II FASE DA I LIGA FEDERADA ESCOLAR.

Vigo, 1 decembro de 2012

Comezamos o mes de decembro coa segunda Fase da Primeira Liga Federada Escolar a celebrar en Vigo en Xornada de mañá e coa participación das categorías benxamín, alevín e infantil. Aclarar que esta liga se concibiu para o seu desenvolvemento en pista cuverta, pero a carencia ou déficit destas instalacións en Galicia fixo que se reconvertese a pista ao aire libre. A ubicación en Vigo da segunda e última xornada restou participación dos clubs do norte de Galicia que si acudiron á anterior celebrada na cidade herculina. Nós si acudimos ás dúas Xornadas e polo tanto optamos á clasificación final por equipos. As probas disputadas o sábado eran pértega, triplo salto e 60 metros valados para infantís, 50 metros lisos para benxamíns e 60 metros lisos para alevíns. Comúns para as tres categorías foron salto de lonxitude e peso. O desenvolvemento das probas foi cumprindo o horario previsto ata que chegou a hora de sumar os resultados e definir a posición dos equipos. Sorpresa que os alevíns masculinos ocuparon o segundo lugar, máis aínda cando os resultados reflicten cero puntos en salto de lonxitude, proba na cal os dous primeiros clasificados Aaron e Adrián pertencen ao Vila. Engadir que a data de hoxe foron reclamados este e outros resultados que nos prexudicaron e para nada foron fieis ao acontecido. Tendo en conta que algúns dos nosos atletas participaron fóra de concurso os que si puntuaron para o equipo o fixeron así.

 

BENXAMÍNS:
Eduardo Parcero 1º 50 m.l.
Pedro Verdeal 3º 50 m.l. e 1º lonxitude
Borja López 10º lonxitude e 7º 50 m.l.
Carlos Menduiña 3º peso
Manuel Magdalena 5º peso
Katia Gonzalez 9º 50 m.l. e 5º peso
Sara Mallo 1º 50 m.l.

ALEVÍNS:
Ariadna Gil 1º lonxitude
Sandra Souto 1º 60 m.l. e 2º longuitud
Irene Menendez 3º 60 m.l. e 3º lonxitude
Nuria Villa 1º peso
Valeria Rodríguez 2º peso
Antón Iglesias 3º 60 m.l.
Gabriel Vizoso 5º 60 m.l.
Aaron Domínguez 1º lonxitude
Adrian Pastoriza 2º lonxitude
Martiño Nuñez 6º peso

INFANTÍS:
Saray Amoedo 1º Triplo Salto 3º 60 m.l.
Alejandro Mariño 1º Triplo salto
Daniel Calvar 2º Triplo salto
Paula Santos 5º Triplo salto 6º lonxitude.
Martín Pardavila 5º 60 m.l.

Adrián Outeiral 2º 60 m.l. 1º lonxitude.

Daniel Armada 4º 60 m.v
Juan Piñeiro 5º lonxitude
Raúl Prieto 2º peso
Mauro Maquieira 3º peso

Deja una respuesta