CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA AO AIRE LIBRE

O mellorciño de toda Galicia da categoría cadete deuse cita esta fin de semana na nosa localidade. A participación foi moi numerosa e con moito nivel en moitas probas. Pese a que os/as nosos/as atletas eran case todos de primeiro ano, non faltaron medallas que quedaran no noso club.

Entre os homes destacou Jesús, que se proclamou campión galego dos 3000 m.l. Mauro non conseguiu facer a súa marca e quedouse coa medalla de bronce en xavelina. A Tinín pasoulle factura a gripe padecida durante a semana e non conseguiu meterse na final dos 300 m.l.

Entre as mulleres, Claudia foi a que mellores resultados conseguiu, levándose para a casa un ouro nos 600 m.l. e unha prata na lonxitude. Tamén conseguiu un ouro Ariana nos 1500 m. obstáculos. Aida, pese a súa lesión, proclamouse subcampiona galega en 300 m.l. A medalla que máis tardou en chegar foi a de bronce de Raisa na xavelina.

Os resultados foron:
Faustino Maquieira Outeda: 8º en 300 m.l., 7º en triplo
Rubén Lorenzo Germade: 9º en 600 m.l.
Jesús Parcero Ríos: Campión galego de 3000 m.l.
Antón Menduiña Duran: 9º en altura
Mauro Rodal Lorenzo: medalla de bronce en xavelina
Aida Amoedo Portabales: 4º en 100 m.l. e subcampiona galega en 300 m.l.
Claudia Martínez Gutiérrez: Campiona galega de 600 m.l. e subcampiona en lonxitude
Raisa Piñeiro Herbello: 9º en 1000 m.l. e medalla de bronce en xavelina
María Jesús Novo Pardavila: 5ª en 3.000 m.l., 7ª en lonxitude e 6ª en triplo
Alicia Dacruz Domínguez: 10º en 100 m.l. e 9º en 300 m.v. e 14ª en lonxitude
Ariana Martínez Lorenzo: Campiona galega de 1500 m. obstáculos
Iria Piedra Gómez: 5ª en marcha
Sandra Fernández Paz: 6ª en altura

RESULTADOS COMPLETOS:v090509

Deja una respuesta