CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE

Getafe, 24 e 25 de xuño de 2017

    Todo un luxo poder contar con tres amarelos no   CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBREDurante a fin de semana do 24 e 25 de xuño disputaron un total de cinco probas na localidade madrileña de Getafe. As probas de velocidade, 100 e 200 m.l. foron as que realizou Dani CalvarNon puido progresar a semifinal dos 100 m.l. cun rexistro de 11.70 s, tampouco pasou da primeira rolda nos 200 m.l. con 23.29 s. 



     No concurso de pértega estreouse na competición David Lorenzo, rematou no posto 17º con 3,92 m. Disputou tamén a semifinal dos 400 m.v.  acadando o 4º lugar na mesma con 56.41 s. Non obtivo praza na final.

     A final do lanzamento de xavelina contou coa presenza de Manel IglesiasCun mellor lanzamento de 48,73 m. rematou no posto 15º. En xeral foron marcas discretas, lonxe das que viñan acadando. Noraboa rapaces, xa que esta feito o camiño a por outro obxectivo.



CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 24 de xuño de 2017

 

    O calendario oficial da FGA non entende de festas, o día de San Xoan disputouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBREFoi moi propicia a xornada para Raquel Villaquen ademáis de resultar Campioa Galega no lanzamento de peso e disco, acadou a marca mínima para o Campionato de España gracias os 12,73 mts que mandou a bola. A cita será en Torrent (Valencia) a primeira fin de semana de xullo.



     Tamén alcanzou o podio por partida dobre Paula Martínezacadando o 2º posto nas probas de 100 m.l. e 100 m.v., serán as dúas probas que vai disputar no Campionato de España Junior, previsto para a segunda fin de semana de xullo en Granollers.



    O noso experto en deportes de inverno Martin Souto foi quen de progresar a final dos 100 m.l., rematando 7º na mesma con 12.46. Na final dos 200 m.l. rematou en 8º posto.  Nos 5000 metros da marcha Esmeralda Corredoira foi descalificada.


MARCHA ASOCIACION CONTRA O CANCRO.

     Este domingo 25 de xuño a ASOCIACION CONTRA O CANCRO, ten organizada unha andaina por unha contorna espectacular. A partires das 09:00 horas podese facer a inscrición e de paso colaborar cun donativo voluntario. A saida farase as 10:00 horas dende o IES María Soliño de Cangas. Para quen coñeza a zona vaise subir ata as antenas, se non a coñocedes, mellor oportunidade imposiblel. E un percorrido corto por pistas forestais, con algunha costa pero co agasallo da vista unha vez se remata no cumio. Totalmente accesible para familias e nen@s. Xa vedes que todo son ventaxas.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE

     Durante a xornada do sábado 24 de xuño, vaise disputar no CGTD de Pontevedra CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. O programa de probas do Campionato terá unha xornada de mañá e outra de tarde. Os participantes serán:


  • MARTIN SOUTO, 100 e 200 m.l.
  • PAULA MARTINEZ100 m.l. e 100 m.v.
  • RAQUEL VILLA,  peso e disco
  • ESMERALDA CORREDOIRA5000 m. marcha

RESULTADOS EN DIRECTO



 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

     Durante os días 24 e 25 de xuño o Estadio Juan de la Cierva, en Getafe, vai albergar o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE.  Imos contar con tres amarelos, que participaran nun total de cinco probas. Daniel Calvar vai disputar os 100 e 200 m.l., David Lorenzo, os 400 m.v. e a pértega e Manel Iglesias o lanzamento de xavelina. Estaremos moi atentos a evolución de todos eles.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS

     Durante a pasada fin de semana celebrouse en Lorca (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICASO sábado 17 de xuño, Ana Piñeiro realizaba a súa mellor marca nos 3000 m. marcha. Rematou o percorrido en 15:04.21, acadando a medalla de prata nesta proba e aportando uns valiosos 16 puntos para o equipo. A outra amarela na selección feminina foi Valeria Rodríguez que acadou o 5º posto no lanzamento de peso con 11.27 mts.  A sección feminina rematou en quinto posto sumando 212 puntos.



