CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

27-28 de xaneiro de 2018

 

     A localidade de Lugo acolleu os días 27 e 28 de xaneiro o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. A cita englobaba desde a categoría SUB 16 ata @s MASTER. O Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera foi o esceario de case todalas probas. David Lorenzo participou no heptathlon SUB 20 e rematou CAMPION GALEGO nesta esixente disciplina. As marcas acadadas nas sete probas sumaron un total de 4078 puntos, a súa mellor marca ata o momento. Rematou os 60 m.l. en 7.58, os 60 m.v. en 9.66 e a carreira de 1000 m.l. en 2:50.04. Nos concursos saltou 5.81 m en lonxitude, chegou aos 4.00 m en pértega, 1.67 m no salto de altura e lanzou o peso ata os 7.49 m. Unha boa mostra da versatibilidade deste atleta, que se viu recompensada coa victoria final.



CAMPIONATO GALEGO COMBINADAS E VELOCIDADE.

Lugo 6 e 7 de febreiro de 2016.

 

     Durante a fin de seman do Entroido Lugo acolleu o CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS CADETE, XUVENIL, JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO e o CAMPIONATO DE GALICIA DE 60 E 60 VALADOS.  No Campionato de velocidade, que conta este ano a súa segunda edición, participou Paula Martínez na proba dos 60 metros valados. Tras unha primeira semifinal que superou con 9.96, na final obtivo o terceiro posto con 9.84. Moi disputada foi a subida ao caixón do bronce, unha centesima foi a que separou a Paula da cuarta clasificada. RESULTADOS


 Paula


     A xornada comezaba co pentathlon feminino da categoría cadete. Nos 60 m.v. Ariadna Gil estreou a competición cun tempo de 9.79. Este bo comezo e a regularidade no resto das probas levouna a sumar 2.554 puntos. Melloraba a súa anterior marca e acadaba o Subcampionato Galego de Probas Combinadas. RESULTADOS


 ARI

Resultados - Campeonato Gallego Combinadas-page-022


     A actividade no Modulo Cuberto e no  Estadio Gregorio Pérez non cesaba, unha vez rematada a xornada do sábado ainda faltaba o domingo. Moitas categorías e moitas probas. No caso dos xuvenís foi o heptathlon masculino.  Ata o de agora @s @marel@s fixeran pleno, e Daniel Calvar máis David Lorenzo completaron unha participación de podio. E ademáis moi axustado,  David Lorenzo proclamouse Campión Galego por catro puntos. Daniel Calvar foi bronce.


wp-1454884420563.jpg

Resultados - Campeonato Gallego Combinadas-page-003

IMG-20160207-WA0005


PROBAS COMBINADAS EN LUGO

     Este sábado día 6 de febreiro dará comezo en Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS. As categorías implicadas van dende cadete ata veterán. Pola nosa parte imos estar representados no  pentathlon feminino pola cadete Ariadna Gil. En canto o heptathlon masculino acudirán os xuvenis David Lorenzo e Daniel Calvar. Entre o sábado e o domingo vaise desenrolar o Campionato no Estadio Gregorio Pérez e no Módulo Cuberto de Lugo.


HORARIO- sábado 06

sabado


HORARIO-domingo 07

domingojpg


 

 

CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS POR CLUBES.

Lugo 10 de xaneiro de 2015

     Moi boa participación na categoria Cadete na que estivemos implicados no modulo cuberto de Lugo. E foi todo un acerto estar a cuberto porque o domingo apenas deu tregua, con bastante choiva. As probas do pentatlon comezaron polo 60 metros valados. Ariadna Gil acadou o 2º mellor tempo con 10.28. Irene Menendez rematou en 10.94 e Naiara Villar 12.75. Bo comezo para un pentathlon cadete que sumaba 22 participantes. O concurso do salto de altura ralentizou a xornada, sendo o punto débil das nosas representantes. A lectura positiva é que ainda queda moito por mellorar, e querendo mellorase. 

O concurso de peso realizouse no exterior xunto coa proba dos 600 m.l.  Nesta proba, baixo un diluvio, Ariadna Gil voltou repetir o segundo posto con 1:52,49,  Irene Menendez rematou en 2:12,49 e Naiara Villar en 2:11,15. Previamente realizaron o salto de lonxitude con marcas discretas e sempre con marxe de mellora. Finalmente como equipo non lograron o podio, quedaron preto de cuartas.  De maneira individual acadou a medalla de bronce  Ariadna Gil cun total de 2.388 ptos. Irene Menendez foi 10ª con 2.000 ptos e Naiara Villar rematou no posto 20 con 1471 ptos.  

