CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Coruña, Domingo 6 febreiro 2011

Tras a emocionante xornada de onte na que participaron os xuvenis e os xuniors, a pista cuberta abriu esta vez para os cadetes.

A competición comezou cos concursos de salto de altura, onde participaba Alexia Vidal e con Lanzamento de peso feminino. A esta proba presentaronse 13 atletas e a metade eran de Cangas. Raquel, Antía, Talía, Carla e Johana por parte do noso club e Irene do A. Morrazo.

Temos bos lanzadores nesta categoria, Raquel Vila levou o ouro e marca para ir ao campeonato de España. E Pablo Castro foi un dos protagonistas do día. Foi capaz de bater o record galego que el mesmo conseguiu fai pouco, non unha se non dúas veces. O récord que estaba en 15.45 pasou a 15.62 para acabar en 15.65 m.
Patri Abal participou na carreira de 600 m.l. acabando 4ª e Alexia 6ª en lonxitude.

Pola tarde só dúas das nosas atletas participaron en probas. Sara Villar conseguiu chegar a tempo para competir na súa serie de 50 m. valados, na que obtivo o primeiro posto, que lle garantiu o pase á final. Dita carreira estivo moi competida e finalmente Sara subiu ao pódium a recoller o bronce.
A xornada da tarde rematou cos 3000 m.l. Ana Antepazo, que non se atopaba ben, correu pero retirouse cando faltaban 2 voltas para finalizar.

Resultados:
Cadete hombres
Pablo Castro: Campeón Galego en Lanzamento de Peso e Record Galego

Cadete mujeres
Raquel Villa: Campeona Galega en Lanzamento de Peso
Antía Román 4ª Peso
Talía García 5ª Peso
Carla Bernárdez 9ª Peso
Johana Villar 12ª Peso
Alexia Vidal: 5 º en salto de altura e 6ª en Lonxitude
Patricia Abal 4ª nos 600 m.l.
Sara Villar: Bronce nos 50 m. valados

ZONAL ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA

Esta tempada empezamos o atletismo en pista sen rematar có cross. Así, este fin de semana será o zonal escolar de pista ó aire libre en Vigo e Pontevedra. A nós tócanos ir a Vigo.

As probas están destinadas as categorías alevín e benxamín, Tamén terá lugar o zonal de probas combinadas para os infantiles.

Para todos os que teñades interés podedes descargar aquí o horario:2010.02.12.horario

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – XUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, a 5 de febreiro de 2011.
Este fin de semana é de pista cuberta. O sábado compiten as categorías xuvenil e xunior e o domingo a categoría cadete.
Tanto para un campionato coma para outro fixéronse importantes cribas a hora de admitir a inscrición, e logo resultou que se disputaron probas conxuntas entre xuveniles e xuniors, como o caso dos 3000 e dos 1500 entre outras, onde quedaron rapaces fora que non foron admitidos por falta de marca.
Entre os nosos xuveniles destacaron Simón Acuña no lanzamento de peso, acadando a segunda posición, sendo unicamente vencido polo seu eterno rival: Luis González, do San Narciso. Tamén Tinín destacou na proba dos 400 m.l. Brindounos unha carreira de infarto, manténdose case toda ela en terceira posición e na última volta pegando un acelerón que a piques estivo de proclamalo campión da proba.
Entre os xunior, o nosos único representante, Juanma, subiu o podio como subcampión galego nos 50 m. valados.
Pero sen dúbida, si algún ten merecido un aplauso, esta é Aida. Participou en tres probas e en ningunha delas tivo piedade das súas adversarias. Antes de que rematara a mañá xa era subcampiona dos 50 m.l. Pola tarde non se conformou coa prata e levou o ouro nas probas de 200 e 400 m.l.

Xuvenil homes:
Faustino Maquieira: subcampeón galego nos 400 m.l.
Antón Menduiña: 7º nos 800 m.l.
Tomás Ocaña: 5º nos 3000 m.l.
Simón Acuña: subcampeón galego en lanzamento de peso
Xunior homes:
Juan Manuel Novo: subcampeón galego nos 50 m. valados
Xuvenil mulleres:
Aida Amoedo: Subcamiona galega en 50 m.l., campiona galega en 200 m.l.e campiona galega en 400 m.l.
Ariana Martínez: 5ª nos 1500 m.l.
María Jesús Novo:7ª nos 1.500 m.l., 5ª en lonxitude e 5ª en triplo

