CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE

Lugo, 05 de xuño de 2022

     Despois da xornada maratoniana do sábado, agardaba outra para o domingo en Lugo, neste caso para disputar o CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE. Durante xornada de maña e tarde pasarían polo Estadio Gregorio Pérez Rivera @s clasificad@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14.  A nosa andaina foi, por categorias, a seguinte:

     Categoria BENXAMIN na sección feminina destacar a medalla de BRONCE que acadou Nora Parcero nos 1000 m.l., que ademáis participou na final de 50 m.l. acadando o 6º posto. Outra medalla de BRONCE foi para Camila Enriquez no concurso de salto de altura. Sofia Corrales rematou 5ª na proba de marcha. A sección masculina da categoria SUB 10 estivo representada por Brais Garcia 4º e Adrián Calvar 5º na carreira de 1000 m.l.



     A categoría SUB 12 feminina contou co doblete de Lena Currás, que se proclamou CAMPIOA GALEGA de 2000 m.l. e SUBCAMPIOA de salto de Lonxitude. Ana Oliveira venceu no concurso de lanzamento de pelota e foi 5ª no salto de lonxitude. Emma Collazo rematou 7ª nos 500 m.l., Alba Alvárez foi 6ª na carreira de 1000 m.l.. Sabela Miranda concursou no lanzamento de peso, 11ª e no lanzamento de pelota, 12ª. Nahia Pintos quedou preto do podio na marcha, cun 4º posto e foi 5ª no lanzamento de pelota. Leire Fuentes quedou por detrás da sua compañeira na marcha finalizando 5ª.



      Os homes alevíns obtiveron premiación no concurso s salto de altura, Samuel Corrales foi BRONCE. Angel Refojos rematou 4º na proba de 1000 m.l. Na carreira de 2000 m.l. participaron Gabriel Fazanes, 6º e Xabier Ferral, 9º. O concurso de peso contou coa presenza de Amaro Bastón, 5º e Alejandro Fernández, 7º.  Na marcha competiu Anxo Sotelo, rematando 6º e Anxo Currás foi 13º no lanzamento de pelota.



   A categoria INFANTIL feminina achegounos aos dous OUROS acadados por Ana Cordeiro, ambos en probas de velocidade, 80 m.l. e 150 m.l. Leire Fernández foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de xavelina. Antia Soto, previa participación nas combinadas o día anterior, ainda tivo folgos para ser SUBCAMPIOA na carreira de 220 m.v. e 4ª nos 80 m.l.. Antia Baqueiro acadou o BRONCE na proba de marcha. Noa Quinteiro rematou 6ª no peso e 8ª  no martelo. Alejandra Rios acadou o posto 16º no lanzamento de disco.



      Os homes da categoría SUB 14 estiveron encabezados por Hugo Collazo, BRONCE na carreira de 1000 m.l., Unai Ferral foi 5º no triple salto e 7º na xavelina. Miguel Fernández rematou 9º en 1000 m. obstáculos e 11º na xavelina. Saúl Santos acadou o posto 15º na carreira de 500 m.l.

      No tocante as remudas a participación amarela foi a seguinte:

  • SUB 10 feminino (4X50), Lucía Cancelas/ Nora Parcero/ Sofia Corrales/ Camila Enríquez  (7ª Posición)
  • SUB 12 feminino (4X60), Emma Collazo/ Lena Currás/ Ana Oliveira/ Nahia Pintos (6ª Posición)
  • SUB 14 feminino (4X80), Antia Baqueiro/ Leire Fernández/ Ana Cordeiro/ Antia Soto (7ª Posición)
  • SUB 12 masculino (4X60), Gabriel Fazanes/ Samuel Corrales/ Rubén Fernández/ Ángel Refojos (9ª Posición)
  • SUB 14 masculino (4X80), Hugo Collazo/ Miguel Fernández/ Unai Ferral/ Saúl Santos (9ª Posición)


 

Deja una respuesta