NOA ROUCO ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA.

Este vindeiro fin de semana, 14 e 15 de marzo, vaise disputar en San Sebastian o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA. Na proba de 400 m.l. femininos contaremos coa presenza de Noa Rouco Baqueiro, quen acadou a mínima para o Campionato o pasado 11 de xaneiro de 2015 en Vigo. Parte cunha marca de 59.96 s. Pode ser unha boa ocasión para mellorar esta marca. Esperemos que así sexa e moito animo neste longo desprazamento.

11034286_818917418156505_1694957467614067429_n

RAQUEL VILLA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE PESO.

As esperanzas estaban postas na nosa especialista en lanzamento de peso, e non defraudou.  Raquel Villa disputou este sábado 07 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, acadando o Subcampionato de España cun mellor lanzamento de 12.14. Dende o Club queremos mandarlle unha forte aperta e esperamos disfrute de este e vindeiros logros. Moitos Parabens Raquel.

11038156_817582531623327_9036084664613925563_o

 

RAQUEL VILLA ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR

Nesta fin de semana disputarase en Valencia no Palau Velódrom LLuís Puig o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, entre a representación galega contaremos coa presenza da nosa especialista en lanzamento de peso, Raquel Villa. Esperemos disfrute do Campionato e tamén, de paso, do ambiente festivo das fallas. Moita sorte Raquel.

 Raquel_Villa,_junio_2008

CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS

Cangas 01 de marzo de 2015

 

Todo un privilexio para a localidade de Cangas poder contar cun CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS. Non acompañou o tempo, co cal non puidemos disfrutar de grandes marcas, pero si da épica do atletismo. Na sección masculina non tiñamos representación, sendo Patricia Torres 4ª en lanzamento de disco, cunha mellor marca de 26.62 mts. Laura Meira acadou o subcampionato galego en xavelina con 35.54 mts.

RESULTADOS

11041746_324228331099002_2546093176403315284_n

Foi unha xornada, dividida entre a maña e a tarde, na que deu tempo de rendir unha homenaxe a Solange Pereira, reciente Campiona de España de 1500 m.l. Parte da nosa canteira foi participe deste sentido acto. Sorte que teñen de ter a Solange como espello e referente.

 10995696_324227194432449_4275104010647681847_n

CAMPIONATO DE GALICIA DE PISTA CUBERTA DE VETERANS

A Coruña 1 de marzo de 2015

 

Primeiro de marzo, día chuvioso dos que aburren. Os veterans, son iso,  veterans e tocoulles a pista cuberta, neste caso por caprichos do calendario. O resto das citas Xogade Infantil e Lanzamentos Longos foron unha loita constante contra os elementos.

Deixando de lado a chuvia,  no Campionato contábamos coa presenza de Belén Lemat, que entre duatlons e triatlons fixo un oco na axenda. Participou na final de 50 m.l. e acadou o 6º posto da súa categoría. Nos 400 m.l. sumou unha medalla de bronce, rematando a xornada proclamándose Campiona Galega en 800 m.l.  Envidiamos a vitalidade desta ilustre veterana, noraboa Belén.

1505645_975368675825064_4966601909763403568_n

MAR CHILLON CAMPIONA DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA

A localidade murciana de Jumilla acollía o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Na proba da categoría junior participaba Mar Chillón como compoñente da selección galega, quedando en 2º lugar cun tempo de 52:03 nos 10 kms. Este gran esforzo foi recompensado coa medalla de Ouro para o combinado galego. Gran labor de equipo que colocou a marcha galega nun merecido primeiro posto.

10410776_825092394194913_6181575898833667600_n (1)