CIRCUÍTO GALEGO DE MARCHA

O domingo 23 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada do circuíto galego de marcha Josefina Romero,, que coincidiu no tempo có zonal de cross a celebrar en Domaio; debido a esta coincidencia as categorías inferiores non contaron coa presencia dos nosos atletas, o que tamén se notou nas probas destas catagorías.
O circuíto de marcha constará de dúas probas de pista aire libre e dúas de ruta;coincidindo a final có gran premio de marcha de A Coruña.
En 3km, Mar Chillón foi segunda, mantendo desde o principio un duelo épico coas dúas Carmens, a partir do segundo quilómetro, a proba foi cousa de dúas, decidíndose a proba por un pequeno marxe.
Nos 5km competían xuntas as mulleres xuveniles, xunior, promesa e senior pola rúa 1 e os homes pola rúa 4.
Angel Menduiña chegou en 6ª posición, o mellor foi que por fin consegue mellorar a súa marca na distancia; foi durante o primeiro km que perdeu distancia cós compañeiros de proba, pero que esta vantaxe non aumentou, manténdose durante os restantes 4 km.
Pola rúa 1, Rebeca Obenza e Iria saíron cun ritmo semellante, sendo acompañadas por Mirian. A partir do primeiro km, Rebeca e Mirian desglosáronse un pouco, logo do 3º km Rebeca foise adiante ata alcanzar a atleta que ía diante dela, o que lle permitiu acadar a 5ª posición absoluta, sendo a 2ª na categoría promesa. Iria entrou en 8ª posición, sendo a 2ª xuvenil.
Nesta mesma proba nos enteramos que o campionato galego de marcha en ruta vaise celebrar na cidade de Pontevedra, polas rúas do centro; có cal non teremos que darnos uns madrugóns para chegar a A Coruña ou a Narón.

(José Obenza)

RECORD GALEGO

O noso atleta cadete, Pablo Castro Chapela, superou o pasado sábado 22 de xaneiro a  non so a súa marca, senon tamén a dos demais lanzadores da sua categoría.  O acontecemento sucedeu en Braga ( Portugal), onde Pablo lanzou unha bola de catro quilos ata unha distancia de 15’45 metros. Isto supón que Pablo ostenta agora non so o record de lanzamento de peso en pista ó aire libre, senon temén en pista cuberta. ¡Noraboa, Pablo!

CAMPIONATO ZONAL ESCOLAR DE CROSS

Voltamos un ano mais ata Domaio, onde se celebrou este zonal de Cross. A diferenza do ano pasado, mudamos a lama, terra mollada e charcos, por un percorrido seco.

A cor predominante foi o amarelo, o do sol que nos quentou e o das camisetas dos atletas do noso club. De amarelo encheron-se as carreiras e desde logo os pódiums, xa que os nosos atletas conseguiron 19 dos 24 pódiums que había.
O club acudiu con 14 equipos e clasificaronse todos. Na categoria Alevín tíñamos un equipo de rapazas e tres de rapaces, nas demáis categorías fomos con dous euipos. En todas as categorias nas que participamos, o equipo gañador foi o do noso club

A carreira máis numerosa foi a dos rapaces Alevíns con 27 atletas dos cales 18 eran do noso club
Tal vez o mais chamativo foi a última carreira do dia, a dos rapaces cadetes. Na liña de saída só se apresentaron dous rapaces e ningún era do noso club. Hai falta de nenos nestas categorias, tal vez todos apañaron ese vírus tan contaxioso chamado «futbolitis».
Esta enfermidade tan rara non acostuman a padecer as nenas. Na mesma categoria participaron 17 rapazas, dous equipos completos do Vila, catro rapazas do Atletismo Morrazo e unha do Samertolomeu., Clasificaronse todas, os tres equipos e a atleta do Sam fixo-o por méritos propios ao chegar primeira.

Desde aqui queremos louvar a eses atletas que axudan a facer equipo e participan sabendo que tal vez cheguen últimos, porque esta non é a súa proba, pero están ahí cando se os necesita e fan que o seu equipo sexa mais forte.

