Pechabase o circulo do programa XOGADE de campo a través. A localidade lucense de Vilaba acolleu, de maneira notable, o CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS. A proposta foi un cirtuito rompe pernas, no que foron correndo as categorías de maior a menor. Sara Mallo participou individualmente na proba INFANTIL, rematando o percorrido de 1800 mts en 9:01. Acadou o posto 24º.
O equipo ALEVIN masculino afrontaba un percorrido de 1800 mts. O remate da carreira sumaron 80 ptos. Raúl Rial entrou no posto 15º, Carlos López28º, Yago Juncal 38º, Sergio Valladares 44º, Manuel Lemos 47º e Carlos Corredoira 49º. Coma equipo acadaron o posto 6º.
O outro equipo clasificado era o ALEVIN feminino. As Campioas Provinciais acadaron o 3º posto, a só dous puntos da prata. A suma dos 51 ptoscontribuiron Agata Rodríguez8ª, LuciaGil 22ª, Carmen Fraga 30ª, Uxia Sánchez36ª, Cristina Taboada39ª e Sara Nerga 46ª.
Rematamos o cross por esta tempada, para o ano máis e mellor…