CAMPIONATO ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA POR FEDERACIONS

 

     Disputouse en Castellón, esta pasada fin de semana, o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS. Na categoría SUB 20 participaba Manel Iglesias. Non tiña claro que puidera entrar ata a última semana pero non lle quitaron as gañas. Amosou no Campionato que estar entre os mellores de España non foi casualidade. Excelente concurso de lanzamento de xavelina, onde de maneira moi regular superou os 50 mts. A marca final foi de 53.10, acadando un meritorio 4º posto. Agora mesmo esta situado no cuarto posto do ranking nacional con esta marca, que ademáis supon mínima para o Campionato de España SUB 20 ao Aire libre. Desexamolle unha longa e fructifera estadía na élite, NORABOA.

     A localidade de Burjassot  acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB 16 participou Ana Piñeiro. Disputou a proba de 5kms. e rematou 9ª na xeral. Para o equipo ese posto computou coma 7º e aportou uns valiosos puntos que alzaron a Galicia ata a medalla de BRONCE por equipos. Repite posto o combinado galego, o cal sumado a medalla de ouro da categoría SUB-20, afianza o valor da marcha galega a nivel nacional.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS

Pontevedra, 11 de febreiro de 2017

 

     Celebrouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS LONGOS. O programa de probas ocuparía toda a xornada do sábado. Pola mañá competiron Valeria Rodríguez, en martelo, acadando o 6º posto cun lanzamento de 32,03 mts. No concurso de lanzamento de disco participaba outra cadete, Ainoa Santos, rematando subcampioa galega da especialidade. Mandou o disco ata os 29,61 mts.



     A xornada de tarde deparou para Manel Iglesias unha marca de 50,31 mts no lanzamento de xavelina. Preto dos 50,50 que supoñen a mínima para o Cto. de España. Con este lanzamento lidera o ranking galego e proclamouse Campión Galego Xuvenil de lanzamento de xavelina.



 RESULTADOS