CARREIRA PEDESTRE DE BUEU

Aos máis pequenos xa lles estaba tardando a primeira carreira da presente tempada. Dende que foron de vacacións están sen competir e queren demostrarse a si mesmos do que son capaces. Así que o domingo 8 de novembro, aquel que non estaba tocado pola gripe ( fora A, B, ou como queira que se lle chame), presentouse na liña de saída coa súa camiseta amarela.
Foi unha carreira que contou con grandes personalidades no mundo de atletismo actual como son Sandra Monquera, Águeda Blanco ou a nosa querida atleta Andrea García, as cales quedaron primeira, segunda e terceira tanto na categoría sénior como na proba absoluta. Pola parte masculina o podio absoluto e sénior repartiuse entre Robertas Geralivicius (1º), Daniel Barciela (2º) e o noso atleta Sergio Iglesias (3º).

Outorgouse un trofeo especial para o atleta máis veterano que lle correspondeu a D. Jualián Bernal, de 90 anos. Xa nos gustaría a moitos chegar a súa idade coas mesmas capacidades.
O Club Atletismo Vila de Cangas estivo presente en case todos os podios, ademais dos xa ditos:
Claudia Martínez Gutiérrez foi a primeira entre as xuveniles.
Araceli Portela Fernández foi a primeira entre as veteranas da categoría A.
Entre os veteranos tamén subiron ao podio en 2º e 3º lugar, respectivamente, Alberto Iglesias Cabaleiro e Daniel Pérez Rodas.
María Novo Pardavila conseguiu a terceira praza entre as cadetes.
Os homes cadetes tiveron máis sorte e coparon todo o podio: Jesús Parcero Ríos (1º), Antón Menduiña Duran( 2º) e Sergio Piñeiro Garrido ( 3º).
Noelia Graña Casas e Noa Rouco Baqueiro quedaron primeira e segunda, respectivamente, entre as infantiles mulleres; mentres que Abran Santos Piñeiro foi 2º entre os homes.
Outro podio pintado só coa cor amarela foi o das alevíns, onde Mª Jesús Corredoira Herbello gañou a proba, seguida de Alba Vidal Soliño e Sarai Amoedo Portabales. Os homes desta categoría só conseguiron o terceiro posto por parte de Jorge Piñeiro Garrido.

Dúas foron as nosas representacións no podio dos benxamíns: Ismael Otero Martínez gañou a proba, seguido de Carlos Pérez.
Ainoa Santos Piñeiro cruzou a meta como primeira das minibenxamíns, e detrás dela xa entrou Laura Magdaleno Cabral. O irmán desta última, Manuel Magdaleno Cabral foi o primeiro entre os Chupetes e Lope Quinteiro acadou o mesmo posto entre os minibenxamíns homes.

Deja una respuesta