GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Santiago 1 de  decembro de 2012

Esta tempada o campionato foi cedo, celebrouse en Santiago.  Aproveitouse a ocasión para que os atletas poideran facer as primeiras marcas da tempada, cun control de marcas no que participaron algunhas atletas do club.

O control comezou con retraso, máis ben poidamos decir con demasiado retraso, o que fixo que se viran escenas nunca vistas como, os marchadores competindo polas rúas de fora e polas de dentro os outros atletas facendo series.

A primeira atleta do Vila en competir foi Paula M. nos 60 m.l. que foi segunda na sua serie. Os seguintes foron os marchadores máis novos do club en 1km macha, Teo I. e Denis F. quen se estrenou na proba, e quedaron primeiro e segundo consecutivamente. Nos 2km, a saída retrasouse, a pesar de estar tódolos rapaces na línea de saída e estar chovendo con ganas , pero iso non impediu que   Ana P. proclamárase  campiona  galega, Valeria  F. subcampiona e Ainoa S.  8ª.

Nos 3 km competiron Noa G. que foi 5ª e Andrés O. que foi 2º a pesar de chegar máis tarde que Noa. Mentras eles competían, deuse a saída do 1500 mulleres no que participaron Aida A. e María N. quenes volveron a competir despois  de facer os 400 m lisos nos que tamén participou Ana A..Na distancia dos 5km estrenouse Esmeralda C. que foi quinta.

Mar Chillón e Rebeca Obenza non puderon participar por estar de baixa. Pero a Mar, Ana P. e Valeria F., ademais de a outros atletas, déronlle o material deportivo por ser os gañadores do circuito Josefina Romero da anterior tempada.

Resultados

Benxamín homes – 1 km: 1º Teo Iglesias Vidal, 2º Denis Fernández Blanco

Alevín mulleres – 2 km: 1ª Ana Piñeiro Piñeiro, 2ª Valeria Fernandez Blanco, 8ª Ainoa Santos Piñeiro

3km: Infantil  homes :2º Andrés Obenza Otero—- cadete mulleres: 5ª Noa García Prieto

5Km:  Xuvenil mulleres : 5ª Esmeralda Corredoira Herbello

60m.l.: Cadete Paula Martínez Fernández 3ª

400 m.l.: Junior: Aida Amoedo Portabales 1ª

                             María J. Novo Pardavila  2ª

                Juvenil: Ana Antepazo Regueira 2ª

II FASE DA I LIGA FEDERADA ESCOLAR.

Vigo, 1 decembro de 2012

Comezamos o mes de decembro coa segunda Fase da Primeira Liga Federada Escolar a celebrar en Vigo en Xornada de mañá e coa participación das categorías benxamín, alevín e infantil. Aclarar que esta liga se concibiu para o seu desenvolvemento en pista cuverta, pero a carencia ou déficit destas instalacións en Galicia fixo que se reconvertese a pista ao aire libre. A ubicación en Vigo da segunda e última xornada restou participación dos clubs do norte de Galicia que si acudiron á anterior celebrada na cidade herculina. Nós si acudimos ás dúas Xornadas e polo tanto optamos á clasificación final por equipos. As probas disputadas o sábado eran pértega, triplo salto e 60 metros valados para infantís, 50 metros lisos para benxamíns e 60 metros lisos para alevíns. Comúns para as tres categorías foron salto de lonxitude e peso. O desenvolvemento das probas foi cumprindo o horario previsto ata que chegou a hora de sumar os resultados e definir a posición dos equipos. Sorpresa que os alevíns masculinos ocuparon o segundo lugar, máis aínda cando os resultados reflicten cero puntos en salto de lonxitude, proba na cal os dous primeiros clasificados Aaron e Adrián pertencen ao Vila. Engadir que a data de hoxe foron reclamados este e outros resultados que nos prexudicaron e para nada foron fieis ao acontecido. Tendo en conta que algúns dos nosos atletas participaron fóra de concurso os que si puntuaron para o equipo o fixeron así.

