PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2022

     O vindeiro domingo 20 de marzo no Estadio Municipal de Atletismo está prevista a PRESENTACION DOS EQUIPOS para a tempada 2022.  Convidamos a tod@s @s atletas e soci@s para plasmar a nosa aposta polo futuro e dar un merecido empurrón a familia amarela. Coma tantos outros sectores trataremos de achegarnos a normalidade, sen deixar de lado a debida cautela, polo que este ano faremos unha presentación máis «familiar» co seguinte programa:

11:00 horas nas pistas de Atletismo de Cangas

– 11:15 Inicio de sesión de fotos por equipos e categoría.

–  Acudide coa equipación oficial do Club, por favor.

     Remataremos coa entrega da revista número 26 correspondente a tempada 2021, vemonos nas pistas…ata pronto.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB10-12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA

     A pista cuberta de Expourense vai acoller o CAMPIONATO GALEGO SUB10, SUB12 e SUB 14. As duas primeiras categorias serán en xornada de mañá e pola tarde competiran @s infantís. Os desprazamentos se realizaran por conta propia,  se deberá estar con antelación a proba (1 hora) para o quecemento e a CAMARA DE CHAMADAS. Achegamos o Horario por xornadas e o REGULAMENTO. Hai que ter en conta que se lle vai esixir aos atletas participantes un certificado de vacinación ou unha proba negativa (PCR , antixenos 72 h antes) da COVID, para dar cumplimento ao protocolo da FGA.


RESULTADOS EN DIRECTO



SUB 10

  • BRAIS GARCIA, 50 m.l. e 500 m.l.
  • ADRIAN CALVAR,  salto de lonxitude
  • ALAN MALVIDO, lanzamento de peso
  • NORA PARCERO, 50 m.l. e 1000 m.l.
  • SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ, salto de lonxitude

SUB 12

  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e salto de lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l. 
  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • XAVIER FERRAL, 1000 m.l.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  lanzamento de peso
  • AMARO BASTON, lanzamento de peso
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e 500 m.l.
  • ANA OLIVEIRA, 60 m.l. e 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
  • SABELA MIRANDA, lanzamento de peso


SUB 14

  • HUGO COLLAZO,  2000 m.l. e salto de lonxitude
  • MARCOS RIAL,  1000 m.l.
  • UNAI FERRAL, triple salto
  • ANA CORDEIRO, 60 m.l. e 500 m.l.
  • ANTIA SOTO, 60 m.v. e triple salto
  • ESTELA RAÑA, triple salto e 1000 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l.
  • ERICA NOVAS, 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, lanzamento de peso

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 05 de marzo de 2022

     Expourense foi de novo testemuña da evolución da categoría cadete a nivel autonómico. A Pista Cuberta deu cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 16, e nós fomos participes cunha expedición de amarel@s.  Helena Bello participou no salto de pértega, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO e fixo a sua mellor marca con 2,80 m. , iso chamase unha xornada redonda, no mesmo concurso Iris Malvido rematou 7ª. Marta Camaño tamén superou a sua marca persoal nos 60 m.l., con 8,29 s. colouse na final. Acadou o 7º posto na clasificación da carreira.



      Lucia Gil concursou de maña na lonxitude e quedou a un centimetro do podio, foi 4ª con 4,61 m. Pola tarde desquitouse no Triplo e proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA, con 9,61 m. Diego Garcia correu os 3000 m.l. e rematou en 15ª posisción, nos 300 m.l. acadou o posto 20º. Nerea Malvido participou nos 3000 m.l. e cruzou a meta no posto 17º. Hugo  Domínguez foi 18º na proba dos 1000 m.l.



     Gema Dacosta venceu no concurso de lanzamento de peso e acadou a final dos 60 m.v., na que rematou 5ª. Iris Malvido foi 8ª nos 600 m.l. e a sua compañeira Naia Casas rematou 19ª.



CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE

Lourenza, 20 de febreiro de 2022

     Este pasado domingo 20 de febreiro a cita era en Lourenza (Lugo). O CAMPIONATO GALEGO DE CROSS do programa XOGADE desprazabase ata a Mariña Lucense, e nos tamén. Tres equipos e individualmente varios atletas acadaron o pase. Decidiuse marchar o día anterior, visitar a comarca da Mariña Oriental, e facer algo máis de equipo fora da carreira. E parece que deu resultado, vaia se deu.



