CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA

Vigo, 05 de xuño de 2016

 

     As pistas de balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Multitude de probas atleticas que prolongaron o programa ata a noite. Sorte que no mes de xuño o sol tarda en poñerse, e tamén que Vigo non nos queda lonxe. Contamos con presenza nas tres categorías, sendo a xuvenil a máis numerosa.  


26899546103_e7469827a7_b


     O relevo 4×100 xuvenil másculino proclamouse Campión Galego. Os integrantes eran Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Remataron nun tempo de 46.11 s. Saray Amoedo foi 2ª no triple salto, onde tamén participou Martina Paramos, que foi 8ª, acadando no salto de pertega a medalla de bronce. Na pertega masculina David Lorenzo foi 1º ademáis de 3º en 400 m.v. cun tempo de 58.11, a só unha centesima da mínima para o Cto. de España. A medalla de prata na pertega sería para Daniel Calvar, que tamén rematou 7º no triple salto. Daniel Armada refrendou a sua punta de velocidade cun 5º posto nos 100 m.l., con 11.60.


27400642302_af6084fd51_b


     Manel Iglesias foi 1º en lanzamento de xavelina. Iria Rodríguez rematou 8ª en 400 m.v. e 11ª en 200 m.l. Nesta última proba Paula Sotelo acadou o 9º posto. Adrián Outeiral  completou a súa participación cun 6º posto no salto de lonxitude.


26889857464_a259aafcdf7_k


     Na categoría junior contamos con Esmeralda Corredoira, bronce en marcha. Patricia Torres,  prata en peso e Paula Martínez, prata en 100 m.v. A marca desta última proba foi invalidada polo vento.

     A categoría promesa supuso a volta de Pablo Castro a competición de primeiro nivel.  Cun mellor lanzamento de 13.70 conseguiu rematar Campeón Galego de Peso, a escasos centimetros da minima para o Cto. de España. A súa compañeira Raquel Villa si que acadou a mínima para o Campionto de España Promesa, que se vai disputar o vindeiro 25 e 26 e xuño en Toledo. Raquel quedou Campeona Galega de Peso cun lanzamento de 12.09.


26898191134_1c4ea9aa9d_z


RESULTADOS


Deja una respuesta