CROSS ESCOLAR CEIP A RUA
O pasado 11 de marzo non se puido celebrar o IX CROSS ESCOLAR DE A RUA. A data, por inclemencias metereolóxicas, foi cambiada para o vindeiro domingo 18 de marzo. A partir das 10:30 horas terán lugar as diferentes probas. Indicamos a orde das mesmas:
Tamén achegamos información do ANPA de A RUA sobre as inscricións:
«Non se aceptan novas inscricións a non ser que se den anulacións nas inscricións xa feitas. A orde de sustitución dos participantes será por rigurosa orde de recepción de resposta no mail anpaarua@gmail.com a contar dende o mércores 14 ás 09:00.
O día do Cross se faltase algún dos inscritos pódese cubrir a súa praza cos rapaces da mesma categoría que viñesen a carreira sen estar inscritos.»
CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA
Ourense, 10 de marzo de 2018
A pista de Expourense deu conta do peche da tempada indoor en Galicia. A prometedora categoría dos SUB 16 tivo a oportunidade de coñecer as virtudes destas instalacións. En xornada de tarde disputaronse as probas do CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA, no que participaron 11 amarel@s. Ainoa Santos estreouse no lanzamento de peso, con 10.16 foi 4ª a poucos centimetros do bronce. Maria Rial non progresou a semifinal de 60 m.l. con 8.87, pero si concursou na final de triple salto, onde rematou 6ª con 9.77. Ana Cerqueiro e Noelia Villaverde, si que obtiveron o pase a semifinal de 60 m.l. con tempos de 8.61 e 8.66 respectivamente. Non puideron pasar a final, Noelia Villaverde foi 6ª e Ana Cerqueiro 8ª en sendas semifinais.
Adan Dacosta tamén pasou a primeira rolda dos 60 m.l. e caeu na semifinal despois de acadar o 6º posto. Sabela López foi 4ª no concurso de salto de pértega, chegando ata 2.17. Ainda que empatou coa terceira, un salto nulo sobre 2.17 privouna de subir ao podio. Iván Iglesias disputou a final dos 600 m.l. rematando en 13º posto cun tempo de 1:42.81. O concurso de lanzamento de peso masculino acaparou a nosa atención coa participación de tres amarelos. Lope Quinteiro proclamouse CAMPION GALEGO con 13.44, Aaron Otero foi 4º con 12.10 e Manuel Otero foi 12º con 9.19. Voltaría a vencer na proba dos 1000 m.l. Lope Quinteiro parando o crono en 2:40.24. Este excelente tempo o situa coma o segundo no Ranking Nacional nesta distancia. Despois deste subidón quedaba a proba dos 60 m.v., onde Colomba Carballal rematou 6ª na semifinal, polo cal non puido progresar a final.
RESULTADOS
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Ourense 3 e 4 de marzo de 2018
A pista cuberta de Expourense esta amosando unha actividade frenetica. A primeira fin de semana do mes de marzo acolleu o XLV CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Os clubes do noroeste da peninsula agradecemos esta cercania e tamén é de xustiza polos moitos viaxes que temos no lombo. Na procura de loitar cos mellores foron tres amarelos. O sábado competiu Daniel Armada nos 60 m.l., na primeira rolda acadou o 5º posto con 7.22. Pasaban os tres primeiros, máis non foi mal tempo só unha serie bastante rápida. Daniel Calvar participou nos 200 m.l., cun tempo de 23.44, quedou a un segundo do corte para progresar a seguinte rolda.
O domingo na final do concurso de triple salto estivo Saray Amoedo, quen rematou 9ª cun salto de 11,02. Quedou a un suspiro de entrar na mellora pero outra vez será. Moi digno colofón a tempada de pista cuberta, que nos deixa unha expectativa moi alta para o aire libre.

