CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB10

Vigo, 31 de maio de 2025

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE da categoría Sub 10, nunha magnifica maña de sábado a nosa representación de amarel@s deu boa conta das probas que disputaban.



     Laurent Graña rematou Campión Provincial nas probas de 50 m.l. e salto de lonxitude. Pepe Garcia foi 7º nos 50 m.l. e 13 en lonxitude (MMP). Enzo M. Torres rematou 9º en 400 m.l. (MMP) e 7º en lonxitude. Samuel Lorenzo gañou no lanzamento de pelota e foi 11º nos 400 m.l.. Paulo Gestido rematou 7º en peso e 25º nos 400 m.l.



     As mulleres que competiron foron Elba Cordeiro, 9ª en 50 m.l. e 11ª en lonxitude, Gala Garcia 15ª en pelota e 18ª en 50 m.l., Anxela Caballero gañou o 400 m.l(MMP). e foi 4ª en lonxitude e Noelia Caamaño rematou 18ª en 400 m.l. (MMP) e 16ª en pelota. Ainda lle quedaron enerxias para disputar as remudas de 4X50 m divididos en dous equipos mixtos o Vila A composto por Samuel, Anxela, Elba e Laurent proclamouse Campión Provincial , cun crono de 33.05 s. e os seus compañeiros Noelia, Gala, Enzo e Pepe formaron o Vila B rematando en 11ª posición nun tempo de 36.98.



Deja una respuesta