Ferrol, Sábado 13 abril 2013
Este campionato celebrouse en Ferrol. Non había ameaza de mal tempo pero sí de fortes rachas de vento. E o vento foi o protagonista deste evento, impedindo que se pódese practicar ben calquera das distintas probas. Un exemplo disto é que no salto de altura, os xuíces tiveron que agarrar o listón para que o atletas puderan quentar sen que o vento o derribara
As probas comezaron coa marcha de mulleres na que Mar Chillón foi a primeira polo que xa iniciamos o marcador con boa puntuación. Pouco a pouco foron sumandose puntuacións como as de Raquel Villa en lanzamento de peso que rematou primeira , Alexia Vidal foi 2ª en salto de altura e Aida Amoedo foi 3ª en 400 m.l.
O vento quiso xogar na nosa contra no salto con pértega, e a pesar de que Martina Paramos saltaba con suficiente altura e de lanzaba a pértega para atrás, o vento, que estaba moi revoltoso, devolvíalla e tiráballe co listón.
Tras moitos problemas co vento, a organización tivo unha reunión cos delegados e decidiuse suspender algunhas probas polo perigo que supuñan para os atletas. A nos influíanos no lanzamento de disco, que se suspendeu por romperse a xaula e Talía non se estrenou nesa proba, xa que as lesións impedíronlle ir a outras competicións. Iso sí, animou e sacou moitas fotos.
Resultados:
5km marcha: 1ª Mar Chillón
100 m.l.: 6ª Paula Fernández
200 m.l.: 4ª Ana Antepazo
400 m.l.: 3ª Aida Amoedo
800 m.l.: 3ª Marina Caballero
1500 m.l.: 5ª Andrea García
3000m.l.: 4ª Ana Bermudez
3000 m.obstáculos: 5ª Iria Piedras
100 m. vallas: 6ª Sara Villar
400 n. vallas: María J. Novo
Altura: 2ª Alexia Vidal
Pértega: nulos por vento, Martina Paramos
Lonxitude: 6ª Mónica Cabirta
Triple: 6ª Noelia Graña
Peso: 1ª Raquel Villa
Martillo: 4ª Johana Villar
Xabalina: 4ª Antía Román
Disco: Anulado por xaula rota, Talía García
Relevos: 4x100m : 2ª Mónica – Noa – Sara – Alexia
4x400m : 3ª Aida – Marina – María – Andrea
Equipo: 8º con 66 puntos