Pontevedra 26 de abril de 2014
Xa nos tocaba a terceira da Fase Xogade de atletismo en pista ao aire libre, antesala do Campionato Provincial para a categoría infantil. Mentres os equipos absolutos se desprazaban a Lugo a disputa do Campionato Galego por Equipos os infantís facían «canteira» en Pontevedra. Tendo en conta a presencia de varios cadetes nos equipos absolutos, non é moi aventurado engadir que algún destes atletas puideran representar o Vila na categoría absoluta para o ano que ven. O densenrolo da xornada foi idéntico as anteriores, tres probas por atleta. Un total de 22 nen@s do Vila de Cangas o longo da maña buscaron acadar un bo rexistro e poder clasificarse para o Campionato Provincial. Son moitas as probas na categoría infantil, e tamén se trata de ir definindo as disciplínas que se lle dan mellor ou que lle gustan máis. Por certo, non choveu. Iso si había auga por todos lados, os fosos de lonxitude eran autenticas lameiras e a punto estiveron de suspender a proba do salto.
RESULTADOS:
Aaron Domínguez 5º 3000 m.l.- 3º triple e 7º lonxitude
Jesús Guimerans 2º marcha-9º triple e 15º altura
Juan Piñeiro 2º triple-2º 1000 m.l. e 13º altura
Martín Pardavila 4º triple e 9º 150 m.l.
Luis Pastoriza 2º 80 m.l.-7º triple e 8º 150 m.l.
Carlos Pérez 1º xabalina-4º disco e 11º 80 m.l.
Mauro Maquieira 1º peso-4º xabalina e 6º disco
Antón Iglesias 1º 1000 m.l. e 6º peso
Alabama Huertes 3ª xabalina- 10ª lonxitude e 13ª 80 m.v.
Naira Villar 9ª 500 m.l.- 13ª peso e 15ª altura
Sandra Souto 5ª 500 m.l. e 13ª 150 m.l.
Isaura Framil 1ª xabalina-3ª 1000 m.l. e 8ª 150 m.l.
Valeria Fernández 1ª marcha-9ª xabalina e 14ª altura
Irene Menéndez 2ª marcha-8ª lonxitude e 11ª altura
Lara Fernández 1ª pértiga- 8ª 80 m.v. e 7ª altura
Verónica Núñez 2ª pértiga-4ª altura e 17ª 80 m.l.
María Rodríguez 2ª 80 m.v.-5ª triple e 8ª peso
Nuria Villa 2ª disco e 3ª peso
Valeria Rodríguez 1ª martelo-2ªpeso e 22ª 80 m.l.
Alba Guimerans 2ª martelo-5ª peso e 5º xabalina
Ariadna Gil 2ª lonxitude-5ª 1000 m.l. e 6ª 80 m.l.
Ines Villamor 4ª lonxitude-5ª 150 m.l. e 7ª 80 m.l.