TROFEO VILA DE CANGAS

Debido a coincidencia con outras competicións como son a liga de clubs e outras, este ano a participación foi máis escasa que en anos anteriores. Mesmo a maioría dos nosos cadetes non competiron en Cangas, senón que o fixeron en Pontevedra.
A xornada presentouse redonda para unha das poucas cadetes que quedaron en Cangas: Antía Román. Ésta conseguiu superar a súa marca persoal logrando a mínima para o campionato de España no lanzamento de xavelina.
Pero Antía non foi a única que tivo un bo día. Outra das nosas lanzadoras cadetes, Raquel Villa, esta xa sen presión, pois xa ten a mínima para o de España dende hai tempo, tamén mellorou a súa marca en peso, quedando a tan so un centímetro dos doce metros.

E seguimos falando de mulleres, porque a atleta no noso Club Marina Caballero, despois de anos apartada da competición, volve con forza e proclamouse campiona nos 800 m.l.
En canto ós homes, destacar o salto xuvenil do Suárez Marquier, Iván Rodróguez Maceiras, quen acadou a marca de 6’54 m.

RESULTADOS: 20100424

Deja una respuesta