PRESENTACION TROFEO VILA DE CANGAS.

     Este xoves, día 12 de maio, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación do XII TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMOO acto acudiron Xoan C. Chillón (Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte) e Mª Carmen Parada (Presidenta do Club Atletismo Vila Cangas) 

     O evento, que terá lugar este martes 17 de maio no Estadio Municipal de Cangas, trascorrerá en horario de 09.45/13.30 h, e nel participarán preto de 180 atletas.

    Na proba competirán deportistas en categoría BENXAMIN – ALEVIN – INFANTIL – CADETE – XUVENIL – JUNIOR – PROMESA – SENIOR – VETERÁN (masculina e feminina), achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

     A competición está organizada polo CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS, supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Vigo) e conta co patrocinio da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e o CONCELLO DE CANGAS.


HORARIO E REGULAMENTO

INSCRITOS


20160512_125100

CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS.

Ferrol, 07 de maio de 2016

 

     As pistas de atletismo de A Malata,  acolleron o sabado 7 de maio unha longa xornada de probas para puntuar coma equipo. As categorías implicadas eran cadete e junior. Pola nosa parte estiveron os equipos femininos de ambas categorías. Moita participación de equipos galegos que deixou o programa de probas demasiado ateigado. 

     Vendo o desenrolo do Campionato foi unha pena non poder completar todas as probas. Cambiaría sensiblemente o resultado final coa suma deses puntos. Pero tamén houbo tempo para alegrias. Valería Fernández acadou marca mínima nos 3000 metros marcha para o Campionato de España. No mes de xullo, en Granollers, poderá medirse coas mellores marchadoras do país.


DSCN1016


     Tamén contamos coa presenza de un par de amarelos que exerceron de filiaís co Celta. Foi o caso de Daniel Calvar e Manel Iglesias.  O primeiro completou o relevo máis os valados e o seu compañeiro participou no concurso de xavelina. O remate da xornada propiciou un 7º posto para o equipo cadete e a 4ª posición para o junior. Non se acadou o podio pero, polo visto en Ferrol, non vai tardar en chegar.  Fixemos equipo e esperemos que non pare de medrar.


RESULTADOS CADETE

RESULTADOS JUNIOR


DSCN1057


CADETE:   7º posto.- 127 ptos.

  • IRENE MENENDEZ.- 4ª 100 m.l. e  4ª relevos (4×100)
  • MARIA RODRIGUEZ.- 4ª 300 m.l. e 10ª 300 m.v.
  • VERONICA BRUN.- 8ª 600 m.l. e 7ª relevos (4X300)
  • MARIA BRONCOS.- 5ª 100m.l.
  • SANDA SOUTO.- 6ª 300 m.l. e 7ª relevos (4X300)
  • ALBA CAMPOS.- 6ª 100 m.v. e 4ª relevos (4×100)
  • NAIARA VILLAR.- 8ª altura e 4ª relevos (4×100)
  • ARIADNA GIL.- 1ª triple salto e 8ª lonxitude
  • VALERIA RODRIGUEZ.- 2ª martelo e 3ª peso
  • LAURA VALLADARES.- 10 ª disco
  • LAURA CAMPOS.- 7ª xavelina e 4ª relevos (4×100)
  • INES VILLAMOR.- 4ª relevos (4×100) e 7ª relevos (4X300)
  • VALERIA FERNANDEZ.- 1ª marcha

toma


JUNIOR:   4ºposto 140.5 ptos.

  • PAULA MARTINEZ.- 1ª 100 m.v. e 5ª 100 m.l.
  • PAULA SOTELO.- 8ª 200 m.l. e 2ª relevos (4X100)
  • NOELIA GRAÑA.- 11ª 400 m.l. e 2ª relevos (4X100)
  • IRIA RODRIGUEZ.- 7ª 800 m.l. e 7ª relevos (4X400)
  • ALBA PAZOS.- 2ª altura e 2ª relevos (4X100)
  • MARTINA PARAMOS.- 4ª pértega e 2ª relevos (4X100)
  • SARAY AMOEDO.- 1ª triple e 4ª lonxitude
  • PATRICIA TORRES.- 3ª peso e 3ª disco
  • JOHANA VILLAR.- 3ª martelo e 7ª relevos (4X400)
  • PAULA SANTOS.- 4ª xavelina e 7ª relevos (4X400)
  • ESMERALDA CORREDOIRA.- 2 ª marcha e 7ª relevos (4X400)

    DSCN1068


RANKING BENXAMIN XOGADE

    A categoría benxamín disputará o sábado 21 en Pontevedra o Campionato Provincial Escolar que tamén inclue o Campionato de Probas Combinadas Alevín.  No primeiro deles poderán participar os atletas coas 16 mellores marcas dos inscritos, sendo soamente válidas as marcas realizadas nas fases previas.  Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. O relevo COMPUTA como participación. Na categoría alevín a participación é aberta. O número máximo de participantes por entidade e categoría será de 6. 