RESULTADOS
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA
Chegou a hora de que a categoría SUB-16 disfrute da Pista Cuberta de Expourense. O sábado 10 de marzo en xornada de tarde, vai ter lugar o CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA. Sairá un autobus desde a Estación de Cangas as 13.15 horas. De cara a competición participaran @s seguintes atletas:
-
ADAN DACOSTA, 60 m.l.
-
IVAN IGLESIAS, 600 m.l.
-
LOPE QUINTEIRO, 1000 m.l. / peso
-
AARON OTERO, peso
-
MANUEL OTERO, peso
-
ANA CERQUEIRO, 60 m.l.
-
MARIA RIAL, 60 m.l. / triple salto
-
NOELIA VILLAVERDE, 60 m.l.
-
SABELA LOPEZ, pértega
-
AINOA SANTOS, peso
-
COLOMBA CARBALLAL, 60 m.v.
RESULTADOS EN DIRECTO

REGULAMENTO
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Esta vindeira fin de semana, 3 e 4 de marzo, vai ter lugar na pista cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. A pista ourensana acollerá a preto de 500 atletas, entre eles/as a TRES amarel@s. Daniel Armada competirá nos 60 m.l., Daniel Calvar nos 200 m.l. e Saray Amoedo no Triple Salto. Gracias as novas tecnoloxias poderemos seguilos desde o sofa:
EMISION EN DIRECTO
Tamén achegamos as modificacións realizadas no HORARIO e as LISTAS DE SAIDA para o seguimento dos resultados, só nos queda desexarlle suerte e que disfruten da experiencia.
NOVO HORARIO
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO SUB 10/12/14 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 25 de febreiro de 2018
Pechabase o círculo da Pista Cuberta para as CATEGORIAS MENORES co CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA para SUB 10, SUB 12 e SUB 14. A competición ocupaba toda a xornada do domingo 25 de febreiro no recinto de Expourense. No computo global das premiacions podemos falar de 6 ouros, 1 prata e 2 bronces, máis dous RECORDS GALEGOS nos 60 m.v. e Lanzamento de Peso SUB 14. Cun tempo de 10.17 Abril Entenza impusose nos 60 m.v. e actualizou a mellor marca galega, igual que Erea Bastón que lanzou o peso ata 11,14 acadando un merecido ouro. Preto andivo de mellorar a marca galega tamen Sabela Castelo, que foi CAMPIOA GALEGA de 1000 m.l. SUB 10 con 3:37.84.
Destacar tamén o doblete acadado por Hugo Collazo, que foi CAMPION GALEGO en salto de lonxitude e SUBCAMPION nos 500 m.l. na categoría SUB 10. Noa Quinteiro gañou o concurso de peso e estivo acompañada no podio por Leire Fernández, que acadou o BRONCE. No concurso de peso da categoría SUB 12, Gema Dacosta foi CAMPIOA GALEGA e Noa Nerga achegouse o BRONCE. Significativo que as tres Campioas de lanzamento de peso feminino foran do noso Club.

SUB 10
- SABELA DOMINGUEZ, 9ª altura
- ALBA DEL VALLE, 4ª altura e 13ª 500 m.l.
- SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 4ª semifinal 60 m.l.
- NOA QUINTEIRO, 1ª peso
- LEIRE FERNANDEZ, 3ª peso
- CANDELA CASTRO, 5ª 1000 m.l. e 11ª lonxitude
- LEIRE BRUN, 7ª lonxitude e 7ª 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 15º 1000 m.l.
- HUGO COLLAZO, 1º lonxitude e 2º 500 m.l.

