XXVIII RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ.

Vigo, 29 de marzo de 2015

 

Xa todo un clásico no calendario atlético que cumpría a súa 28ª edición. Probas que implicaban a case todas as categorías dende infantil ata veterans. O certo era que é moi difícil competir coa costume que temos o outro lado da ria, encher os ramos con larpeiradas de todo tipo. Pero bueno representación no Trofeo Reconquista tivemos.

Proba ideal para os especialistas en combinadas. En Cadetes masculinos participaron  Dani Calvar, que foi 4º na súa serie de 100 m.l. cun tempo de 12.87 e 2º en pértega cun mellor salto de 2.80. David Lorenzo fixo doblete no alto do podio, 1º en pértega, con 3.00 e 1º en 300 m.v. cun tempo de 45:68. Daniel Armada estivo no concurso de pértega acadando o 4º posto con 2.70.

Juan Piñeiro debutou nos 1500 metros obstáculos, rematando en 5:48.55 no 8º posto. A participación dos homes na categoría xuvenil viu de parte de Martín Souto nos 400 m.l., que foi 4º na súa quenda cun tempo de 1:00.41.

As mulleres, coma case sempre, foron máis pero tampouco moitas. En categoría xuvenil Paula Martínez foi 7ª na súa serie dos 100 m.l. con 13.83. Alba Pazos rematou os 100 m.l. en 14.02 e foi 2ª na serie, tamén participou no concurso de salto de lonxitude acadando o 7º posto con 4,39. Na súa quenda de 100 m.l. a cadete María Rodríguez fixo 14.44, quedando 2ª, tivo que abandoar na proba de 300 m.v. 

O concurso de salto de pértega foi o máis concurrido polas amarelas. Martina Paramos foi 2ª con 2.50, Lara Fernández 3ª con 2.30, Veronica Núñez 4ª con 2.10 e Ana Fandiño 11ª con 1.60.

Mª Jesús Novo correu nos 400 m.v. e rematou 5ª na serie cum tempo de 1:17.54. Na categoría infantil Ainoa Santos participou nas probas de lanzamentos, en disco foi 6ª con 17.75 e martelo lanzou 16.36 quedando no 13º posto.


1907714_10206504378276018_3684810343372929116_n


Deja una respuesta