INSCRITOS   


RANKING BENXAMIN MULLERES

RANKING BENXAMIN HOMES


HORARIO E REGULAMENTO


IMG_4104


 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL

Pontevedra, 07 de maio de 2016

     Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados,  despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.


IMG_4131


     O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.


IMG_4191


     Os artifices foron:

INFANTIL MULLERES.-

  • Ainoa Santos                    2ª disco ,  1ª peso, martelo e 1ª relevos.
  • Ana Piñeiro                       1ª marcha  e  3ª xavelina
  • Anais Santamaría            8ª 500 m.l. e  12ª altura               
  • Sara Mallo                         2ª 1000 m.l. ,  5ª lonxitude  e 5ª triple salto.
  • Colomba Carballal           5ª 80 m.v. , 4ª altura, 150 m.l. e 1ª relevos.
  • Alba Pardavila                  7ª 80 m.v. , 6ª triple salto  e  7ª lonxitude
  • Sabela López                    3ª pértega  e  8ª lonxitude e 1ª relevos.
  • María Rial                          1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l.,triplo e  1ª relevos.

IMG_4207


INFANTIL HOMES.-

  • Eduardo Parcero             1º marcha, 9º 150 m.l.,xavelina e  4º relevos
  • Pedro Verdeal                 3º 220 m.v.,80 m.v., 8º lonxitude e  3º relevos
  • Aarón Otero                     2º 500 m.l. , 2º martelo,  3º peso e  4º relevos
  • Iván Iglesias                      5º 500 m.l. , 11º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Lope Quinteiro                1º 1000 m.l. ,  1º peso e  3º relevos
  • Gabriel Dacosta               1º lonxitude, 2º triple, 5º altura  e  3º relevos
  • Adrián Pastoriza              2º 80 m.v.,  2º altura, 2º lonxitude  e  4º relevos
  • Jacobo Díaz                      1º altura ,pértega, 6º xavelina e  3º relevos
  • Anxo Camaño                  4º xavelina, 5º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Daniel Iglesias                  3º triplo, 7º altura   e  5º 1000 m.l.
  • Martiño Núñez                8º peso e 10º xavelina

IMG_4176


RESULTADOS


XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.

Cangas, 06 de maio de 2016

     Despois dunha maña de choiva o venres a tarde fixo un pequeno parentesis para encher as pistas de atletismo de Cangas de moita, moita vitalidade. A verdade dos nen@s que se incribiron non fallaron moitos, tiñan gañas de amosar a sua competitividade. As categorías de minibenxamíns foron as máis numerosas. Colexios de toda a comarca do Morrazo participaban nas XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.  

     O programa de probas desenrolouse de maneira fluida, pasou a tarde nun suspiro. Sobre as 20:30 horas procedeuse a entrega de trofeos e medallas. Como as palabras non chegan deixamos unhas imaxes do evento, foi todo un pracer. 


GALERIA DE FOTOS


RESULTADOS


DSCN0936


CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE E JUNIOR.

    Este vindeiro sábado 7 de maio as pistas de A Malata en Ferrol acolleran o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE E JUNIOR. Contaremos coa representación dos equipos femininos de ambas categorías.


Circular 36-2016-page-001

Circular 35-2016-page-001


INSCRIT@S CADETE

INSCRIT@S JUNIOR


     Partirá un autobus da estación de Cangas as 06:45 horas. Xa sabedes toca madrugar e despois unha longa xornada. Todo sexa polo equipo!!!

RESULTADOS EN DIRECTO JUNIOR

RESULTADOS EN DIRECTO CADETE

Circular 36-2016-page-002

Circular 36-2016-page-003


RANKING INFANTIL XOGADE

     O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.


RANKING HOMES

RANKING MULLERES


     IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.

LISTADO DE INSCRITOS


560bd40714-img_9331