      Na categoría alevin feminina Lena Currás entrou segunda na meta, o mesmo posto que acadaron coma equipo. Botando un ollo os puntos das subcampioas podémonos facer idea que as Campioas coparon os primeiros postos. Foi un podio «premium».

SUB 12 FEMININO.- SUBCAMPIOAS GALEGAS (24 PUNTOS)

  • LENA CURRAS, 2ª
  • EMMA COLLAZO, 9ª
  • ANA OLIVEIRA, 10ª
  • NAHIA PINTOS, 13ª
  • ALBA ALVAREZ 32ª
  • AITANA BROULLON, 50ª


   Os alevins masculinos proclamáronse CAMPIONS GALEGOS, parabens equipo e adestradores. Grande ese equipo que de seguro nos a de dar moitas tardes de gloria.

SUB 12 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • ANGEL REFOJOS, 6º
  • SAMUEL CORRALES, 18º
  • DANIEL CORDEIRO, 21º
  • GABRIEL FAZANES, 22º
  • XABIER FERRAL, 58º
  • ANXO CURRAS, 61º


   Na categoria infantil acadaron o primeiro posto e subiron o  caixon máis alto do podio. Parece que a cor amarela brillou con solvencia na Mariña.

SUB 14 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • HUGO COLLAZO, 6º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 11º
  • MARCOS RIAL, 14º
  • UNAI FERRAL, 49º
  • SAUL SANTOS, 68º
  • DARIO PEREZ, 70º


  A categoría cadete non contou con equipo pero si coa participación notable de dous integrantes.

SUB 16 MASCULINO

  • RAUL RIAL, 21º
  • HUGO DOMINGUEZ,  25º

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 19 de febreiro de 2022

     A pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23. O sabado 19, en xornada de tarde competía Ariadna Gil no concurso de triplo. Vaia ambiente que presentaban as bancadas, metían respeto e nervios. Cando saliu ao foso notabase na nosa triplista certo «respeto» polo público e polas rivais. O primeiro obxectivo era pasar a mellora, e acadouse discretamente. Quedaban na final as oito mellores, ese parece que foi o bálsamo que templou os nervios, Ariadna sacou un salto de 11,90 m. que a posicionaba no cuarto posto, e supoñia a sua mellor marca. Non foi definitivo o posto, na ultima rolda foi superada por duas finalistas, sendo relegada ao 6º posto. Xa pode estar contenta, tanto atleta coma adestrador, non é doado mellorar nunha cita con tanta presión.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de febreiro de 2022

     Estamos de cheo na tempada de pista cuberta e notase nun calendario ateigado de importantes citas. Este sábado tiña lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Os xuvenís non puideron contar coa presenza do seu adestrador Ramilo que se topaba en Salamanca no Nacional Sub 23, asumindo a tarefa Martín Souto, dun xeito que lle agradecemos públicamente. Carmen Fraga acadou o 6º posto na lonxitude e non progresou a final dos 60 m.l. despois de disputar a semifinal. Ibrahim Aga tampouco pasou da semifinal no 60 m.l. pero si mellorou a sua marca persoal. Na proba de 60 m.v. participaron Agata Rodríguez e Noa Piñeiroacadando a primeira posto na final cun tempo de 9,72 s. que supoñia MMP e a segunda non logrou pasar da semifinal. Na final Agata rematou 4ª e volveu mellorar a marca ata os 9,66s., ademáis participou na semifinal de 200 m.l. sen acadar o pase. Uxia Sánchez rematou 5ª nos 400 m.l.. Na proba de 800 m.l. participaron Carlos López 13º, Carlos Corredoria 15º e Cristina Cortegoso 12ª. Yago Juncal obtivo posto 11º no concurso de triplo. Diego Martínez quedou 6º no concurso de peso e foi CAMPION GALEGO no salto de altura.



