CAMPIONATO GALEGO JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO

Un día excelente para a celebración do campionato galego de campo a través o pasado domingo 22 de febreiro. Tan só habia unha lixeira brisa marina, que non perxudicou ao desenvolvemento da proba.
As atletas xunior foron as primeiras en participar. Cristina fixo unha excelente carreira o que a levou ao cuarto posto, dándolle unha praza fixa na selección galega. Noite rematou 6ª e Rebeca 8ª quedando un excelente final de carreira a cargo de Mónica (11ª), a nosa cuarta atleta en entrar en meta, que nun extraordinario final impuxose a terceira clasificada do Ourense Academia Postal. Proclamaronse campionas galegas da categoría.
A carreira da categoría promesa masculina foi a máis numerosa en participación ao coincidir coa carreira senior. Os nosos atletas cumpliron cumplidamente coas expectativas a nivel a nivel individual. Destacaron Sergio Iglesias, que quedou primeiro e Manuel Caeiro, que quedou terceiro. O noso equipo, que se proclamou campeón, completouse con Maikel Portela e Brais Misa.

  
En canto aos senior, Roberto Riobo foi 39º, Orlando Rodriguez 42º e Remigio Fandiño 53º na clasificación xeral conxunta.
Andrea Soage Garcia conseguiu a 4º plaza entre as promesas e a aatleta veterana Araceli Portela 15ª.

Deja una respuesta