BENXAMÍN  FEMENINO

1ª – Sandra Souto

2ª Ariadna Gil Seguir leyendo

CAMPIONATO ZONAL ESCOLAR DE CROSS

Despois do galego federado, cambiamos de competición, aínda que non de modalidade. Este fin de semana empeza o campionato escolar de cross.
Como cada ano, o primeiro de todo é o campionato zonal, que será no mesmo lugar dos últimos anos, en Domaio, o lado do club de xubilados.
A competición será o domingo 23, a partir das 10:30 horas. Non hai un horario establecido para cada unha das carreiras, pero si un orden, que é o seguinte:
1º alevín feminino
2º alevín masculino
3º infantil feminino
4º infantil masculino
5º benxamín feminino
6º benxamín masculino
7º cadete feminino
8º cadete masculino.
As mulleres benxamíns percorreran unha distancia de 500 m; os homes desta mesma categoría, 667 m. Un pouco máis, ata 873 metros será a distancia para as mulleres alevíns. Os homes alevíns e as mulleres infantiles percorreran a mesma distancia, que será de 1246 m. A categoría infantil masculina chegará a meta despois de correr 1953 metros. Para os cadetes sera de 2120 metros para as mulleres e 3740 metros para os homes.
Quedamos na alameda de Cangas ás 9:00 horas para ir todos xuntos cara a Domaio. Os que queirades ir directamente, tende en conta que tendes que chegar con tempo, pois ademais de quentar, temos que confirmar os equipos a primeira hora.
Esta competición, é moi importante pois pode supoñer o pase á campionato provincial e despois ó campionato galego.
Nesta tempada hai novidades en canto a clasificación para os campionatos provinciais e galego, pois serán tres os equipos que pasen a fase superior e oito os atletas individuais. Nas anteriores tempadas pasaban dous equipos e seis atletas individuais.
Moita sorte.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO, CAMPIONATO GALEGO CADETE-XIVENIL, MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Ourense, 16 de xaneiro de 2011

No circuíto de Monterrei, en Ourense, disputouse unha triple xornada de campionatos galegos. Empezou a mañá có Memorial Alejandro Lorenzo, que está considerado como o galego federado das categorías menores. Os comezos non puideron ser mellores. Na primeira das probas, a de benxamín feminino, proclamouse campiona galega Sandra Souto e subcampiona Ariadna Gil, ambas do nos club. Por suposto, o equipo proclamouse campión. Os homes desta mesma categoría foron subcampións, pero tamén o podio individual estivo salpicado de amarelo coa presenza de Simón Pereira.
En canto ás alevíns, xa sabedes que esta tempada temos un número reducido de atletas femininas, pero as que están son fantásticas. Alba Vidal loitou ata o final para conseguir o primeiro posto, aínda non o conseguiu e proclamouse subcampiona. A mesma loita tivo Mª Jesus Corredoira loitando pola terceira praza. Por equipos conseguiron ser subcampionas, pero empatadas a puntos coas campionas. No tocante ós homes desta mesma categoría, estamos ben nutridos, e todos eles fixeron unha boa carreira, destacando entre eles Jorge Piñeiro, que chegou segundo.
Noa Rouco foi a primeira que chegou das infantiles nun meritorio quinto posto, aínda que ela manifestou que non se sentía demasiado satisfeita coa carreira. Foron campionas galegas.
Os homes infantiles foron os que peor quedaron destas categorías inferiores, sendo os únicos que non conseguiron sibir ó podio.
Como vimos anteriormente, as categorías menores fixéronno moi ben, conseguiron cinco dos seis podios posibles. Pero a partir de cadetes as cousas xa non pintaron igual. A pesar de todo, temos que felicitar a Mar Chillón que có seu terceiro posto colouse na selección para o campionato de España. Por equipos quedaron na 7ª posición. Os e as xuveniles quedaron quintos, pero a diferencia é que os homes con esta posición van o de España e as mulleres non.
A última das probas foi o campionato galego de cross corto. Entre as mulleres só tiñamos a Andrea García, que chegou oitava. Os homes acadaron o 12º posto por equipos.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO:

Homes:

47º Brais Misa García

55º Sergio Iglesias Alonso

84º Maikel Portela Portela Seguir leyendo

CARREIRA DO PAVO 2010

Vigo, 19 de decembro de 2010
Este ano os que gañaron o pavo xa levaron medio traballo feito, porque ó cntrario dos outros anos, nesta xa estaban mortos e sen plumas ( có frio que facía).
Como sabedes, o circuito é todo por carretera, nos arredores da alameda de Vigo.
Como xa ven sendo habitual, o Vila de Cangas destacou nas categorías inferiores e pasou un pouco desapercibido nas categoría a partir de cadetes. Xa non se trata de resultados, é simplemente que non compiten.


Os nosos atletas quedaron como segue:
Benxamín mulleres:
1ª Ariadna Gil Fernández
5ª Sandra Souto Otero

Seguir leyendo