A Coruña a 13-01-2013
Unha semana despois do remate das festas do Nadal e tendo moi preto os propósitos do ano novo parece que toca voltar a rutina. Este ano o Campionato Galego para as categorías menores en pista cuberta adiantouse, e alí nos presentamos en Riazor co noso autobús cargado de amarel@s. Se o proposito dos entrenadores para este ano era conseguir podios, parece que se cumpliu de sobra. A pobre VICA creo que saiu mareada de tanto subir e baixar do podio. En total foron 28 podios conseguidos nas tres categorias, nove para benxamíns, nove para alevíns e os infantís leváronse dez podios. A competición daba opción aos atletas a disputar dúas probas, sempre que non coincidisen as dúas como carreiras de fondo. Significar que dous atletas do Vila fixeron dobre no primeiro posto Eduardo Parcero (500 m.l. e 50 m.l benxamín) e Ariadna Gil en (500m.l. e Salto de Lonxitude alevín) . Aínda que non foi en primeira posición tamén fixeron podio nas dúas probas Teo Iglesias (2º altura e 3º 1000 m.l. benxamín) Pedro Verdeal (2º 500 m.l. e 1º longuitud benxamín); Antón Iglesias (2º 50 m.l.y 3º 500 ml. alevín ); SandraSouto (3º 50 m.l. e 2º longuitud alevín); Adrián Outeiral (2ºlonguitud e 2º 500 m.l. infantil infantil) David Lorenzo (1º pertiga e 2º altura infantil) Os outros atletas con podio foron Denis Fernández 1º 1000 m.l. benxamín, Carlos menduiña 3º peso benxamín, Sara Mallo 3ª Lonxitude Benxamín, Aaron Domínguez 3º 1000 m.l. alevín, Lope Quinteiro 1º peso alevín , Nuria Villa 1ª peso alevín, Valería Rodríguez 2ª peso alevín, Daniel Calvar 2º triple salto infantil, Alejandro Mariño 1º triple salto infantil, Raul Barreiro 2º peso infantil, Mauro Maquieira 3º peso infantil, Alba Vidal 1ª 2000 m.l. infantil e Saray Amoedo 1ª triple salto infantil. En total as medallas 12 de ouro, 10 de prata e 6 e bronce. Casi temos que contratar outro bus para volver, parabens para todos eles.

O resto dos resultados foron:
Benxamíns:
Carlos Menduiña 8º 500 m.l.
Sara Mallo 7ª 1000 m.l.
Alevíns: Seguir leyendo →
Debe estar conectado para enviar un comentario.