CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR 2014-INFANTIL

Cangas 17 de maio de 2014

 

Este ano o Provincial de Atletismo en Pista do programa Xogade elexía Cangas para disputar a final provincial.Como novidade  tamén se engadian os relevos 4X80. O sábado coincidía coa celebración do día das letras galegas e fixo una temperatura que rondou os trinta grados. Cando se di que fai un sol de xustiza e verdade porque faí o mesmo sol para todos os que corren, non fai distincions.  Bromas aparte, tivo que ser duro tendo en conta que houbo nenos que fixeron tres probas e o relevo. Con ese sol convertiuse en algo épico. 23 nenos obitiveron marca para alguna proba neste Campionato. O saldo final de medallas acadadas foi de un total de 22 medallas, 5 de ouro, 9 de prata e 8 de bronce. En canto os relevos as mulleres foron subcampionas e os homes quedaron cuartos.

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

INFANTIL HOMES ( 4×80 RELEVOS 4º)

Aaron Domínguez         4º triplo-5º 3000 m.l. – 9º lonxitude e 4º relevos

Jesús Guimerans          3º marcha e 9º altura

Carlos Pérez                   1º xavalina e 3º disco

Raúl Barreiro               2º peso- 2º martelo e 5º disco

Mauro Maquieira        3º xavalina- 3º peso e 6º disco Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO CLUBES-XUNIOR E CADETE

O Barco de Valdeorras 10/05/2014

 

Según contan o madrugón foi bo, arredor das sete da maña, sábado temperatura fresca pero levadeira. En fin,  con madrugar non chegaba. Quedaba unha longa viaxe ata o extremo oriental de Galicia, e despois alí, unha dura xornada cos mellores Clubes Galegos.  Tiñamos algunha garantía de que o viaxe en balde non era. Por exemplo o núcleo do equipo absoluto femenino esta composto por xuvenís e xuniors e complementado por cadetes. Estamos falando de xente moi xoven que chega a un Campionato Galego absoluto e nos agasalla cun tercer posto.

Seguro que o viaxe de volta se fixo máis levadeiro cos bos resultados acadados. Xunior Mulleres Campionas Galegas, Cadetes Homes Subcampions Galegos e as Cadetes Mulleres en quinta posición, pero podería ser unha cuarta posición si prospera a reclamación conforme non foron sumados debidamente os puntos de Alba Vidal no 3000 m.l., que acabou en primeira posición.

Teñen varios análisis estes resultados, os do entrenador foron 12.807 puntos iaaff. 5 records de club e 2 novas minimas para cto de España.  Os do Club falan de cambiar o eslogan «Enerxia de Futuro» por «Enerxia de Presente». Claro que se lle preguntamos o tesoureiro nos dirá que non van chegar os cartos para tanto viaxe.

En resumo fantástica xeración de atletas que se criaron e formaron no Club. Estes si que sinten a camiseta.

 

 

RESULTADOS CADETES HOMES (2º CLASIFICADO CON 173 PTOS.)

Adrian Outeiral             4º 100 m.l. e 4º lonxitude

Manel Iglesias               2º 3000 m.l. e 5º 300 m.l.

Martín Souto                6º 1000 m.l.

Daniel Armada            2º pértiga e 6º 100 m.v.

David Lorenzo            3º 300 m.v. e 4º altura Seguir leyendo

X TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas 03 de maio de 2014.

A ponte de maio foi aproveitada para a disputa o sábado do X Trofeo Vila de Cangas. Por fín se pode decir que luciu o sol. Unha cousa leva a outra, o nivel de participación foi alto. Se pode achacar a alta participación os retrasos nas probas, pero máis ben foi cousa de loxistica. Levase tempo pedindo a Federación, a través dos xuices, o reparto dos dorsais por Clubes.  De ahí viu gran parte do retraso, que houbo que repartilos de manera individual, se a iso lle engadimos alguna modificación no horario. Con isto se trata de explicar a mañan caotica que se viviu nas Pistas de Atletismo de Cangas.

Xa no ámbito deportivo a maña foi todo un éxito, tanto a nivel participativo como tamén nas marcas acadadas. As sempre participativas probas de velocidade na categoría benxamín deron inicio a xornada con 50 m.l.  Para os alevíns a proba de velocidade é de 60 m.l. O resto das probas foron os 150 m.l. para os infantis,  1000 m.l. para as categorías de benxamín a cadete. En canto a categoría absoluta a proba raiña do medio fondo foi gañada polo atleta portugués Helio Gomes cun tempo de 3:54:04. Nos concurso para homes disputouse a pértiga, lonxitude, xabalina, peso e disco. As probas das mulleres sumaron as anteriores os relevos de 4X 80 e 4X100 m.l. a primeira para a categoría infantil. Tamen contamos nos 1500  m.l. con outra ilustre portuguesa, canguesa de adopción, Solange Pereira quen realizou a marca da tempada con 4:17:24. En resumo unha boa competición tanto para grandes coma pequenos, esperemos que perdure no tempo e poida ter continuidade.