 

BENXAMÍNS:
Eduardo Parcero 1º 50 m.l.
Pedro Verdeal 3º 50 m.l. e 1º lonxitude
Borja López 10º lonxitude e 7º 50 m.l.
Seguir leyendo

XXXIX TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – III MEMORIAL PEPE CORDEIRO

RESULTADOS PEDESTRISMO MENORES 2-12-12

Enlace para consultar as carreiras de 6 e 10 km:   http://www.championchipnorte.com/index.php?op=result_ext_list&re=140&ini=0

 

Cangas, 2 de decembro de 2012

Quen dixo recortes?. Neste ano no que todo o mundo fala de recortes, o circuíto do Pedestrismo alárgase.

O sol saíu nesta mañá fría de pincipios de decembro para inaugurar o novo circuíto desta carreira. Ás dez da mañá empezaron as categorías menores cun percorrido semellante o dos últimos anos. A ausencia de chuvia animou a que a participación foxe numerosa. Mentres os pequenos se preparaban para saír, a megafonía anunciaba a   saída dos autobuses que levarían ós atletas que así o solicitaran ata o muelle de Aldán.

Sen apenas retraso, ás 11.45h deuse a saída das categorías xuvenil e superiores. Os primeiros tiñan por diante un percorrido de 6 km; é dicir, tiñan que chegar ata Cangas e remataban nada máis chegar. As demais categorías tiñan que dar dúas voltas  en Cangas do percorrido do ano pasado, completando así unha distancia de 10 km.

A maioría dos participantes manifestaron a súa satisfacción polo novo percorrido, tal vez algo dura a subida ata chegar a Darbo, pero polo demais moi ben, e que o preferían mellor que estar dando voltas en Cangas.

RESULTADOS:

Cadetes homes:

1º Lorenzo González Diaz

2º Carlos Torres Vidal

3º Francisco José Rodríguez Freiria

8º Martín Pérez Bacelar Seguir leyendo

IV CROSS ESCOLAR DE NAZARET

Entramos de cheo en tempada de campo a traves ou cross,  en carreiras de inverno e como tal non podia faltar outro clásico no mes de novembro. Votar conta de cando se celebran as carreiras escolares, pois de abril en diante coa bonanza climatica, pero sempre hai unha excepción, e logo en inverno os nenos e nenas non corren, pois si, 360 nenos en idades entre 3 e 12 anos se presentaron as 10:30 no colexio de nazaret de Cangas coa idea de plantar cara a chuvia vento ou frio. A previsión era de 400 nenos, e decir, fallaron poucos, e decir máis, non fixo mal dia, non choveu, frio pouco e duas horas de carreiras por diante. As categorias foron  enchendo de carreiras as ruas do barrio de nazaret, ata houbo como novidade unha carreira de chupetes menores de 3 anos para que os mais cativos poudesen emular os seus irmans. Os atletas do Vila foron representando os seus coles, ainda que era moi común escoitar  ¿quen son eses de amarelo?. A hora de completar os podiums resolveuse o dilema de moitos,  eses de amarelo eran os atletas do Vila de Cangas. Xa queda menos para a próxima, o día 2 de decembro en Cangas.

