CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Lugo, 21 de febreiro de 2009

 

 

 

Aínda que a competición era o sábado 21, nós xa marchamos para Lugo o venres 20 de febreiro. Aloxámonos no hotel Torre de Núñez, de onde saímos cós nosos catro equipos para competir no campionato galego escolar de cross.

O circuíto era moi vistoso, aínda que pesado, pois transcorría por herba mollada.  O bo tempo  axudou a concentración dos numerosos atletas das catro provincias galegas, así como ao desprazamento de moitos pais que se achegaron para animar aos seus fillos o aos compañeiros destes.

Dos catro equipos que presentabamos, tres subiron ao podio como subcampións galegos, mentres que o cuarto non conseguiu superar o 7º posto, pero por diante do colexio Abrente, equipo campión provincial de Pontevedra.

Por outra banda, hai que destacar a actuación do infantil Jesús Parcero que mantívose nunha discreta pero importante 5ª posición durante as primeiras voltas da carreira, recuperando postos na última volta e chegando campión a meta.

 

 

Os resultados foron:

Infantil feminino:

5ª María Jesús Novo Pardavila

9ª Mar Chillón Camaño

12ª Patricia Abal Herbello Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CROSS CORTO

O Club Atletismo Vila de Cangas conseguiu a sexta praza no campionato absoluto de cross por Clubs disputado o pasado domingo 15 de febreiro en Monterrey ( Orense). O Vila de Cangas só presentou equipo masculino. A atleta de este Club, Andrea García Soage, correu có Celta, conseguindo a novena praza na xeral e a segunda entre a categoría promesa.
Na categoría feminina venceu o Comesaña Sporting Club e na categoría masculina el Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Os resultados dos nosos atletas foron:

9º Sergio Iglesias Alonso ( 2º promesa)
28º Orlando Rodríguez Rodríguez ( 13º senior)
34º Brais Misa García (6º promesa)
52º David González Fernández ( 10º promesa)
53º Roberto Riobó Estévez (26º senior)
54º Remigio Fandiño Boubeta (27º senior)
65º Maykel Portela Portela ( 12º promesa)

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CADETE-XUVENIL

No mesmo lugar e día que se celebrou o Memorial Alejandro Lorenzo celebrouse este campionato galego para as categorías cadete e xuvenil. Sen embargo, o tempo meteorolóxico comportouse de diferente maneira: neboeiro para as categorías menores e completamente despexado para os cadetes e xuveniles.

Este encontro permitía que os dous primeiros equipos se clasificaran para o campionato de España. Tamén a nivel individual era importante para os atletas, pois os cinco primeiros en chegar e meta, formarían parte de selección galega para o campionato de España por autonomías. Nós non tivemos sorte en ningún deses casos.
As carreiras foron conxuntas das dúas categorías e a distancias bastante longas: 3400 para as mulleres e 5400 para os homes. A participación foi moi numerosa nesta proba e o nivel moi elevado.
Nós presentamos equipos de cadetes (homes e mulleres). En canto ós xuveniles só presentamos dous atletas.

   

Os resultados foron:
Cadete mulleres:
15ª María Jesús Novo Pardavila ( 22ª na xeral)
31ª Ariana Martínez Lorenzo (49ª na xeral)
33ª Aida Amoedo Portabales (51ª na xeral)
35ª Raisa Piñeiro Herbello ( 53ª na xeral)
36ª Nerea outeiral Vilas ( 54ª na xeral)
52ª Ainara Rodríguez Nogueira ( 75ª na xeral)
62ª Alicia Dacruz Domínguez ( 90ª na xeral)
Claudia Martínez Gutiérrez (retirouse)
5ª por equipos

Cadete homes:
17º Jesús Parcero Ríos (44º na xeral)
35º Sergio Piñeiro Garrido ( 71º na xeral)
37º Antón Menduiña Duran ( 73º na xeral)
54º Rubén Lorenzo Germade (97º na xeral)
57º Faustino Maquiera Outeda ( 102º na xeral)
6º por equipos

xuvenil homes:
13º Angel Menduiña Gutiérrez ( 16º na xeral)
45º Carlos Núñez Gil ( 100º na xeral)

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Qué maneira de portarse os nosos atletas máis pequenos! Todos os maiores teríamos que tomar exemplo deles.

A pesar de que deixamos Cangas cun ceo completamente despexado, chegamos a Ourense e atopámonos cunha mañá cerrada de neboeiro e moi fría. Nestas condicións foron nas que correron os benxamíns, alevín e infantís. A verdade é que cós nosos pequenos calquera se sentía orgulloso de ser do Vila de Cangas. Aquelo era chegar a meta e dicir: “…do Vila de Cangas, … do Vila de Cangas”. Tanto é así que nos proclamamos campións galegos nas categorías benxamín homes, benxamín mulleres e alevín mulleres. Coas infantiles conseguimos ser subcampionas galegas. Menos sorte tiveron os alevíns homes que non pasaron da 7ª posición. En canto ós infantiles homes, non presentamos equipo.

