Ano MMXVII o asedio sobre a plaza de Brigantium por parte dos amarel@s chega ao seu segundo día. Todo o referido ao color amarelo é rexeitado polos autóctonos, evitando o trato con xente de tal competividade.
Isto puidera ser o comezo dunha boa crónica da época, pero de seguro que o que aconteceu o domingo na FINAL DA V LIGA ESCOLAR FEDERADAfoi moito máis sinxelo. Algo así coma dous autobuses, cinco equipos, xornada mañá e tarde…
A xornada de maña deparounos unha actividade frenetica, moito ambiente no Pavillón de Riazor e, por suposto, moita vitalidade na pista. As categorías implicadas eran BENXAMIN e ALEVÍN. As máis xovenes en clasificarse para esta final foron o equipo Benxamín feminino que rematou en 7º posto, sumando 82.5 puntos. Na seguinte categoría, os alevins, repartíronse os caixons do podio. Os homes proclamaronse Campions con 139 puntos, e as mulleres Subcampioas con 133 puntos.
Pola tarde foi o turno dos infantis, que disputaban un maior número de probas. Tamén había dous equipos, os homes con 179 puntos, acadaron o 3º posto. As mulleres con 159 puntos, quedaron preto do podio, no 4º posto.