XXIV XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 04 de maio de 2018

 

     O venres tivemos unha nova edición das XORNADAS DE ATLETISMO BASE cunha tarde de sol primaveral. Nenas e nenos dos colexios da contorna puideron ter contacto coa pista e deleitarnos coa sua vitalidade, «menud@s atletas». As probas consistían nos concursos de lanzamento de peso/ pelota e lonxitude, ademáis  dunha carreira de velocidade 50 /60 m.l. e outra de mediofondo 300/ 500 m.l.. A suma das tres mellores clasificacións nestas probas definiu a clasificación. As premiacions foron o colofón a unha competición onde se tratou de poñer en valor ao atletismo coma disciplina e modo de vida, e se non se acadou insistiremos.



     A categoría MINIBENXAMIN masculina foi a máis numerosa, resultando CAMPION da mesma Martín Otero (CEIP Tirán), seguido por Gabriel Fazanes (CEIP A Pedra), 3º foi Manuel Carballo ( CPR Sagrada Familia), 4º Samuel Corrales (CEIP Tirán) e 5º Xián Rodríguez (CEIP Quintela). Pola parte feminina venceu Ofelia Barreiro (CEIP A Pedra), 2ª Nahia Pintos (CEIP Montemogos), 3ª Sabela Miranda (CEIP A Rua), 4ª Carla Salgado (CEIP Nazaret) e 5ª Leire Fuentes (CEIP O Hio)



     Hugo Collazo (CPR Cia. Maria) proclamouse vencedor da categoría BENXAMIN, seguido por Mario Torres (CEIP O Hio), 3º foi Iker Rial (CEIP O Hio), 4º Miguel Fernández (CEIP A Rua) e 5º Breo Fernández (CEIP O Hio). As mulleres estiveron encabezadas por Ana Cordeiro ( (CEIP A Rua), 2ª Leire Brun (CPR Cia. Maria), 3ª Aldara Sotelo (CEIP O HIo), 4ª Alba Del Valle (CEIP Nazaret) e 5ª Leire Fernández (CPR Eduardo Pondal)



     A categoría ALEVÍN foi a encargada de elevar a medía de idade. Hugo Domínguez (CEIP Montemogos) venceu, seguido por Oscar Otero (CEIP Tirán), Eloy Acuña (CPR S. Narciso) rematou 3º, Brais Pintos (CEIP Montemogos) foi 4º e Lucas Lorenzo (CEIP Castrillon) foi 5º. Lucia Gil (CEIP Nazaret) proclamouse CAMPIOA feminina, sendo a SUBCAMPIOA Claudia Carcer (CPR S. Narciso), o 3º posto para Gema Dacosta (CEIP S. Roque), 4ª Iris Malvido (CEIP O Hio) e 5ª Noa Nerga (CEIP O Hio).



     Non nos queda máis que agradecer a vosa participación e a colaboración das entidades públicas e privadas, foi todo un pracer, ata o ano que ven.

PLAN DE VIAXE A OLEIROS

     O vindeiro sábado 5 de maio a localidade de Oleiros vai acoller o CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 16 e SUB 20. A pista de atletismo da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física será a sede deste importante Campionato, ao longo de toda a xornada do sábado. Da estación de Cangas sairá un autobús as 07:00 horas, con volta ao remate da competición.  Tendo en conta que vai ocupar todo o día, aconsellase levar algo de comida para picar. O xantar vai proporcionalo o CLUB, no Restaurante da Facultade.


RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 20


     Nesa mesma data, vai ter lugar en Balaidos a última xornada participativa do XOGADE en pista para SUB 10 e SUB 12. O autobús sairá as 08:30 horas da estación de Cangas.


RESULTADOS EN DIRECTO


 


NOVAS XORNADAS XOGADE

     Chegamos ao ecuador das xornadas do XOGADE en pista ao aire libre. O sábado 28 o CGTD de Pontevedra acollera a 3ª xornada para as categorías SUB 10 e SUB 12. Achegamos as probas nas que se inscribiron @s atletas máis o HORARIO das mesmas.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Para o domingo 29 esta prevista a xornada da categoría SUB 14. Será en Vigo, nas pistas de Balaidos. Da Estación de Cangas sairá o autobus as 08:30 horas. 


