O vindeiro sábado dia 05 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no mesmo lugar as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Memoria dos resultados da tempada 2016/17.
-
– Lectura e aprobación do estado de contas.
-
– Ampliación Xunta Directiva.
-
– Rogos e preguntas.
Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.