Archivo del Autor: Oscar
XXII CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP CASTRILLÓN
A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” en colaboración có Clube de Atletismo Vila de Cangas e Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross escolar e popular CEIP Castrillón, no último domingo de Abril. A cita será no mesmo colexio a partir das 10.30 horas deste domingo 29 de abril.
-
CATEGORIAS
- PITUFOS……………………..……2012/2013/2014
- PREBENXAMÍNS…………………2010-2011
- BENXAMÍNS……………………..2008-2009
- ALEVÍNS………………………….2006-2007
- INFANTÍS…………………………2004-2005
- CADETES…………………………2002-2003
- POPULAR…………………………2001 e anteriores
O remate da entrega de premios haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes.
O prazo límite de entrega de inscricións será o 26 de Abril.
Cada centro participante deberá traer cuberto os seus dorsais có número asignado, o nome do alumn@, data de nacemento e categoría na que participa.
Está permitida a inscripción o mesmo día do cross.
A orde será prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular. Esta orde pode alterarse en función das condicións metereolóxícas.
MAPA CIRCUITOS
XORNADA XOGADE SUB 14 EN BALAIDOS
O domingo 22 de abril as pistas de Balaidos acolleran outra xornada do XOGADE para a categoria SUB 14. Da estación de Cangas sairá un autobus as 08:30 horas. Achegamos o HORARIO da probas máis os inscritos en cada proba.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO DE MARATON
A Coruña, 15 de abril de 2018
Este pasado domingo, 15 de abril, tivo lugar en A Coruña a VII MARATON ATLANTICA sendo o CAMPIONATO GALEGO desta mítica distancia. Na gran festa do fondo galego non faltou Mª Belen Lemat, que rematou en 4:08.40 o percorrido e proclamouse CAMPIOA GALEGA na categoria MASTER 50. Outra merecida premiación que suma ao seu envexable curriculum.
REUNION ATLETAS MARTES 17
O vindeiro martes 17 de abril as 19:00 horas estan convocados @s atletas das categorias SUB-16, SUB 18 e SUB 20, sección masculina e feminina. A xuntanza será no Estadio de atletismo e tratáranse diversos temas, entre eles a posibilidade de formar equipos para os Campionatos Galegos das categorías implicadas.
ACTIVIDADE ATLETICA DA FIN DE SEMANA
Esta vindeira fin de semana o programa XOGADE volta a Pontevedra. Concretamente o CGTD acollerá ao longo do sábado 14 de abril duas xornadas . Pola maña será a xornada SUB 10 e SUB 12, deixando para a tarde a categoria SUB 14. Lembrar que nas xornadas de Pontevedra non temos dereito a autobús.
RESULTADOS EN DIRECTO
RESULTADOS EN DIRECTO
Nas pistas de Balaidos vaise disputar a III XORNADA DO CIRCUITO DO CONCELLO DE VIGO, achegamos o HORARIO e INSCRITOS para a xornada do domingo 15.
HORARIO SERIES VIGO
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO.
Santiago, 08 de abril de 2018
Disputouse este pasado domingo 08 de abril, en Santiago, o CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO EN RUTA. Os grandes especialistas do medio fondo galego acudían ao circuito compostelan para voar na milla urbana, que se complementou co percorrido de 1km nas categorías de SUB- 10, 12, 14 e 16. Nesta distancia foi onde contamos coa presenza de varios atletas. Hugo Collazo rematou 2º na carreira dos SUB 10, cun tempo de 3:50 nos 1000 m. Na carreira feminina Sabela Castelo proclamouse CAMPIOA GALEGA na distancia cun tempo de 3:41. Hugo Domínguez rematou 10º na proba da categoría SUB 12, empregou 3:46 en facer o percorrido. Finalmente na categoría SUB 16, Lope Quinteiro foi 2º, nun apretado final que se solventou polas decimas de segundo.
Na mesma data, en Pontevedra, tivo lugar o II TROFEO DE MARCHA ATLETICA EN PISTA. Candela Castro acadou o 1º posto na proba de 1000 m. SUB-10. Na seguinte categoría SUB-12 aumentaba o percorrido ata os 2000 m., rematando Lara Iglesias 1ª, Iris Malvido 2ª e Nerea Malvido 4ª. Carlos Corredoira foi 6º na proba masculina. Rocio Novas acadou o 7º posto na categoría SUB-14. Ana Piñeiro liderou a proba dos 3000 m., e coa marca acadada supon MARCA MINIMA para o Campionato de España ao Aire Libre.
COMEZA O XOGADE DE PISTA AO AIRE LIBRE
Esta vindeira fin de semana dará comezo o programa XOGADE de Atletismo en Pista ao Aire Libre. As sedes das diferentes xornadas serán Vigo e Pontevedra. De cara a categoría SUB-14 teñen a primeira xornada, o sábado 7 de abril, nas pistas do CGTD de Pontevedra.
RESULTADOS EN DIRECTO
Lembrar que no tocante ao transporte escolar, que sufraga os desprazamentos, só nos incluen as xornadas de Vigo. Nas pistas de Balaidos tendrá lugar a primeira xornada para as categorías SUB-10 e 12, o domingo 8 de abril. Neste caso, sairá o autobus da estación de Cangas as 08:30 horas.
RESULTADOS EN DIRECTO
PREVIA DO TROFEO DA RECONQUISTA
O mercores 28 de marzo vaise disputar en Balaidos o XXXI RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ. Achegamos o HORARIO DEFINITIVO, máis o listado de admitidos na proba.
LISTADO ADMITIDOS
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA
Sabadell, 17 e 18 de marzo de 2018














Debe estar conectado para enviar un comentario.