PLAN DE VIAXE AO CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

     De cara ao CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE, que se vai disputar o vindeiro domingo 20 de febreiro, imos dispoñer dun autobus con saída as 11 horas do sábado 19. Coma xa se ten falado, dormiremos na localidade mariñana de Foz. O día da proba desprazaremonos no Bus ata o cirtuito na localidade de Lourenza. Recordamos que @s atlet@s deben levar documentación (DNI Ou Licenza), algo de comer para a viaxe e roupa para mudar, sen esquecer algo de abrigo que estamos en febreiro. De seguido detallamos @s atlet@s convocad@s:


SUB 12 FEMININO

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NAHIA PINTOS
  • ANA OLIVEIRA
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON

SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS
  • SAMUEL CORRALES
  • DANIEL CORDEIRO
  • GABRIEL FAZANES
  • XABIER FERRAL
  • ANXO CURRAS

SUB 14 FEMININO

  • ANTIA BAQUEIRO

SUB 14 MASCULINO

  • HUGO COLLAZO
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • UNAI FERRAL
  • SAUL SANTOS
  • DARIO PEREZ

SUB 16 MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ
  • RAUL RIAL

REGULAMENTO



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 12 de febreiro de 2022

 

     Entramos de cheo en tempada de Pista Cuberta, no caso de Galicia falar de Indoor e falar de Expourense. O grupo de Ramilo tería que amosar a súa valía no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTAA competición foi inaugurada por Diego Martínez no concurso de salto de altura, onde rematou 9º cun mellor salto de 1,76 m. O seguinte concurso con presenza amarela sería o triplo feminino, alí Ariadna Gil acadou o BRONCE da categoria absoluta e Campioa Galega na súa categoria Sub 23. Xa estamos preto do Campionato de España Sub 23 e foi o derradeiro test. Marta Camaño e Lucia Gil puseron a nota de xuventude nos 60 m.l. a primeira progresou a final B con 8,31 e a sua compañeira rematou na semifinal cun tempo 8,61. Marta non mellorou a marca na final B, pero loitou coas más rápidas. 

      Uxia Sánchez corría os 400 m.l. sen acadar o pase a final, de seguro que a lectura da seguinte carreira será máis positiva. Agata Rodríguez, nos 60 m.v., accedeu a final cun tempo notable e que melloraría na final, rematando a mesma en 9,90.

     Juan Piñeiro reencontrouse coa competición, nun concurso de lonxitude onde foi de menos a máis. Finalmente foi BRONCE da categoría Sub 23, a piques tamén na absoluta onde rematou 4º.



CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS XOGADE

Portas, 13 de febreiro de 2022

    A contorna da Azucreira de Portas acolleu o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Este ano saltamonos o Zonal, polo que salvo cadete feminino, estivemos con todos os equipos. Moi boa recompensa para a categoria BENXAMIN, que remata o seu Xogade de Cross cun SUBCAMPIONATO en homes e un CAMPIONATO en mulleres.



BENXAMIN MASCULINO (SUBCAMPIONS -37 puntos)

  • BRAIS GARCIA, 6º
  • ADRIAN CALVAR, 14º
  • ALEX CARBALLO,  15º
  • HUGO LORENZO, 37º
  • LUCA CAO, 41º
  • THIAGO RESILLE,  42º
  • MARCO LAHERA, 52º

BENXAMIN FEMININO (CAMPIOAS – 16 puntos)

  • SOFIA CORRALES,
  • NORA PARCERO,
  • LUCIA CANCELAS13ª
  • CAMILA ENRIQUEZ, 14ª
  • ISIS MARTINEZ, 29ª
  • MAR FAZANES, 34ª
  • MARTA VEGA, 35ª


     A partir da categoría ALEVIN, clasificabanse para o CAMPIONATO GALEGO os dous primeiros equipos e @s oito primeir@s individuais que non concorran por equipo. Neste caso participaran os dous equipos, xa que os homes foron SUBCAMPIONS e as mulleres CAMPIOAS.

