PEDESTRISMO – MEMORIAL PEPE CORDEIRO

 Cangas, 5 de decembro de 2010.
Baixo un diluvio correron todas e cada unha das categorías citadas nesta nova edición do Pedestrismo de Cangas e Memorial Pepe Cordeiro.
Como sabedes, este ano non correron os máis pequenos, só o fixeron a partir da categoría xuvenil. Había máis de 500 atletas inscritos e aínda que non correron todos, si foron moitos os que se citaron no centro de Cangas.
O tempo mantívose máis ou menos estable ata que empezaron a quentar os da primeira carreira. Logo, xa non escampou.
Na primeira carreira foron as das categorías xuvenil, xunior e veteranas femininas.
Na segunda carreira correron os das categorías xuvenil, xunior e veteranos homes, así como a categoría absoluta feminina. Nesta última as primeiras en chegar a meta foron: Doroteia Peixoto, Joana Vanesa Martins e Filomena Costa.
A terceira e última carreira foi a absoluta dos homes, na que se proclamou campión Gustavo Platas Vidal, seguido de Marco Morgado e Robertas Geralavicius.
Noraboa a todos eles.
O Club Atletismo Vila de Cangas, organizador desta proba, quere agradecer a todos os que colaboraron na mesma, xa fora aportando algún “tenteenpé”, xa fora traballando para limitar o circuíto ou de calquera outro xeito.

resultados pedestrismo

Xuvenil mulleres:

1ª Jenny Fernández Massó ( Val Miñor)

2ª Victoria Rodríguez Freiria ( Val Miñor)

3ª Eva Cid Guede ( Val Miñor)

6ª Ariana Martínez Lorenzo

8ª María Jesús Novo Pardavila

9ª Iria Piedras Gómez

Junior feminina:

1ª Juliana Velázquez Sosa ( Academia Postal)

2ª Mirian Costas Gómez ( Celta )

Veterano feminino:

1ª Isabel Sáez Batallán (Academia Postal)

2ª Olga Medraño Porto ( Independente)

3ª Mª Belén Lemat Cabral ( Vila de Cangas)

17ª Clara Pazos Iglesias

Absoluta feminina:

1ª Dorotea Peixoto (Atletismo Joane)

2ª Joana Vanesa Martins Costa (Sporting de Braga)

3ª Fikimena Costa ( Sporting de Braga)

8ª Andrea García Soage

Promesa feminino:

1ª Rebeca Obenza Otero ( Vila de Cangas)

Xuvenil masculino:

1º Gonzalo Basconcelo Araujo ( Celta)

2º André Morais (Cyclones Sanitop)

3º Tomás Ocaña Pazos ( Vila de Cangas)

9º Arón Misa García

12º Sergio Piñeiro Garrido

Xunior masculino:

1º Damián  González Fernández ( Academia Postal)

2º Ismael Vieitez Porto (Gimnástica)

3º Angel José  Fernández Barba ( Celta)

8º Angel Menduiña Gutiérrez

Veterano masculino:

1º Manuel Márquez Martínez (Celta)

2º Ricardo Estrella Ramirez (Independiente)

3º Roberto Riobó Estévez (Corredoiras)

31º Fernando Santos Soage

51º Carlos Bernárdez Piñeiro

Promesa masculino:

1º Manuel Martínez Ageitos (Gimnástica)

2º Carlos Yañez Alonso ( Celta)

3º Pablo Regadas Román ( Celta)

4ºMaykel  Portela Portela

6º Angel Ferrari Augusto

Senior masculino:

1º Gustavo Platas Vidal ( Independente)

2º Marco Morgado (Desportivo do Estreito)

3º Robertas Geralavicius ( Gimnástica)  

Deja una respuesta