Vai camiño Lugo de converterse no referente das combinadas na tempada invernal. Xa ten novo lema a cidade…E Pra Combinadas Lugo.


 combi


CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

     Este domingo 10 de xaneiro vaise disputar no modulo cuberto de Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA CLUBES PROBAS COMBINADAS.  Van participar no pentathlon feminino as cadetes Naiara Villar, Irene Menéndez e Ariadna Gil.  A xornada comeza de maña coa proba de 60 metros valados, continuando cos concursos de altura, peso lonxitude. Para rematar na pista exterior competiran nos 600 m.l.


hcombinadaslugo-page-001


 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE ALEVIN E COMBINADAS INFANTIL.

Vilagarcia 16 de maio de 2015

Intensa xornada no Complexo deportivo de Fontecarmoa no que se desenvolveu o CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVIN-XOGADE máis o CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS INFANTIL. Salientar a ampla participación no Tetrathlon Infantil,  con 34 participantes no feminino e 16 no másculino. O programa discorreu segundo o previsto prolongándose  o peche ata as 14:30 horas. Foron en total 5 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronceademáis do Campionato e Subcampionato Provincial de Tetrathlon feminino infantil.

No tocante o Campionato Provincial Alevín así remataron @s amarel@s.

  • Eduardo Parcero,  6º 60 m.l., 6º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Daniel Quinteiro,  5º 60 m.l., 9º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Teo Iglesias,  11º 500 m.l. e 6º pelota
  • Pedro Verdeal, 1º lonxitude, 9º altura e 1º relevos (4×60)
  • Denis Fernández,  1º marcha e 5º lonxitude
  • Antón Núñez,  10º lonxitude
  • Carlos Menduiña,  3º pelota e 3º peso
  • Aaron Otero,  1 ºpeso 4º pelota e 1º relevos (4×60)

    DSC00991


  • Iria Nieto,  4ª marcha
  • Sara Mallo,  2ª lonxitude, 4ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Anais Santamaria,  11ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Nerea Nogueira,  1ª marcha, 10ª peso e 4ª relevos (4×60)
  • Angela Fraga, 2ª marcha, 2ª pelota e 4ª relevos (4×60)

    CLASIFICACIONS TETRATHLON:

  • Gabriel Dacosta,  9º (1044 ptos.)
  • Ariadna Gil,  1ª (1874 ptos.)
  • Laura Campos,  2ª (1727 ptos.)
  • Alba Campos,  4ª (1688 ptos.)
  • Lara Fernández,  7ª (1469 ptos.)
  • Ines Villamor, 13 ª (1231 ptos.)
  • Colomba Carballal, 15ª (1210 ptos.)

    IMG_20150516_142311


CAMPIONATO DE GALICIA PROBAS COMBINADAS.

Vilagarcia 18-19 abril de 2015

Disputouse nas pistas de Fontecarmoa, en Vilagarcia de Arousa o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS.  Dani Calvar acadou o primeiro posto no Octathlón masculino, cunha puntuación final de 3.481 ptos. Isto valeulle para revalidar o titulo de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas. Angel Menduiña acadou no Decathlon 5.590 ptos, rematando 1º na categoría Promesa e 2º na Absoluta.


11140755_340873416101160_593479565743969395_n

PROBAS COMBINADAS EN VILAGARCIA.

O día 18 e 19 de abril terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS. Para participar por clubes según o REGULAMENTO puntúan 3 atletas (dente cadete ata absoluto). No listado de INSCRITOS están Dani Calvar e Angel Menduiña. O Campionato vaise disputar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia no seguinte HORARIO.


10492027_757361804286686_2910208867217388546_n


CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS.

Lugo 7-8 de febreiro de 2015

Sin movernos de Lugo, outro Campionato Galego de Probas Combinadas, neste caso. Para iso son moi versatiles as instalacións da cidade da muralla.

Os cadetes de mañan corrían a primeira hora en Cesantes-Redondela o Provincial de Cross escolar, quedando Campions por equipos, e logo Dani Calvar e David Lorenzo emprenderon viaxe a Lugo para participar no Hexathlon. Debeu ser que viñan quentes que  fixeron doblete no podio con sendas medallas de prata e bronce. Dani sumou 2448 puntos e David 2280.

Angel Menduiña foi subcampion promesa e  bronce no heptathlon absoluto masculino cunha puntuación total de 4332. As marcas foron de 7,52 nos 60 m.l.; 6,01 na lonxitude; 10,58 no peso; 1,74 en altura; 9,40 en 60 m.v. e 2:58.26 en 1000 m.l.

Polo que se mira non foron facer turismo a Lugo.