CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA

Nun pricipio este campionato íase celebrar o sábado 19 de marzo, pero como era o día do pai, decidiron desprozalo para o domingo 20 de marzo.
Máis abaixo podedes atopar a circular na que se conteñen as bases do campionato e o horario.
Sairemos o domingo de Cangas, as 7.45 horas en autobús. Os atletas viaxarán por conta do Club, pero todos aqueles pais que queiran facer uso do autobús terán que pagar unha cota de sete euros e reservar a praza con anterioridade. Como o campionato é de xornada de mañá e tarde, comeremos en A Coruña. Os atletas axudarán a pagar o seu xantar cunha aportación de cinco euro, o resto será aportado polo Club.
Todos aqueles pais que queiran comer connosco, terán que avisalo para facer a reserva correspondente. Por suposto, os pais/nais e acompañantes terán que pagar a sua propia comida.

Circular 16-2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Ourense, Sábado 12 marzo 2011

O complexo deportivo de Monterrei, Ourense, volveu a ser a sede dun Campionato galego de campo a través, neste caso foi o galego escolar. O noso club participou con tres equipos e dúas atletas de forma individual.

Chegamos cedo, a pesar de ter que recoller a dous clubs de Vigo, Comesaña e Beade, e ter que sair da autopista por haber obras no túnel do Folgoso. O peche do túnel, so no tramo para ir a Ourense, fixo que tiveramos que facer 11 km máis e entrar na Cañiza

O Campionato comenzou coa categoría dos maiores, os cadetes, na que non tiñamos parcitipantes. Logo foron as rapazas infantiles, que conseguiron rematar como subcampionas galegas. O mellor posto foi para Noa Rouco que acabou 6ª.Os rapaces infantiles non acadaron a mesma sorte e finalizaron 6º. Eloy Guimeráns, o primeiro do club en cruzar a meta, foi no posto 26

Despois dos infantiles, foi o momento dos alevíns. Alba Vidal fixo unha carreira emocionante e rematou subindo o pódium como subcampiona. A Mª Jesús Corredoira, un tropezón relegouna a 5ª posición.

Os rapaces alevíns fixeron unha boa carreira e subiron ata o máis alto do pódium. Momento que elixiron os outros atletas do club, para volver a cantarlle a Adrián Outeiral o “cumpleanos feliz”. Non me negaredes que é unha boa maneira de cumplir anos. Jorge Piñeiro rematou 7º, sendo o primeiro do seu equipo

Tras a entrega de trofeos, dirixímonos cara Ourense a comer, para logo voltar a casa, despois de pasar por Vigo a deixar os demáis clubs

Resultados:

INFANTIL FEMENINO – SUBCAMPIONAS GALEGAS
6ª NOA ROUCO
20 ª MELANI CONDE
23 ª NOELIA GRAÑA
24ª LUCIA PIEDRAS
44ª NOA GARCIA
52 ª PAULA MARTINEZ

INFANTIL MASCULINO – 6º POR EQUIPOS
26 ELOY GUIMERANS
36 OSCAR BROULLON
37 RAUL DACOSTA
38 JAIME OCAÑA
51 MARTIN SOUTO
72 MARTIN PEREZ

ALEVIN FEMENINO
2ª ALBA VIDAL
5ª Mª JESUS CORREDOIRA

ALEVIN MASCULINO – CAMPIONS GALEGOS
7 JORGE PIÑEIRO
14 ADRIAN OUTEIRAL
15 DAVID LORENZO
21 ABEL PASTORIZA
22 DANIEL ARMADA
88 DANIEL CALVAR

Galego Escolar Campo Traves RESULTADOS

RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO DE CANGAS

Mércores 9 de Marzo 2011

Raquel Villa, Campiona de España en lanzamento de peso en Pista cuberta, Pablo Castro, subcampeón de España en lanzamento de peso en pista cuberta e récord Galego, e Mar Chillón, subcampiona de España de marcha e récord galego, foron recibidos pola alcaldesa de Cangas, Clara Millán, e pola concelleira de deportes e presidenta da Fundación deportiva municipal do concello, Antonia Queimaño.