Os resultados foron:
Benxamín Mulleres: Campionas galegas por equipos.
1º María Jesús Corredoira Herbello (medalla de oro)
2ª Saray Amoedo Portabales (medalla de plata) Seguir leyendo

PODIO EN TODAS AS CATEGORÍAS

O Club Atletismo Vila de Cangas participou  o 7 de febreiro no campionato provincial escolar de cross disputado en Chadebrito (Nigrán) con once equipos, conseguindo subir ao podio en todas as categorías. Catro equipos proclamáronse campións provinciais: o benxamín masculino, o benxamín feminino, o alevín feminino e o infantil masculino; dous foron subcampións provinciais: o infantil feminino e o alevín feminino. Os que tiveron que conformarse coa medalla de bronce foron os cadetes, tanto homes como mulleres.

Para os benxamín a súa competición no cross  escolar remata aquí, pero para as demais categorías, este campionato provincial é un pase para o campionato galego, pois os dous primeiros equipos clasifícanse para o campionato galego que se celebrará o 21 de febreiro. Desta forma o noso Club participará no campionato galego escolar con catro equipos: alevín mulleres, alevín homes, infantil mulleres e infantil homes.

Os nosos cadetes non participarán por equipos no referido campionato galego, pois quedaron terceiros no provincial. Sen embargo, hai dous atletas que participarán de forma individual, pois conseguiron entrar na  meta entre os seis primeiros. Trátase de Angen Menduiña e Claudia Martínez.

En canto ao medalleiro individual, resultou como segue:

María Jesús Corredoira Herbello: campiona provincial benxamín.

Saray Amoedo Portabales: medalla de bronce benxamín

David Lorenzo Germade: medalla de bronce benxamín

Jesús Parcero Ríos: campión provincial infantil

Angel Menduiña Gutiérrez: medalla de bronce cadete

RESULTADOS:provincial_traves_escolar

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS

Mañán, sábado 7 de febreiro, en Chandebrio (Nigrán) terá lugar o campionato escolar de campo a través, para o que os da zona do Morrazo nos clasificamos en Domaio no campionato zonal que se disputou o pasado 18 de xaneiro.

O noso Club, Atletismo Vila de Cangas consiguiu clasificar once equipos do todas as categorías, converténdose así, probablemente, no Club pontevedrés que máis atletas aporta ao campionato provincial.

Todos os convocados deberán estar mañán, ás 8:30 h. na estación de autobuses de Cangas. É moi importante que leven roupa e calzado para cambierse, en vistas de como está o tempo.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS CADETE E XUVENIL DE MARCHA EN RUTA

A Federación Galega de Atletismo, a proposta do seu responsable da marcha, D. Javier Vázquez, acordou convocar a tres atletas do Club Atletismo Vila de Cangas como integrantes da selección galega que acudirá ao campionto de Federacións autonómicas xunior, xuvenil e cadete.
Os convocados son a cadete Iria Piedras Gómez, o xuvenil Angel Menduiña Gutiérrez e a xunior Rebeca Obenza Otero.
A proba terá lugar en San Pedro de Pinatar (Murcia) o vindeiro 1 de marzo.

II CROSS DE GALICIA- CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS

O Club Atletismo Vila de Cangas participou o pasado domingo 1 de febreiro no II Cross de Galicia – Campionato Galego de Veteráns, disputada no Monte do Gozo de Santiago. Nesta xornada foron as mulleres as que conseguiron os metais. Ana Cristina Gil Estévez proclamouse campiona na categoría xunior feminina. Andrea García Soage e Araceli Portela Fernández foron subcampionas nas categorías promesa e veteráns M40, respectivamente.
Outros resultados foron:
Roberto Riobó Estévez: 37º na clasificación xeral e 20º entre os senior.
Sergio Iglesias Alonso:41º na xeral e 5º entre os promesas.
Brais Misa García: 46º na xeral e 6º entre os promesas.
Francisco Rodal Abal: 72º na xeral e 34º en senior.
Maykel Portela Portela: 82º na xeral e 10º promesa.

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Aínda que ameazaba moi mal tempo, e mesmo se suspenderon as probas que estaban previstas para esta fin de semana en Pontevedra e Lugo, non ocorreu o mesmo con esta proba, na que se citaron cerca dun centenar de atletas de todas as categorías no circuito dos Cantóns de A Coruña.
A xornada empezou ben para o Vila de Cangas, pois xa na primeira das probas, os 3 km alevín e infantil, non só seerviu para proclamar a Mar Chillón Camaño como campiona galega, senon que ademais serviu para que ela mesma establecera un novo record galego na categoría infantil feminina.
A cousa prometía e na seguinte carreira, nos 5 km das cadetes, Iria Piedras Gómez estivo a piques de subirse o podiio, aínda que tivo que conformarse cun cuarto posto.
Este era un gran día e seguiuse demostrando na carreira dos 10 km, donde Angel Menduiña Gutiérrez non quiso voltar para Cangas sen a súa medalla de ouro e Rebeca Obenza Otero acadou a medalla de bronce. Os postos destes dous atletas sérvenlles ademáis para ir o campionato de España.
Non pensedes que aquí rematan as nosas medallas, pois o noso atleta máis novo participando, Andrés Obenza Otero colgouse o pescozo unha medalla de prata por ser subcampión galego.
Os demais atletas nosos quedaron como segue:
Abrán Santos Piñeiro: 4º en alevín homes
Noa García Prieto: 6º en alevín
Lucía Piedras Gómez: 9ª alevín
Esmeralda Corredoira Herbello: 8ª infantil
Talía Garcia Prieto: 9ª infantil