PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL

     O domingo 11 de xuño, as pistas de Balaidos en Vigo acolleran o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL.  Unha vez rematada a inscrición, achegamos tanto o listado definitivo de admitidos coma o novo horario da proba. Será en horario partido, de mañá e tarde, Lembrar que non hai autobús, polo cal se recomenda estar con antelación dunha hora da proba a realizar.



RESULTADOS EN DIRECTO



SELECCION GALEGA CADETE

     O vindeiro 17 e 18 de xuño vaise disputar en Lorca (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS da categoría CADETE. Unha vez rematado o Campionato Galego desta categoría, conformouse a SELECCION GALEGA que representará a nosa Comunidade en tan importante evento. Hai tres amarel@s que foron elexidos,  Ana Piñeiro para a Marcha. Lope Quinteiro e Valeria Rodríguez para o lanzamento de peso. Agardamos lle senten ben estas novas cores, e por suposto disfruten da experiencia, PARABENS.



CAMPIONATO GALEGO CADETE-XUVENIL AO AIRE LIBRE

Ferrol, 4 de xuño de 2017

 

    Este pasado domingo 4 de xuño, disputouse nas Pistas de A Malata o CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL CADETE E XUVENIL. Preto xa dos Campionatos de España das respectivas categorías foi unha boa oportunidade para acadar a «ansiada» marca mínima. Claro que tamén estaban en xogo as medallas do Campionato. Por parte d@s amarel@s sumaron catro ouros, cinco pratas e tres bronces. Destacar a mínima conseguida por David Lorenzo cun salto de 4,15 mts na pértega. Preto delas quedou Lope Quinteiroen duas probas, no peso  con 13.69 e nos 1000 m.l., con 2:45. De seguro que hai moitos máis que andiveron cerca,  moito animo que ainda hai tempo.



CADETE MASCULINO

  • MANUEL OTERO, 3º martelo e 6º peso
  • ANXO CAMAÑO,  7º semifinal serie 100 m.l. e 11º disco
  • LOPE QUINTEIRO, 2º 1000 m.l. e 1º peso
  • ALEX IGLESIAS, 13º 600 m.l.
  • DANIEL SUAREZ, 5º martelo
  • ADRIAN PASTORIZA, 7º 100 m.v.  e  5º salto de altura
  • AARON DOMINGUEZ, 6º triple salto

 

CADETE FEMININO

  • ARIADNA GIL, 6ª 300 m.v. e  9ª loxitude
  • SABELA LOPEZ, 5ª pertega e  15ª 600 m.l.
  • VALERIA RODRIGUEZ, 1ª peso e 3ª martelo
  • NOELIA VILLAVERDE, 6ª semifinal serie 100 m.l.
  • AINOA SANTOS, 3ª peso e 2ª disco
  • IRENE MENENDEZ, 7ª lonxitude
  • MARIA RIAL,  9ª triple salto


XUVENIL  MASCULINO

  • RAUL BARREIRO, 5º martelo e 5º peso
  • DAVID LORENZO, 1ª  400 m.v. e 1º pértega
  • DANIEL CALVAR, 2º 100 m.l. e 2ª 200 m.l.
  • MANEL IGLESIAS, 2º xavelina
  • KEVIN MARCOS,  9º disco

 

XUVENIL  FEMININO

  • IRIA RODRIGUEZ, 5ª semifinal serie 200 m.l.
  • MARIA RODRIGUEZ, 5ª 400 m.l.


 

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL-INDIVIDUAL

Valladolid, 3 e 4 de xuño de 2017.

 

     O complexo do CPTD Rio Esgueva de Valladolid apadrinou, outro ano máis, a categoría INFANTIL. De maneira individual esta categoría tiña que amosar @s atletas máis polivalentes competindo en diferentes triatlons. No triatlon C estivo Jacobo Diaz e Abril EntenzaO primeiro rematou no posto 14º, sumando 1112 puntos e Abril acadou o posto 30º con 1230 puntos.



     Aaron Otero foi o que andivo máis preto do podio, finalmente rematou 5º con 1.577 puntos,  destacar o posto 3º acadado no lanzamento de peso. Este ano engadiuse o triatlon E, coa proba de 2000 m. marcha, que non estaba representada. Denis Fernández acadou o posto 8º cunha suma de 1125 puntos.




 RESULTADOS


MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA.

A Coruña, 03 de xuño de 2017

     A proba de marcha en ruta con máis prestixio da nosa Comunidade  tamen conta cun oco para as categorías menores. Este sábado celebrouse o VI MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA.  Ali estiveron @s marchador@s amarel@s  codeandose coa elite da marcha, e nunca mellor dito.

     Na carreira ALEVIN sobre un percorrido de 2kms, Lara Iglesias rematou 5ª (11:59), Iris Malvido 6ª (12:12) e Nerea Malvido 13ª (13:30). Carlos Corredoira foi 9º (12.45) na clasificación masculina.



    Ana Piñeiro rematou 2ª na proba de 3 kms, rematando en 15:09 e mellorando a sua marca. Valeria Fernández  foi 6ª (16:50) na mesma carreira. Na categoria PROMESA participou Esmeralda Corredoiraacando o 2º posto nos 5 kms. cun tempo de 29:08.


PLAN DE VIAXE A FERROL

 

     Este vindeiro domingo 04 de xuño vai ter lugar nas pistas de A Malata o CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL EN PISTA AO AIRE LIBRE.  Para este desprazamento vaise habilitar un autobús que sairá da estación de Cangas as 06:30 horas. A comida esta reservada no Restaurante La Frontera, sito a 300 metros das pistas.


RESULTADOS EN DIRECTO

LISTADO ADMITIDOS



 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL

     

     Por segundo ano consecutivo as Pistas de Rio Esgueva de Valladolid van acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTILMoi bo recordo temos @s amarel@s das mesmas, sempre tivemos recompensa ao esforzo. Este ano o adestrador Jose Calvar vai con catro dos seus pupilos, que competirán de acordo co seguinte regulamento:

     Cada atleta participante deberá realizar tres probas en formato de tríatlon, establecéndose cinco tríatlons: o A (80m, 80m valos e peso), o B (1.000m, lonxitude e xavelina), o C (80m valos, altura e lonxitude), o D (80m, peso e disco) e o E (2.000m marcha, 80m e xavelina).

     A competición vaise dividir en duas xornadas o sábado 3 e domingo 4 de xuño, durante as mesmas disputaran as seguintes probas:


AARON OTERO- Tríatlon D (80m, peso e disco)

DENIS FERNANDEZ- Tríatlon E (2.000m marcha, 80m e xavelina)

ABRIL ENTENZA-  Tríatlon C (80m valos, altura e lonxitude)

JACOBO DIAZ- Tríatlon C (80m valos, altura e lonxitude)


 RESULTADOS EN DIRECTO