FASES DA VOLTA AOS ADESTRAMENTOS

     O luns 25 de maio comeza a FASE 2.  Nesta fase o número de integrantes dos grupos dos deportes permitidos ascende a 15, pero sempre respectando a natureza do deporte sen contacto. O deporte ao aire libre sofre un gran cambio xa que desaparecen as franxas horarias. Deste xeito, poderemos adestrar en rúas e parques a calquera hora, excepto nas franxas horarias reservadas para os maiores de 70 anos (de 10:00 a 12:00 da mañá e de 19:00 a 20:00 da tarde). No tocante ao Estadio Municipal de Atletismo de Cangas estan pendientes, por parte do Concello, de pasarnos información de cando e como se fará esa reapertura. Se presume que elaboraran unha normativa especifica para o desenrolo da actividade.

     Achegamos o teletraballo de Calvar para esta quinta semana:

 

Luns

15 minutos trote+mobilidade+ costas  de 50 metros , recuperación 2′ e 6′ (infantis  2 x 7- alevins 2 x 6+ benxamins 2 x 5) + 5′ soltar+ estirar

Mércores

15 minutos trote+mobilidade+ cambios 30» rápido e 1′ suave – infantis (15) alevins (12) benxamins (10)+ 5′ soltar+estirar

Venres

15 minutos trote+mobilidade+ infantis (3 x 300 + 3 x 200) alevins (2 x300 + 3 x 200) benxamins (1 x 300 + 2 x 200 ) recuperación 4 ‘ + 5 ‘ soltar+estirar