       Lope Quinteiro foi o representante amarelo no combinado masculino, participou no peso e cun mellor lanzamento de 12.02 rematou 10º.  O equipo dos homes foi 8º cunha suma de 169.5



CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL

Vigo,  11 de xuño de 2017

     As pistas de Balaidos foron testemuña do futuro a corto prazo do atletismo galego. Nos tamén quisemos ser participes, iso si en clave de presente. A xornada prometía longa, na mañá foi propicia para a practica deportiva pero xa de tarde converteuse nun salvese quen poida. Había que agacharse na sombra porque Lorenzo exerceu xustiza ao seu paso. 

     Ao redor de 40 amarel@s acadaron a marca para disputar o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTILcada cal co seu obxetivo en mente para unha xornada que poñia ao mellor de Galicia nas pistas de Vigo. En tal tesitura AARON OTERO fixo doblete coma Campión Galego en peso e martelo. SARA MALLO mostrouse imbatible no ttiple salto e acadou o bronce na lonxitude. ELOY DOMINGUEZ acadou a prata nos concursos de peso e xavelina.  As demáis premiacions do Campionato foron para GEMA DACOSTAsubcampiona en peso, ROCIO NOVASbronce en martelo, EREA BASTON, campioa en peso e DENIS FERNANDEZsubcampión en marcha.



BENXAMIN MULLERES 

  • GORETTI CARBALLAL, 18ª 50 m.l. e  5ª altura
  • LEIRE BRUN,  7ª pelota
  • CANDELA CASTRO6ª marcha e 4ª pelota
  • ALBA DEL VALLE,  9ª pelota
  • LEIRE FONSECA,10ª 500 m.l.

 

BENXAMIN HOMES 

  • HUGO DOMINGUEZ, 12º 1000 m.l.

 

ALEVIN MULLERES 

  • ANDREA PEREZ6ª 500 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ4ª 500 m.l.
  • UXIA SANCHEZ,  7ª 1000 m.l.
  • LARA IGLESIAS,  4ª marcha
  • CRISTINA TABOADA,  4 ª xavelina
  • GEMA DACOSTA2ª peso e 5ª xavelina
  • NOA NERGA,  6ª peso e 6ª xavelina
  • CARMEN FRAGA,  14ª lonxitude
  • IRIS MALVIDO, 5ª marcha
  • LUCIA GIL, 7ª 2000 m.l.
  • SARA NERGA, 13ª 2000 m.l.
  • NEREA MALVIDO, 9ª marcha

 

ALEVIN HOMES 

  • DIEGO MARTINEZ,  7º peso e  9º altura
  • CARLOS LOPEZ,  8º 500 m.l.
  • RAUL RIAL,  5º 1000 m.l.
  • CARLOS CORREDOIRA8º marcha
  • ELOY DOMINGUEZ, 2º xavelina e 2º peso


INFANTIL MULLERES 

  • ANA CERQUEIRA,  5ª 80 m.l. e 6ª 150 m.l.
  • NURIA ARGIBAY6ª peso  e 15ª disco
  • NEREA PIÑEIRO,  13ª marcha e 9ª altura
  • ANGELA FRAGA16ª  marcha
  • SARA MALLO 1ª triple salto e 3ª lonxitude
  • ABRIL ENTENZA,  DNS 80 m.v. e 6ª altura
  • IRENE RUIZ 11ª lonxitude
  • EREA BASTON1ª peso e 8ª martelo
  • BLANCA PIÑEIRO, 14ª disco
  • CARMEN CASTRO,  5ª xavelina e 5ª disco
  • ROCIO NOVAS, 3ª martelo e 7ª peso

 

INFANTIL HOMES 

  • IVAN IGLESIAS,  7º 500 m.l. e 14º lonxitude
  • DENIS FERNANDEZ2º marcha e 10º xavelina
  • DANIEL QUINTEIRO13º disco e  14º triple salto
  • AARON OTERO,  1º peso e 1º martelo


RESULTADOS