XX XORNADAS DE ATLETISMO BASE 2014

Venres 02 de maio de 2014

 

As pistas de atletismo de Cangas tiñan a axenda completa esta ponte festiva. A idea, non era saturar o calendario pero debido o aprazamento das Xornadas de Atletismo Base polo mal tempo que nos acompañou o pasado venres 25 de abril, non quedou outro remedio. Pero para ser xustos,  foi un acerto. Nos esperaba unha tarde primaveral cunhas instalacións para nos solos e moitos e moi bos colaboradores. Os protagonistas, non cabe duda, foron os nenos. Por diante tiñan catro probas, das que puntuaban as tres mellores. Ainda asi houbo empates e algún podio quedouse pequeno. As probas eran de velocidade 50 e 60m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e carreira de fondo 300 e 500 m.l.

As xornadas cumprían este ano a sua vinte edición.  Botar a vista atrás e pensar cantos nenos e nenas pasaron por elas. Moitos dos nenos do Club que axudaron no desenrolo das probas competían o día seguinte no X Trofeo Vila de Cangas de atletismo en pista. Todo un luxo, en dúas xornadas, contar con todalas categorías do atletismo competindo nas Pistas de Verín.

 

 

 

CLASIFICACIONS: Seguir leyendo

III XORNADA ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA-INFANTIL.

Pontevedra 26 de abril de 2014

 

Xa nos tocaba a terceira da Fase Xogade de atletismo en pista ao aire libre, antesala do Campionato Provincial para a categoría infantil. Mentres os equipos absolutos se desprazaban a Lugo a disputa do Campionato Galego por Equipos os infantís facían «canteira» en Pontevedra. Tendo en conta a presencia de varios cadetes nos equipos absolutos, non é moi aventurado engadir que algún destes atletas puideran representar o Vila na categoría absoluta para o ano que ven.  O densenrolo da xornada foi idéntico as anteriores, tres probas por atleta. Un total de 22 nen@s do Vila de Cangas o longo da maña buscaron acadar un bo rexistro e poder  clasificarse para o Campionato Provincial. Son moitas as probas na categoría infantil, e tamén  se trata de ir definindo as disciplínas que se lle dan mellor ou que lle gustan máis.  Por certo, non choveu. Iso si había auga por todos lados, os fosos de lonxitude eran autenticas lameiras e a punto estiveron de suspender a proba do salto.

 

 

 

 

RESULTADOS:

Aaron Domínguez          5º 3000 m.l.- 3º triple e  7º lonxitude

Jesús Guimerans            2º marcha-9º triple e  15º altura

Juan Piñeiro                    2º triple-2º 1000 m.l. e  13º altura

Martín Pardavila            4º triple e  9º 150 m.l.

Luis Pastoriza                 2º 80 m.l.-7º triple e  8º 150 m.l.

Carlos Pérez                    1º xabalina-4º disco e  11º 80 m.l. Seguir leyendo

NOVA DATA PARA AS XORNADAS DE ATLETISMO BASE.

Cangas a 25 de abril de 2014.

 

Temos que comunicar que debido o mal tempo que padecemos a tarde do Venres 25 de abril, decidimos entre todos os que nos personamos nas Pistas de Cangas APRAZAR para o vindeiro venres 02 de maio as XX Xornadas de Atletismo Base. Foi una pena pero a tarde non deu tregua. Pedir desculpas polas molestias ocasionadas e animarvos a participar este Venres. Gracias pola comprensión.

CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CADETE ATA SENIOR-CONTROL DE MARCAS

Pontevedra 12 e 13 de abril de 2014.

O Sábado daba comenzo en Pontevedra o Critérium de Probas Combinadas dende Cadetes ata Senior.  Angel Menduiña participou no Decathlon conseguindo un segundo posto cunha puntuación de 5441, parabens para o noso atleta que era o máis xoven dos participantes e tamen primeiro clasificado na súa categoría. Para coller o relevo de Angel xa se esta preparando Dani Calvar, quen na categoría cadete disputou o Octathlon acadando o primeiro posto,  salientar a novidade da pértiga para Dani que afrontou cun salto de 2.27 que o final foi decisivo para a victoria con 2941 puntos.

Engadir que si sábado e domingo foron para as probas combinadas, tamén quedou oco o primeiro día para un Control de Marcas. Nos 200 metros lisos Alvaro Lorenzo acadou un tempo de 25.91. Na proba de 3000 metros lisos participaron Maikel Portela con 9.20 e Angel Ferrari con 9.41. Na sección feminina a representación estaba nos 200 metros lisos con Noelia Graña, Estela Crespo e Ana Antepazo que pararon o crono por este orde en 26.82, 27.19 e 28.59. En resumo a fin de seman de Pontevedra estuvo cargada de probas atléticas, non todo vai ser correr.

