cross Zonal do Morrazo. Eran dous equipos que se clasificaban para o Campionato Provincial, e os oito mellores individualmente. Puntualmente as 10:30 horas deu comenzo a competición coa categoría alevin. En mulleres pasaron como segundas o provincial, mentras que en homes fixerono en primeiro lugar. As benxamins mulleres tamén pasaron como primeiras o igual que os homes. Na categoría infantil mulleres pasaron os dous equipos A e C, mentras os homes pasaron de primeiros. O remate da xornada era para os cadetes onde mulleres e homes foron primeiros. O mes de xaneiro será bastante intenso no tocante as competicións escolares polo cal o zonal foi un magnifico test para os nosos atletas cara a vindeiras probas de Cross e Pista Cuberta.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES
- Agata Rodriguez 2ª
- Noa Nerga 4ª
- Ines Bernárdez 5ª
- Lara Iglesias 6ª
- Gemma Dacosta 7ª
- Lucia Gil 8ª
- Sara Nerga 10ª Seguir leyendo
XLI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS. MEMORIAL PEPE CORDEIRO
Cangas 7 de decembro de 2014
O domingo da ponte festiva de decembro era o día elexido para a disputa do Trofeo de Pedestrismo do Concello de Cangas. Este ano a proba segue con cambios no seu percorrido. O máis significativo foi na proba absoluta con saída en aldan que o seu paso por Cangas continuaba ata a rotonda do gordo e voltaba para rematar na meta situada no entorno da estación de autobuses. As carreiras das categorías menores foron no circuito urban coa novidade da categoría xuvenil-xunior que disputou os 6000 metros dando tres voltas.
As inscricions para as carreiras chegaron preto dos 1000 atletas. Sobre as dez horas xa estaba preparada a carreira das Benxamins mulleres que foi o pistoletazo de saida e rematou coa proba absoluta que saiu as 12:15 dende o peirado de Aldán, contando con medio millar de participantes.
RESULTADOS:
MINIBENXAMIN MULLERES
- Leire Fonseca 1ª
- Sabela Pazos 3ª
- Goreti Carballal 10ª
- Nerea Rial 12ª
- Sabela Domínguez 15ª
- Marina Nuñez 16ª
- Noa Quinteiro 17ª
MINIBENXAMIN HOMES
- Henok Pazo 4º Seguir leyendo










Debe estar conectado para enviar un comentario.