RESULTADOS

A TOMA DO CONCELLO

Eran sobre as cinco da tarde do 24 de novembro. Grupos reducidos de tres, catro, cinco e seis persoas dirixíanse cara ó concello. Todo normal. Unha característica común para todos estes grupos que tiñan como destino o Concello: en todos eles ía ao menos unha persoa vestida de cor amarelo. Só algo sospeitoso: en cada grupo aí, polo menos, unha persoa con unha bolsa ou paquete non identificado.
Entran. Toman posesión dunha praza no salón de plenos do Ilmo Concello de Cangas. (Se cadra, algún remata sendo un dirixente político).
17:30. A que parece ser a “cabecilla” do grupo, tamén coñecida por “Mari a Presi”, di que todos deben dirixirse a zona do “botellón”. De maneira ordenada saen todos, pequenos e grandes.
17:35. Alguén ordena situarse uns agachados, outros a medio agachar, outros de pe e outros de puntillas; uns detrás doutros. De repente, unha marea de “paparazzis “ e “mamarazzis” disparan as súas armas. Ninguén cae. Todos permanecen no seu posto e postura ata que alguén di:”xa está”.
17:45. Disólvese a concentración. Volven para o Concello , pero as prazas que antes ocupaban, agora están tomadas por outras persoas as que lles chaman pais, nais, ou mesmo avós. Os amarelos deben permanecer en pe ata que unha voz os chama polo seu nome.
Obedientes van saíndo, din que para presentalos. Outra vez disparo de flashes. Seguinte grupo. Outra vez o mesmo. Seguinte grupo. E outra vez o mesmo, ata que rematan.
Alguén comenta que estas persoas e persoiñas amarelas van crear historia nunha entidade chamada Vila de Cangas. Mesmo se comenta que aquí está o futuro, non so do atletismo de Cangas, senón de España e que seguro que entre eles haberá alguén que se acorde do Vila de Cangas en algunha Olimpíada non moi lonxana.
Rematada a sesión de fotos, falan os chamados “autoridades” que resumindo, mostran bos desexos e parabéns para o Vila de Cangas, que están asombrados da gran cantidades de xente que están nas súas filas e que debe de ser un dos Clubs de base máis numerosos a nivel estatal.
Vaia! Este Vila de Cangas debe ser algo GRANDE!.
A cabecilla (xa sabedes: a presi), di que se vai facer unha charla – coloquio cuns invitados. A saber: Isidoro Hornillos (presidente da Federación dese deporte ó que chaman atletismo), Daniel Benavides (responsable do Deporte Escolar), Jesús Martínez (presidente da Delegación de vigo), Fran Abal (adestrador deste grupo tan sospeitoso), Solange Andreia Pereira ( a que todos recibiron como si foxe ese modelo a imitar, pero en carne e óso). Falaron. Contestaron ás preguntas dos amarelos. Solange contou como foron os seus inicios e como era o seu adestramento hoxe. Os outros falaron da Federación, dos seguros, das competicións…
Non vin a hora que era. A “presi” di: agora imos ir arriba porque todos os atletas e membros da Directiva trouxeron algo de papatoria para merendar. (Iso explica o das bolsas ou paquetes non identificados).
Mimadriña! Alí había de todo: doce, salgado, soso, refrescos, zumes, auga. Eu púxenme as botas camuflada no medio deses seres que semellan ser futuras estrelas diso que chaman o atletismo!.
Recoller, limpar e para á casa, que o día seguinte hai competición.

XXXIX TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Domingo 2 de Decembro 2012, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación
Cangas Deporte, organizan o XXXIX Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 2 de
Decembro de 2012, con saida na parroquia de Aldán e chegada na Alameda Vella de
Cangas.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2006-07 ··Benxamín 2004-05 ··Alevín 2002-03 ·· Infantil 2000-2001 ··Cadete
1998-99 ·· Xuvenil 1996-97 ·· Xunior 1994-95 ·· Promesa 1991-92-93 ·· Senior 90 ata
veteranos ·· Veteranos 35 anos en adiante.
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
10:00 h:Benxamín…….…………………………….……………..……………..…………500 m.
10:15 h:Alevín………………………………………………………..……………………1000 m.
10:30 h:Infantil……………………………………………….………….…………………1500 m.
10:45 h:Minibenxamíns………………………………………………………….………….250 m.
11:00 h:Cadete Mulleres………………………………………………………..…….….2000 m.
11:15 h:Cadete Homes…………………………………………………….…………..…3000 m.
CIRCUITO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
11:45 h: Xuvenil homes e mulleres : Saída Aldán e meta na Praza de Abastos…. 6000 m.
11:45 h: Carreira Absoluta: Xunior, promesa, senior e veteranos homes e mulleres, saída
de Aldán mais 2 voltas o circuito do ano pasado e meta na Praza de Abastos. . 10.000m.
13:00 h: Entrega trofeos
3. As inscricións deberán efectuarse antes das 24h do MARTES 27 de Novembro. O custo da
inscripción será de 3€ para os participantes das carreiras absolutas de 6000m e 10000m
que ademáis levarán chip de control de tempos. As personas que non teñan chip amarelo
championchip terán que pagar a mayores 1€ en concepto de aluguer de chip. No resto de
categorías, a inscrición é gratuita.
4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles
un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10,30 e as
10,45 horas e terá un importe de 1 euro a ingresar coa inscrición.
As inscricións formalizaranse na páxina Web www.championchipnorte.com
As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO
SEGURO POR INTERNET e as menores deben seleccionar a opción de desconto para
que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto
sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a
fundacion@cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data
completa de nacemento, clube se ten, localidade, provincia, teléfono de contacto.
Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
5. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización quedando ven visible a
súa publicidade
6. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais
7. Será gañador do XXXIX Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a
clasificado/a da proba absoluta dos 10 000 m.
8. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e medallas ata o
décimo clasificado nas categorías escolares
9. Na categoría de Veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis
de 10 atletas en cada unha delas; nese caso na entrega de trofeos desdoblaranse en dúas
categorías. Veteráns Femenino ou masculino: de 35 ata 45 anos e de 46 anos en adiante
10. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento
11. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e
os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo
da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade
12. A inscripción neste XXXIX Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.

PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2012/2013

A Xunta Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitar a todos/as socios/as e simpatizantes do Club á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2012/2013.
Este feito terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro, ás 17:00 horas, na Sala de Plenos do Concello de Cangas.
Os atletas deben chegar puntualmente e equipados coa vestimenta do Club. Empezaremos cunha foto de todos os atletas, adestradores, Xunta Directiva e invitados. Esta foto, si o tempo o permite, terá lugar nos exteriores do Concello. Seguidamente pasaremos a dentro e farase a presentación dos equipos por categorías, coa súa correspondinte foto.
Unha vez rematada a sesión fotográfica terá lugar unha charla – coloquio na que participarán deportistas de tan alto nivel como a compañeira de adestramentos Solange Andreia Pereira e directivos da Federación, entre outros. Poderedes participar na mesma facéndolles preguntas ós invitados ou comentando algunhas inquietudes que teñades para a vindeira tempada.
O acto oficial finalizará coa entrega da prestixiosa revista do noso Club, que xa alcanza o número 17.
Como dicíamos o acto oficial remataría aquí, pero este ano quixemos rirnos da crise e darémoslle a benvida a nova tempada cunha merenda na que poden participar todos os atletas e acompañantes. Esta participación será dobre, pois participarase traendo algo de comer e logo compartindo as exquisiteces con todos os demais.
Sería conveniente que informarades do que ides traer, por aquilo de que non veñades todos con centolas ou nécoras, xa sabedes que tamén admitimos tortillas, empanadas, refrescos…
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e ata o sábado 24 de novembro, ás 5 da tarde.

SAN MARTINÑO DE BUEU

Este domingo 11 de novembro vense de celebrar en Bueu a XVII Carreira Pedestre San Martiño, II Memorial Paco Cabanillas.
A crise e os recortes parece que van a ser a nota predominante en toda a tempada e os clubs organizadores de probas deportivas vense na obriga de reducir costos. Así nesta primeira carreira da tempada, as categorías agrupáronse máis. Este ano, a partir da categoría xuvenil pasaron a formar todos parte dunha única categoría absoluta, mentres que nos anos anteriores dividíanse nas categorías oficiais.
O noso clube acudiu con un número nutrido de atletas nas distintas categorías, a pesar de que algúns deles participaran no día anterior nunha competición na Coruña.
O día amenceu con moitísimo frío pero sen choiva, para sorte dos atletas.
As primeiras en estrear o circuíto foron as alevíns femininas ás dez da mañá. O horario das demais probas sucedeu segundo o previsto.
Os chupetes recibiron todos unha medalla pola súa participación e ó pódium subiron os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Cabe destacar que na gran maioría deles sobresaía a cor amarela do noso clube e en especial na categoría benxamín masculina e cadete feminino onde houbo triplete amarelo.

RESULTADOS:
Alevín homes:
4º Antón Iglesias Vidal
5º Lope Quinteiro Pena
9º Gabriel Dacosta Vizoso Seguir leyendo

I Xornada da Liga Escolar Federada de Atletismo en Pista Cuberta

Coruña, 10-11-2012

Este ano inauguramos formato de competición, para tal evento nos desprazamos ao pavillón de pista cuberta de Riazor. As probas comenzaban as 16.30 horas polo seguinte orde;  500 metros lisos, 1000 metros lisos e salto de altura. As categorias convocadas foron benxamín, alevin e infantil. Para completar a Liga esta prevista unha segunda xornada na localidade de Ourense o vindeiro 1 de decembro. A puntuación total da liga será a suma das duas xornadas e definirá a clasificación por Equipos. Os resultados obtidos nesta primeira xornada fan pensar de maneira optimista para a clasificación final.

Resultados 1ª Xornada