A esta recepción estaban convidados os seus entrenadores, os familiares e a xunta directiva do club, que non quixeron deixar de apoiar a estes atletas. Tamén foron algúns amigos que viron con orgullo como a alcadesa e a concelleira de deportes, agasallaban os atletas cunha placa conmemorativa e o pin do concello de Cangas

A Alcaldesa dedicoulles unhas palabras nas que lles recoñecía o éxito acadado, e recordoulles que eles, cos seus éxitos, levan o nome de Cangas a todos os lugares que recorren. Tamén recoñeceu a labor dos pais e da familia por apoiar diariamente os atletas.

Dende aquí, a Xunta do club quere felicitalos unha vez máis e animalos a superar novos retos. Felicidades Raquel, Pablo e Mar!!!!

IX Carreira Pedestre Concello de Padrón

Padrón a 5 de marzo de 2011

Sobre as duas da tarde marchamos para participar na novena carreira pedestre do Concello de Padrón. Era sábado de entroido polo cal a representación do Vila de Cangas foi bastante reducida. O trazado do circuito se desenvolvia polo paseo do espolon coa estatua de D. Camilo Jose Cela como testemuña do discurrir das competicións. Primeiro foron os Pitufos que percorreron 100 metros, motios deles ataviados con disfraces de superherois. Logo chegou o primeiro podium para o Vila coa primera posición de Sara Mallo en prebenxamins. A salida das diferentes categorias se realizou conxunta, e decir homes e mulleres, si ben nos benxamins, fixo que o alto numero de nenos na procura dunha boa posición, produxera caidas e atropelos polo esbaradizo do firme. Nesta categoria Ariadna Gil foi segunda e Antón Iglesias terceiro. Nos alevins foron Mª Jesus Corredoira e Alba Vidal primeira e segunda en mulleres, acadando David Lorenzo a cuarta posición en homes. Na categoria infantil-cadetes participou Esmeralda Corredoira quen conseguiu un meritorio cuarto posto como cadete. Na última carreira, despois de 10 kilometros, Maykel Portela Portela quedou segundo da categoria Promesa. Os resultados da proba foron http://www.atletismogalego.com/Resultados201011/Santiago/S050311.pdf

Fotos Padrón 2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Chega o campionato galego de campo a través escolar. Será o vindeiro sábado 12 de marzo no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
Neste campionato teñen dereito a participar os tres primeiros equipos de cada campionato provincial das categorías alevín , infantil e cadete. Nun primeiro momento díxose que tamén participarían os benxamíns, pero logo decidiron que non. O Vila de cangas participará con tres equipos: alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A nivel individual participan os oito primeiros atletas. Nesta condición irán as alevíns María Jesús Corredoira e Alba Vidal, as que terán que recorrer unha distancia de 1.500 metros. Ós homes desta mesma categoría espéranlle 2000 metros, igual que as infantiles. Os homes desta mesma categoría atoparán a meta despois de 2.500 metros.
As probas empezarán ás 11:30 horas, pero os dorsais xa hai que recollelos case unha hora antes.
O Deporte Escolar facilitará o transporte cun autobús que sairá de Cangas ás 8:00 h. da mañá. A viaxe non será directa, senón que irá recollendo a outros atletas doutros clubs.
circuito_galego_escolar

RECEPCIÓN OFICIAL

Este mércores, 9 de marzo, terá lugar unha recepción oficial ós atletas do Vila de Cangas da categoría cadete que acadaron medallas nacionais en datas recentes. Trátase de Raquel Villa Carracelas, Pablo Castro Chapela e Mar Chillón Camaño. Será no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a partir das 13:00 horas. Están invitados ó acto os pais, familiares e adestradores dos atletas.

MAR CHILLÓN, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN MARCHA

Benicassin ( Castellón) , 6 de marzo de 2011.

A selección galega de marcha desprazouse esta fin de semana ata Benicassin (Castellón). Entre os seleccionados viaxaban tres atletas do Vila de Cangas: Mar Chillón, Iria Piedras e Ángel Menduiña.

