CLAUSURA DA TEMPADA
O vindeiro sábado 20 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, faráselle un recoñecemento público ós atletas destacados da presente tempada. Será as 17 horas. Non cheguedes tarde ou non sairedes na foto. Durante este acto faráselle entrega duns pequenos agasallos.
Logo teremos como todos os anos a asemblea xeral, onde daremos conta, entre outras cousas, dos méritos da tempada, estado de contas, lectura de actas anteriores, etc.
A xornada rematará cunha cea (sobre as 22.00 horas) para todos os socios e simpatizantes do Club. Este ano a cea será en Restaurante Capitán , en Menduiña – Aldán. Todos os interesados en asistir a cea terán que chamar a Maricarmen, ó teléfono 697623361, antes do 16 de xullo. O prezo será de 20 € para todos, salvo para os atletas destacados, que pagarán 7 €, correndo a cantidade restante por conta do club.