ELECCION NOVA XUNTA DIRECTIVA

     Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este  mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:

     O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.

    O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 08 de xullo ata ó 08 de agosto. Este último día, 08 de agosto, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria  no Salón de Plenos do Concello de Cangas, para elexir a nova directiva entre as propostas. O prazo de reclamacións será do 09 ó 11 de agosto.

      É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

      Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Concelleria de Deportes e enviarase á prensa.



Deja una respuesta