A actuación dos galegos foi, en xeral , bastante boa. O equipo xunior- xuvenil conseguiu o segundo posto na clasificación. Angel Menuiña entrou na meta no posto 14 da sua categoría, a moi escasos segundos de conseguir a marca para o campionato de España individual.

Nesa mesma categoría, as mulleres conseguiron o 5º posto. Aquí participaba a nosa atleta Iria Piedras, quen pasou estes últimos días apartada dos adestramentos por culma dunha lesión. Entrou na meta no posto 21 da sua categoría.

E, por último, quédanos resaltar a actuación de Mar Chillón.  Ela mesma veu invadida pola emoción ó comprobar que se facía coa segunda praza, pasando a ser a actual subcampiona de España de marcha en ruta. Pero iso non é todo o que hai que dicir con respeto a Mar. Parou o crono en 25 minutos e 38 segundos , o que significa que rebaixou en 15 segundos o rexistro que Lorena Luaces tiña nesta mesma categoría dende o ano 1999. Noraboa!

ZONAL INFANTIL INCIVIDUAL E ALEVÍN COMBINADAS

Pontevedra, 26 de febreiro de 2011

Este ano dividiron os zonais en dúas sedes; unha en Vigo e outra en Pontevedra.
O Vila de Cangas, nesta ocasión, a pesares de depender da Delegación de Vigo, foi competir a Pontevedra. O motivo foi que na sede de Vigo había moitos atletas competindo e por decisión do Deporte Escolar, a nós mandáronnos para á capital.
A mañá estivo estupenda, nin moito frío nin demasiado calor,
Ó iniciar a competición, algúns atletas tiveron que facer dúas probas ó mesmo tempo. Este foi o caso de Óscar Broullón, que tivo que correr polo estadio de atletismo dunha punta a outra, pois coincidiulle o lanzamento de peso có lanzamento de martelo. Estresouse un pouco de principio, pero logo demostrou a súa valía clasificándose en 1ª posición nas dúas probas, e máis tarde tamén repetiu posto có lanzamento de disco.
Moitos dos nosos atletas conseguiron primeiros postos con moi boas marcas.
En combinadas alevín había moitos atletas, tanto en masculino como en feminino. Habilitaron tres fosos de lonxitude e tres de lanzamento de peso, o que axudou a que se cumprira o horario e volvéramos á casa á hora prevista.

                                                                                        (Carmen Parada)

Infantil homes:

Óscar Broullón: 1º en disco, 1º en martelo, 1º en peso

Raúl Dacosta : 1º en 80 m.l., 1º en lonxitude, 1º en triplo Seguir leyendo

PLATA PARA PABLO CASTRO E OURO PARA RAQUEL VILLA

Oviedo, 26 e 27 de febreiro de 2011.
Pablo Castro Chapela non conseguiu lanzar a súa marca na tarde do sábado. Empezou cun lanzamento de 13.85. O segundo lanzamento foi mellorando, superando en case un metro ó primeiro, 14.83. A continuación viñeron tres nulos e o seu mellor lanzamento agardou a última oportunidade, lanzando 14.86 e valendolle a prata.

Raquel Villa Caracelas competiu hoxe domingo e as felicitacións para ela deben ser dobres, pois superou a súa mellor marca, situada en 11’99 da pista ó aire libre e  proclamouse campiona de España cunha marca de 12.17 m.

Sopoñemos que os méritos destes dous atletas valgan para ser tidos en conta na Gala do Deporte deste concello na presente tempada.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Dous dos nosos atletas, Pablo Castro e Raquel Villa, irán este fin de semana a Oviedo a fin de participar no campionato de España cadete de pista cuberta.
Raquel xa sabe o que é subirse o podio a nivel nacional, pois na tempada anterior conseguiu o bronce neste mesmo campionato e repetiu logo na pista ó aire libre. Pablo está a pasar por un dos seus mellores momentos. Nesta tempada superou o record galego tres veces. Ambolos dous presentaranse en Oviedo con marcas que poderían ser merecedoras de podio. Todos confiamos en que así sexa.