ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

     Temos a ben informarvos da celebración dunha ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA a celebrar nas Pistas de Atletismo de Cangas o vindeiro venres 04 de outubro. Na mesma poderan participar tod@s @s soci@s que o desexen e se trataran os seguintes temas:

  • ACTUALIZACION CUOTAS DE SOCIO
  • ROGOS E PREGUNTAS

     Os horarios serán as 19:00 h. en primeira convocatoria e 19:30 h. en segunda convocatoria. Pola importancia dos temas a tratar agardamos a vosa participación.



ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

   O vindeiro sábado dia 01 de xuño tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda o  acto do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todol@s soci@s. Abordarase na ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA  un tema de sumo interese, como é, a elección da nova Xunta Directiva , coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • Lectura e aprobación do estado das contas.

  • Elección de nova Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.



ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

  O vindeiro sábado  23  de abril terá lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda o  acto do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todol@s soci@s. Abordarase na ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  un tema de sumo interese, como é, o arranxo das pistas de atletismo , coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Resumo da tempada 2021 e aprobación do estado das contas

  • Deterioro e problemática sobre o arranxo das Pistas de Atletismo.

  •  Ampliación da Xunta directiva

  •  Rogos e preguntas.



 

ELECCION NOVA XUNTA DIRECTIVA

     Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este  mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:

     O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.

    O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 08 de xullo ata ó 08 de agosto. Este último día, 08 de agosto, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria  no Salón de Plenos do Concello de Cangas, para elexir a nova directiva entre as propostas. O prazo de reclamacións será do 09 ó 11 de agosto.

      É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

      Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Concelleria de Deportes e enviarase á prensa.



ELECCION DE NOVA XUNTA DIRECTIVA

     Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este vindeiro mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:

     O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.

    O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 01 ata o 30 de xullo. Este último día, 30 de xullo, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coincidindo cos actos do PECHE DE TEMPADA. O prazo de reclamacións será do 01 ó 03 de agosto.

     É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

      Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.


Presentacion Vila de Cangas 2015_2016 (1)