CAMPIONATO GALEGO CADETE-XUVENIL DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 24 de Xaneiro de 2010

Como non podía ser doutra maneira, o campionato celebrouse na Coruña. A competicións tivo lugar en xornadas de mañá e tarde. Para poder competir había que ter unhas marcas mínimas, sendo moitos os atletas rexeitados por non acadalas. Pola mañá, os atrasos chegaron a superar os 40 minutos.
Este día foi especialmente proveitoso para os nosos lanzadores de peso cadetes, pois tanto Pablo Castro como Raquel Villa conseguiron marca para o campionato de España, que xa será agora en febreiro.

Para os nosos atletas, esta foi a primeira competición na que se puxo en practica a nova normativa para as saídas das carreiras. Si ben antes, á primeira saída nula non se expulsaba a ninguén, agora si.
Ademais do encontro para cadetes e xuveniles, tamén se celebrou o campionato galego de 1.500 e 300 m.l. para a categoría promesa e xunior, que quedara pendente do domingo anterior.
Resultados:
Cadetes Homes:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de bronce en 300 m.l.
Rubén Lorenzo Germade: medalla de prata en 600 m.l.
Antón Menduiña Duran: 5º en 1.000 m.l.
Sergio Piñeiro Garrido: 9º en 3.000 m.l.
Pablo Castro Chapela: medalla de ouro en peso
Mauro Rodal Lorenzo: 6º en peso
Promesa homes:
David González Fernández: medalla de ouro nos 1.500 m.l.
Maikel Portela Portela: medalla de prata en 3.000 m.l.
Xuvenil homes:
Simón Acuña López: medalla de bronce en peso
Cadete mulleres:
Aida Amoedo Portabales: medalla de ouro en 300 m.l.
Patricia Abal Herbello: 4ª en 600 m.l.
Mar Chillón Camaño: medalla de prata en 3.000 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 4ª en 3.000 m.l. e 6ª en triplo
Alicia Dacruz Domínguez: 9ª en 50 m.v.
Raquel Villa Carracelas: medalla de ouro en peso
Talía García Prieto: 4ª en peso
Antía Roman Sotelo: 6ª en peso
Xuvenil mulleres:
Claudia Martínez Gutiérrez: medalla de bronce en 800 m.l.

Deja una respuesta