CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 5 de xuño de 2010


Celebrouse o pasado sábado nas pistas desta localidade o campionato galego xuvenil. Foi esta unha xornada na que se concentraron varios campionatos, pois ademais do xuvenil, disputábase en Ourense o dos veteranos e en Pontevedra o dos alevíns e infantiles, así como en Lloret de Mar o campionato de España por autonomías.
No xuvenil tocounos a traballar, xa sabedes, por iso de que os clubs da zona teñen que colaborar coa organización.
A xornada empezou coa marcha, onde Angel Menduiña acadou a medalla de bronce. Este atleta tamén participou en altura, quedando 5º. A segunda medalla, pero esta vez de prata, levouna Ariana Martínez nos 2000 m. obstáculos.
Jessica Fariña non tivo o seu mellor día lanzando peso, pois fixo dous nulos servíndolle o terceiro tiro para quedar na 13ª posición. En martelo tamén empezou facendo nulo, pero conseguiu endereitar o rumbo e acabou 7ª.
Borja Pérez tiivo problemas na súa saida dos 100 m.l., nos 400 m.l. conseguiu o 9º mellor posto e nos 200 m.l., onde a participación foi moi numerosa, quedou 17º.
Simón Acuña quedouse as portas do podio tanto en disco como en peso ó rematar en cuarta posición.
Ainara Rodríguez fixo unha boa carreira nos 800 m.l. e remaatou 5ª.
Nerea Outeiral participou nos 200 m.l., pero non logrou meterse na final. Conseguiu o 7º mellor tempo.
Por último, quédanos Claudia Martínez que colgouse a medalla de ouro nos 400 m.l.

Deja una respuesta