FASE CLASIFICATORIA BENXAMIN-ALEVIN EN PISTA – XOGADE

Pontevedra, 05 de abril de 2014

 

Dabamos a benvida o mes de abril coa Fase clasificatoria para as categorias Benxamín e Alevín. Foi unha maña fría e chuviosa con moita afluencia de nenos, certo é que estas son as categorias raiñas cando de participación se fala. Suliñar que na proba de 500 m.l. alevín foron tres quendas. As probas de velocidade seguen sendo as máis participativas, boa elección tendo en conta que a chuvia foi unha constante no desenrolo da xornada.  Xa esta máis preto o Campionato Provincial e agardemos que o tempo nos de unha tregua. Saudos e parabens para os nosos grandes atletas.

 

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Katia González              1ª marcha e 2ª peso

Nerea Nogueira           16ª 50 m.l. e 7ª lonx.

Carmen Fraga               13ª 50 m.l.

Agata Rodríguez           7ª 500 m.l. e 6ª lonx.

Carlos Corredoira        10º 1000 m.l e 15º 50 m.l.

Carlos López                   5º 1000 m.l. e 9º lonx.

Yago Juncal                    7º 1000 m.l. e 18º 50 m.l.

Carlos Menduiña           1º peso

Guillermo Alonso          9º peso e 10º 50 m.l. Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUNIOR PISTA CUBERTA.

San Sebastián 22-23 de marzo de 2014.

 

Na localidade de Donostia disputabase o Campionato de España Xunior de pista Cuberta, os dous representantes de Peso pola nosa Comunidade eran Pablo Castro e Raquel Villa. Pablo acadou a 6ª posición e Raquel a 10ª. Outro logro máis destes dous Campions que se afianzan nas competicións a nivel nacional. Parabens e a seguir asi.

XXVII TROFEO DA RECONQUISTA

Vigo a 30 de marzo de 2014

 

Domingo, cambio de hora, choiva e frio. Todo animaba a quedar na cama. Pero xa o sabedes a vida do atleta e moi sacrificada. A 27ª edición do Trofeo da Reconquista era a cita e as pistas de Balaidos o lugar. A xornada comenzou coa proba dos 100 m.l..Cesar Antonio Gonzalez parou o crono en 12,23 quedando 6º na súa serie, tamén contamos cos cadetes Dani Calvar  13,42, David Lorenzo 14,43 e Daniel Armada 15,14 que se misturaron sen complexos coas outras categorías. Na seguinte proba dos 400 m.l. foi a final B a que contou coa presenza de Cesar Antonio González, Angel Menduiña e Daniel Dasilva, quenes acadaron por esta orde as primeiras posicións con tempos de  54,14, 54,33 e 54,42. Nas outras finais, con tempos máis discretos, participaron Kevin Alvarez e Alejandro Alvarez 4º e 5º na sua final, Diego Pérez e Jorge Castro acadaron o 5º posto nas respectivas finais.

Nos 3000 m.l. tamen se fixeron duás finais, na primeira participou Rodrigo Bermúdez que obtivo un tempo de 10:06 quedando no posto 11, o seu compañeiro Angel Ferrari con 09:48 foi 5º na súa serie. Para a categoría cadete estaba reservada a proba de 300 metros valados, sendo David Lorenzo 1º e Daniel Armada 5º. O cadete Dani Calvar quedou 5º con 5,04 no concurso de Lonxitude Absoluto.

As masiva participación de mulleres nos 100 m.l. obligou a organización a realizar seis finais, como temos poucas mulleres no Vila de Cangas creo que nos vai tocar repasar o abecedario, pois imos aló, na primeira final Noa Rouco e Noelia Graña quedaron 1ª e 2ª separadas por una centesima, Estela Crespo foi 4ª e Paula Martínez 7ª, boa serie en que todas baixaron dos 14 segundos. Alexia Vidal gañou a Final B e Ines Piñel foi 6ª. Na Final C as cadetes Paula Santos foi 6ª e na seguinte Ana Fandiño acadou a 8ª posición. Mª Jesús Corredoira obtivo o 4º lugar na final E.  Para rematar o repaso as finais Saray Amoedo foi 3ª e Martina Paramos 5ª na derradeira Final F.

Ana Antepazo foi 6ª na serie que abria os 400 m.l.  Chegou a proba dos 1500 m.l. e Lucia Piedras obtivo un 12ª posto na final. Nos 3000 m.l. había cinco representantes do Club, Alba Vidal 5ª, Isaura Framil 6ª, Eva Piñel 9ª, Iria Piedras 11ª e  Noemi Crespo 14ª. Maria Jesús Novo Obtivo a victoria nos 400 metros valados. Para rematar faremos mención das que máis se mollaron, claro esta foron os concursos, neste caso en Lonxitude a cadete Saray Amoedo acadou o 2º posto  con 4,66, acompañada de Ines Piñel 6ª, Paula Santos 7ª i Eva Piñel 8ª.  En Lanzamento de disco Nerea Garcia foi 3ª con 17,59.  O lanzamento de martelo foi dominado por Johana Villar quen gañou con 34,52, Abril Fernández 4ª, Andrea Conde 5ª, Sara Núñez 7ª e Ana Fandiño 8ª. En resumo boa mañan de atletismo con boas marcas e ambiente.