ALEVIN MASCULINO (SUBCAMPIONS – 36 puntos)

  • ANGEL REFOJOS,
  • SAMUEL CORRALES, 8º
  • DANIEL CORDEIRO, 11º
  • GABRIEL FAZANES, 30º
  • XABIER FERRAL, 33º
  • ANXO CURRAS, 37º
  • ERIC SANTOS, 46º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 50º
  • ANXO SOTELO, 64º

ALEVIN FEMININO (CAMPIOAS – 33 puntos)

  • LENA CURRAS, 1ª
  • EMMA COLLAZO, 8ª
  • ANA OLIVEIRA, 13ª
  • NAHIA PINTOS, 14ª
  • AITANA BROULLON, 24ª
  • ALBA ALVAREZ, 36ª
  • NOA CAAMAÑO, 61ª
  • IRIA FERNANDEZ, 72ª
  • LEIRE FUENTES, 75ª


     O equipo masculino INFANTIL tamén rematou CAMPION PROVINCIAL  e as mulleres acadaron o BRONCE, sendo Antia Baqueiro quen participe no GALEGO individualmente.

INFANTIL MASCULINO (CAMPIONS – 32 puntos)

  • HUGO COLLAZO, 2º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 4º
  • MARCOS RIAL, 8º
  • SAUL SANTOS, 26º
  • UNAI FERRAL, 27º
  • BREO FERNANDEZ, 49º
  • IKER RIAL, 54º
  • DARIO PEREZ, 61º

INFANTIL FEMININO (BRONCE – 64 puntos)

  • ANTIA BAQUEIRO, 11ª
  • ANA CORDEIRO, 14ª
  • ERICA NOVAS, 20ª
  • ANTIA SOTO, 36ª 
  • ZOE FERNANDEZ, 62ª


   O equipo CADETE masculino obtivo o BRONCE e clasificou individualmente a Raúl Rial e Hugo Domínguez.

CADETE MASCULINO (BRONCE- 31 puntos)

  • RAUL RIAL, 5º
  • HUGO DOMINGUEZ, 9º
  • DIEGO GARCIA, 19º
  • BRAIS PINTOS, 25º
  • MANUEL HERMELO, 26º


 

 

 

 

PLAN VIAXE CAMPIONATO PROVINCIAL

     Este vindeiro domingo 13 de febreiro vai ter lugar na Azucreira de Portas o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Sairá un autobús da estación de Cangas as 08:45 horas con volta ao remate da competición.



REGULAMENTO


     Os atletas convocados por categoría deberán confirmar a sua participación máis o modo de desprazamento ata o Campionato. Lembrar, no caso de viaxar por conta propia, chegar con antelación de 45 minutos ao comezo da proba.


BENXAMIN FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ
  • SOFIA CORRALES
  • NORA PARCERO
  • LUCIA CANCELAS
  • EMMA SALGADO
  • MAR FAZANES
  • ISIS MARTINEZ
  • MARTA VEGA

BENXAMIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR
  • ALEX CARBALLO
  • MARCO LAHERA
  • THIAGO RESILLE
  • HUGO LORENZO
  • ALAN MALVIDO
  • BRAIS GARCIA
  • LUCA CAO

ALEVIN FEMININO

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NAHIA PINTOS
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON
  • ANA OLIVEIRA
  • IRIA FERNANDEZ
  • NOA CAAMAÑO
  • CARLA SALGADO
  • SABELA MIRANDA
  • LEIRE FUENTES

ALEVIN MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS
  • SAMUEL CORRALES
  • DANIEL CORDEIRO
  • GABRIEL FAZANES
  • ANXO SOTELO
  • ALEJANDRO FERNANDEZ
  • ERIC SANTOS
  • ANXO CURRAS
  • XABIER FERRAL
  • RUBEN FERNANDEZ

INFANTIL FEMININO

  • ANA CORDEIRO
  • ZOE FERNANDEZ
  • ERICA NOVAS
  • ESTELA RAÑA
  • ANTIA SOTO
  • SORAYA GONZALEZ
  • VEGA PIÑEIRO
  • LEIRE FERNANDEZ
  • ANTIA BAQUEIRO
  • SOFIA RODRIGUEZ

INFANTIL MASCULINO

  • HUGO COLLAZO
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • ANTON LEMOS
  • SAUL SANTOS
  • IKER RIAL
  • BREO FERNANDEZ
  • DARIO PEREZ
  • UNAI FERRAL

CADETE FEMININO

  • NEREA MALVIDO
  • IRIS MALVIDO

CADETE MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ
  • RAUL RIAL
  • BRAIS PINTOS
  • JUAN GALLEGO
  • DIEGO GARCIA
  • MANUEL HERMELO