SUB 12
- LUCIA GIL, 6ª semifinal 60 m.l. e 11ª 1000 m.l.
- CLAUDIA CARCER, 5ª 60 m.l. e 7ª peso
- NOA NERGA, 3ª peso e 11ª altura
- GEMA DACOSTA, 1ª peso
- HUGO DOMINGUEZ, 12º 500 m.l.
- RAUL RIAL, 11º 1000 m.l

SUB 14
- EREA BASTON, 1ª peso
- NURIA ARGIBAY, 5ª peso
- CARMEN CASTRO, 7ª peso
- ROCIO NOVAS, 9ª peso
- ABRIL ENTENZA, 1ª 60 m.v. e 4ª 60 m.l.
- AGATA RODRIGUEZ, 5ª semifinal 60 m.v. e 17ª 500 m.l.
- ELOY DOMINGUEZ, 9º peso e 11º altura
- MIGUEL NUÑEZ, 4º 60 m.v. e 5º semifinal 60 m.l.
- DIEGO MARTINEZ, 6º altura
- MANUEL LEMOS, 6º pértega
- RUBEN LEMOS, 10º pértega
RESULTADOS
CAMPIONATO ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA POR FEDERACIONS
Disputouse en Castellón, esta pasada fin de semana, o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS. Na categoría SUB 20 participaba Manel Iglesias. Non tiña claro que puidera entrar ata a última semana pero non lle quitaron as gañas. Amosou no Campionato que estar entre os mellores de España non foi casualidade. Excelente concurso de lanzamento de xavelina, onde de maneira moi regular superou os 50 mts. A marca final foi de 53.10, acadando un meritorio 4º posto. Agora mesmo esta situado no cuarto posto do ranking nacional con esta marca, que ademáis supon mínima para o Campionato de España SUB 20 ao Aire libre. Desexamolle unha longa e fructifera estadía na élite, NORABOA.
A localidade de Burjassot acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB 16 participou Ana Piñeiro. Disputou a proba de 5kms. e rematou 9ª na xeral. Para o equipo ese posto computou coma 7º e aportou uns valiosos puntos que alzaron a Galicia ata a medalla de BRONCE por equipos. Repite posto o combinado galego, o cal sumado a medalla de ouro da categoría SUB-20, afianza o valor da marcha galega a nivel nacional.
CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA
Ourense, 24 de febreiro de 2018
Comezabamos o sábado a nosa andaina pola cidade das Burgas co CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA. Practicamente sin sair da pista de Expourense, competir, comer e competir, só lle faltaba unha remuneración para ser perfecto. A todo isto tivemos unha colleita maravillosa, non haí nada que botar en cara. Houbo implicación, esforzo, mancados e como recompensa medallas. Na categoria SUB 20 participaron catro atletas, subindo ao podio en todas as probas. Habera valores seguros no IBEX-35, pero coma estes non. Daniel Armada acadou sendos BRONCES, en 60 m.l. e 200 m.l. As duas probas foron precedidas de semifinal. Na segunda proba (200 m.l.) estivo acompañado por Daniel Calvar que rematou SUBCAMPION GALEGO, cun tempo de 23.18. Literalmente a pista tremia ao paso da final.
Saray Amoedo retomou con forza o triple salto, con 11.19 proclamouse CAMPIOA GALEGA. Outro concurso que supuxo a medalla de OURO foi o salto de pertega, onde David Lorenzo chegou os 4.05. Redondeou o Campionato cunha medalla de BRONCE nos 60 m.v.
Na categoria SUB 18 competiron cinco atletas. María Rodríguez foi, sen dubida, a que máis correu. Dous catrocentos e un douscentos de pista cuberta galega, solventando a semifinal de 400 m.l. e acadando o 5º posto na final. No 200 m.l. non progresou a final. Ariadna Gil reencontrouse co salto de lonxitude acadando a medalla de BRONCE, a mesma medalla que se lle escapou por decimas na final dos 60 m.v. onde foi 4ª. A medalla de chocolate tamén foi o premio de Juan Piñeiro no triple salto, o podio quedou a dous centimetros. Ainda así marca de 12.17 que melloraba o existente.
Raúl Barreiro no último lanzamento aupouse ao podio de peso, os 10.67 foron premiados co BRONCE. Valeria Jalda pechou a xornada acadando o CAMPIONATO GALEGO de lanzamento de peso, a marca 11.75. Na nosa vindeira saída a bolsa contaremos co respaldo destes 3 OUROS, 1 PRATA e 5 BRONCES.














Debe estar conectado para enviar un comentario.