ZONAL ESCOLAR DE CROSS

O pasado domingo, 18 de xaneiro, disputouse en Domaio o campionato zonal escolar de campo a través. Como sabedes, esta proba é clasificatoria para o campionato provincial que se celebrará o 7 de febreiro, ao parecer, en Castrelos, aínda que isto non está confirmado.

Pese a que levabamos uns días con bo tempo, o domingo apareceu chovendo, polo que o circuito, aínda  que llano, estaba cheo de pozas de auga.

Sen lugar a dúbidas, fomos o  clusb que máis atletas aportou á proba, con bastante diferencia. Con todo iso non é de extrañar que clasificaran equipos en todas as categorías, mesmo en algunhas categorías como benxamín homes, alevín e infantil mulleres conseguimos clasificar a dous equipos.

É xusto valorar aquí a intervención do infantil Sergio Piñeiro, quen se presentou na liña de saída e rematou a súa carreira a pesares de estar coxo. Tamén hai que felicitar a Abel Núñez, cuia intervención foi clave para que se clasificara o equipo de cadetes.
Os resultados foron os que seguen:
Benxamín homes: o equipo A foron primeiros e o equipo B segundos. crossbenm91

Benxamín mulleres: primeiras por equipos. crossbenf91

Alevín mulleres: o equipo A primeiros e o equipo B segundas. crossalvf9

Alevín homes: primeiros por equipos. crossalvm91

Infantil mulleres: o equipo A primeiras e o B segundas. crossinff9
infantil homes: primeiros por equipos. crossinfm9

Cadete mulleres: primeiras por equipos. crosscadf9

Cadete homes: segundos por equipos. crosscadm9

Deja una respuesta