PODIO EN TODAS AS CATEGORÍAS

O Club Atletismo Vila de Cangas participou  o 7 de febreiro no campionato provincial escolar de cross disputado en Chadebrito (Nigrán) con once equipos, conseguindo subir ao podio en todas as categorías. Catro equipos proclamáronse campións provinciais: o benxamín masculino, o benxamín feminino, o alevín feminino e o infantil masculino; dous foron subcampións provinciais: o infantil feminino e o alevín feminino. Os que tiveron que conformarse coa medalla de bronce foron os cadetes, tanto homes como mulleres.

Para os benxamín a súa competición no cross  escolar remata aquí, pero para as demais categorías, este campionato provincial é un pase para o campionato galego, pois os dous primeiros equipos clasifícanse para o campionato galego que se celebrará o 21 de febreiro. Desta forma o noso Club participará no campionato galego escolar con catro equipos: alevín mulleres, alevín homes, infantil mulleres e infantil homes.

Os nosos cadetes non participarán por equipos no referido campionato galego, pois quedaron terceiros no provincial. Sen embargo, hai dous atletas que participarán de forma individual, pois conseguiron entrar na  meta entre os seis primeiros. Trátase de Angen Menduiña e Claudia Martínez.

En canto ao medalleiro individual, resultou como segue:

María Jesús Corredoira Herbello: campiona provincial benxamín.

Saray Amoedo Portabales: medalla de bronce benxamín

David Lorenzo Germade: medalla de bronce benxamín

Jesús Parcero Ríos: campión provincial infantil

Angel Menduiña Gutiérrez: medalla de bronce cadete

RESULTADOS:provincial_traves_escolar

 

Deja una respuesta