Chenlo-Porriño 17-02-2013
Mañan de domingo de mes de febreiro, chuviosa e cita para o Campeonato Provincial de Cross do Xogade 2013. De Cangas partiu un Bus cargado de nenos/as de categorías benjamín ata cadete, detrás do autobús unha ringleira de coches cuantiosa, pais, nais e familia que non querían perderse o evento, nin perderse no camiño. Chegamos con tempo, en Chenlo tamén chovia e non parou en toda a mañan. O circuito, despois do inverno que levamos, estaba duro e pesado e según avanzaban as probas máis lama e máis chuvia. A saida e a meta era o campo de futbol de Chenlo, comenzando o Campionato por Benxamins mulleres, donde o equipo obtivo un 5º posto. En Benxamíns Homes proclamaronse Campions Provinciais por equipos. En alevíns mulleres obtiveron o pase o Campionato Galego o quedar subcampionas por equipos, se os xuices estuveran máis atentos sería máis xusto o primeiro posto, pero unha vez ocurrido o detalle é dificil que a reclamación sexa admitida. Chegados a este punto explicar que o Vila de Cangas clasificou en Alevins e Infantís dous equipos A e B, como tales se presentaron en Chenlo, por parte do Coordinador do Deporte Escolar se estableceu que os catro mellores atletas serían os que puntuaban, indistintamente foran do A ou B. Pois cando se imprimiron as follas dos resultados o Vila de Cangas resultou agraviado porque non seguiron ese criterio. A día de hoxe, tras a pertinente reclamación, os resultados foron definitivos segundo o criterio que en principio nos propuxeron. Asi decir que os Alevín homes se clasificaron como Campions Provinciais. As principias perxudicadas eran as infantis mulleres que agora son Campeonas Provincias, e como tal competiran no Galego de Guitiriz, pero o domingo as 14 horas eran terceiras e non participaban no Galego. Os infantis homes acadaron o primeiro posto como equipo e asistirán a Guitiriz como Campións Provinciais. En Cadetes as mulleres obtiveron o terceiro posto, pasando de maneira individual Noa Rouco. En cadetes homes non participou equipo pero si obtivo plaza individual para o Galego Eloy Guimerans. Noraboa a todos os que alí participaron, vemonos en Guitiriz.
Clasificacións:
BENXAMIN MULLERES
Sara Mallo 3ª
Katia González 38ª
Paula Escribano 42ª
Mar Guierans 50ª
BENXAMINS HOMES
Eduardo Parcero 4º
Teo Iglesias 9º
Pedro Verdeal 15º Seguir leyendo




Debe estar conectado para enviar un comentario.