RESULTADOS EN DIRECTO



XXII CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP CASTRILLÓN

     A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” en colaboración có Clube de Atletismo Vila de Cangas e Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross escolar e popular CEIP Castrillón, no último domingo de Abril. A cita será no mesmo colexio a partir das 10.30 horas deste domingo 29 de abril.

  • CATEGORIAS

  • PITUFOS……………………..……2012/2013/2014
  • PREBENXAMÍNS…………………2010-2011
  • BENXAMÍNS……………………..2008-2009
  • ALEVÍNS………………………….2006-2007
  • INFANTÍS…………………………2004-2005
  • CADETES…………………………2002-2003
  • POPULAR…………………………2001 e anteriores

O remate da entrega de premios haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes.

O prazo límite de entrega de inscricións será o 26 de Abril.

Cada centro participante deberá traer cuberto os seus dorsais có número asignado, o nome do alumn@, data de nacemento e categoría na que participa.

Está permitida a inscripción o mesmo día do cross.

A orde será prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular. Esta orde pode alterarse en función das condicións metereolóxícas.


MAPA CIRCUITOS



CAMPIONATO GALEGO DE MARATON

A Coruña, 15 de abril de 2018

     Este pasado domingo, 15 de abril, tivo lugar en A Coruña a VII MARATON ATLANTICA sendo o CAMPIONATO GALEGO desta mítica distancia. Na gran festa do fondo galego non faltou Mª Belen Lemat, que rematou en 4:08.40 o percorrido e proclamouse CAMPIOA GALEGA na categoria MASTER 50. Outra merecida premiación que suma ao seu envexable curriculum.



REUNION ATLETAS MARTES 17

     O vindeiro martes 17 de abril as 19:00 horas estan convocados @s atletas das categorias SUB-16, SUB 18 e SUB 20, sección masculina e feminina. A xuntanza será no Estadio de atletismo e tratáranse diversos temas, entre eles a posibilidade de formar equipos para os Campionatos Galegos das categorías implicadas.



ACTIVIDADE ATLETICA DA FIN DE SEMANA

     Esta vindeira fin de semana o programa XOGADE volta a Pontevedra. Concretamente o CGTD acollerá ao longo  do sábado 14 de abril duas xornadas . Pola maña será a xornada SUB 10 e SUB 12, deixando para a tarde a categoria SUB 14. Lembrar que nas xornadas de Pontevedra non temos dereito a autobús. 


RESULTADOS EN DIRECTO



RESULTADOS EN DIRECTO



     Nas pistas de Balaidos vaise disputar a III XORNADA DO CIRCUITO DO CONCELLO DE VIGO, achegamos o HORARIO e INSCRITOS para a xornada do domingo 15.


HORARIO SERIES VIGO

RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO.

Santiago, 08 de abril de 2018

     Disputouse este pasado domingo 08 de abril, en Santiago, o CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO EN RUTA. Os grandes especialistas do medio fondo galego acudían ao circuito compostelan para voar na milla urbana, que se complementou co percorrido de 1km nas categorías de SUB- 10, 12, 14 e 16. Nesta distancia foi onde contamos coa presenza de varios atletas. Hugo Collazo rematou 2º na carreira dos SUB 10, cun tempo de 3:50 nos 1000 m. Na carreira feminina Sabela Castelo proclamouse CAMPIOA GALEGA na distancia cun tempo de 3:41. Hugo Domínguez rematou 10º na proba da categoría SUB 12, empregou 3:46 en facer o percorrido. Finalmente na categoría SUB 16, Lope Quinteiro foi 2º, nun apretado final que se solventou polas decimas de segundo.



      Na mesma data, en Pontevedra, tivo lugar o II TROFEO DE MARCHA ATLETICA EN PISTA. Candela Castro acadou o 1º posto na proba de 1000 m. SUB-10. Na seguinte categoría SUB-12 aumentaba o percorrido ata os 2000 m., rematando Lara Iglesias 1ª, Iris Malvido 2ª e Nerea Malvido 4ª. Carlos Corredoira foi 6º na proba masculina. Rocio Novas acadou o 7º posto na categoría SUB-14. Ana Piñeiro liderou a proba dos 3000 m., e coa marca acadada supon MARCA MINIMA para o Campionato de España ao Aire Libre.