Moita sorte mañan @s amarel@s que participaran no CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR da categoría infantil. INSCRITOS. O autobús partirá da estación de Cangas as 08’45 horas.
"Enerxia de Futuro"
Moita sorte mañan @s amarel@s que participaran no CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR da categoría infantil. INSCRITOS. O autobús partirá da estación de Cangas as 08’45 horas.
Trasladamos información da FGA, a través da súa delegación en Vigo.
Os adestradores e atletas que desexen acudir á reunión técnica sobre o tema Problemática das competicións de saltos atléticos nas categorías menores, con Ramón Cid, director técnico da RFEA, deben facer a inscrición comunicando o seu nome a esta delegación no correo: vigofga@gmail.com.
Esta reunión terá lugar no Ximnasio Saúde & Deporte (Rúa Manuel de Castro 7, preto do Estadio de Atletismo de Balaídos) este sábado 9, ás 11:00.
Cangas, 03 de maio de 2015
Unha das primeiras competicións de Pista ao Aire Libre da tempada tivo lugar na nosa localidade. Foron probas para todas as categorias, cada un na súa distancia, e tamén xuntos nos diferentes concursos. A categoría benxamín podía competir nos 50 e 500 m.l. cos seguintes RESULTADOS para @s amarel@s. O seguinte escalón, os alevíns, que disputaron o 60 m.l. máis os 500 m.l. tamén contaron con Sara Mallo na lonxitude. RESULTADOS.
Para a categoría infantil xa entraban en xogo máis probas ademáis dos 80 m.l. en velocidade e 1000 m.l. en fondo. Neste caso foron os concursos de pertega, xavelina, lonxitude etc. No caso dos lanzamentos os concursos foron separados polos pesos correspondentes a cada categoría. Na altura, lonxitude e pértega competiron os nen@s que tiñan a marca mínima, de feito na lonxitude feminina resultou vencedora unha infantil do noso Club Ariadna Gil. RESULTADOS
Os cadetes xa nos deleitaban con distancias olímpicas, coma os 100 m.l., tamén disputaron os 1000 m.l. e os distintos concursos. No relevo 4×100 participaron Saray Amoedo e María Rodríguez, acadando os seguintes RESULTADOS
Os derradeiros resultados son para as categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos. RESULTADOS.
O trofeo a mellor marca segundo táboas IAAF en categoría masculina foi para Miguel Carajaville e na feminina para Solange Pereira.
Achegamos os resultados do XI TROFEO VILA DE CANGAS. Agradecer a familia atlética a masiva acollida da proba e por suposto felicitar os gañadores.
Debe estar conectado para enviar un comentario.