CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA CATEGORÍA CADETE

Domingo 13 Febreiro 2012

Fomos ata Coruña para competir en pista cuberta, nunha mañá un pouco fría e cun vento desagradable. Dentro ,na pista, estábase mellor. Aproveitouse este galego cadete para facer un control en algunas probas para categorías maiores . O noso club   levou a catro lanzadores aparte de participar con 13 cadetes

A mañá comenzou clasificándose Noa R para a final de50 m.l., na que máis tarde obtería a medalla  de bronce. Nos 300 ml quedou 1º da súa serie e Ana Antepazo, que foi na mesma serie, foi 3ª pero non se clasificou para a final. Noa na final foi segunda. Nos 600 ml  foi 5ª e Lucía Piedras que tamén correu con ela foi 14ª.

Noelia Graña tamén correu os 300 ml, foi 3ª da súa serie pero non se clasificou.  Estrenouse en pértega quedando 5ª e 11ª en triple salto. Raúl Dacosta tamén fixo triple  e foi 8º, en lonxitude quedou no posto 10º e en 50 ml foi 4º na sua serie  sen clasificarse  para a final.

 Alexia Vidal tiña que participar en dúas probas, os saltos de altura e lonxitude, as dúas case a vez. Optou por non participar en lonxitude, por estar concentrada en altura, intentando conseguir a mínima para poder participar no campeonato de España. O final quedou a tan só 1 cm e obtivo a medalla de prata.

Nas vallas  Sara clasificouse para a final sendo a primeira da súa serie. Na final foi  segunda quedando a pouquiño para a mínina do campeonato de España. Paula Martínez foi a  segunda da súa serie pero non entro una final, a pesar de que a rapaza  que lle ganou non pudo participar na final por lesionarse na semifinal e ela era a seguinte mellor marca.

 No lanzamento de peso obtiveronse dúas medallas , a prata de Carla Bernárdez e o  bronce de Oscar Broullón.  Anxo Rodas e Johana Villar foron 5º e Patri Torres  9ª. Os lanzadores xuveniles acadaron os seguintes postos: Pablo Castro e Raquel Villa foron 1º, Talía García 2ª e Antía Román 3ª

Resultados gallego cadete pista cubierta feb 2012

Deja una respuesta