CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

Santiago 7 Decembro 2011
Esta foi unha gran xornada a que se viviu en Santiago, a pesar do frío que había nesta mañá, os nosos atletas brillaron grazas a sua magnífica participación. Dez foron os atletas do noso club que participaron neste campionato, e dez foron as medallas acadadas por eles.

A primeira distancia coa que arrancou este campeonato foi 1 km na que participamos con duas benxamíns Ana Piñeiro, gañadora desta proba, quen levaba bastante ventaxa as outras participantes, e Ainoa Santos que ganou a medalla de bronce.

Os alevíns Valeria Fernandez, que foi a gañadora dos 2 km., Valeria Rodriguez que foi quinta, e Jesús Guimeráns, quen foi terceiro, estrenabanse nesta distancia e dende logo non lles foi nada mal.

Outro que estrenaba distancia foi o infantil Andrés Obenza, quen nos 3 km subiu o pódium a recoller a medalla de bronce. Noa García foi a subcampiona infantil na mesma distancia.

Os 5 km é a proba na que se entregan medallas polo orde de entrada e pola categoría. Esta carreira foi na que Mar Chillón obtivo duas medallas , unha por ser terceira da carreira absoluta, e outra por ser a primeira xuvenil en cruzar a línea de chegada. Rebeca Obenza foi a segunda Promesa e Ángel Menduiña o terceiro dos xuniors

Resultados
Medalla de ouro e campionas galegas: Ana Piñeiro (Benxamín) – Valeria Fernandez (alevín) – Mar Chillón (xuvenil)

Medalla de prata e subcampionas galegas: Noa García (Infantil) – Rebeca Obenza (Promesa)
Medalla de bronce: Ainoa Santos (Benxamín) – Jesús Guimeráns (Alevín) – Andres Obenza (Infantil) – Mar Chillón (Absoluta) – Ángel Menduiña (Xunior)

Deja una respuesta