CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS ESCOLAR

Sabado 11 febreiro 2012.

Na Praia Ladeira en Baiona, nunha zona de dunas e coa fortaleza de Monterreal, como testigo na distancia, xuntámonos  todos os clubs da provincia que se clasificaran para participar nun novo campeonato provincial de cross. A pesar de que cando chegamos había escarcha polo chan, a mañá foi soleada. O circuito estaba nunha zona na que se podía  ver gran parte do percorrido.As primeiras foron as rapazas benxamíns que por equipos obtiveron a terceiro posto no pódium sendo Ana Piñeiro a primeiro en cruzar a meta no posto 13. Os rapaces foron 2º por equipos pero individualmente subiron o pódium Lope Quinteiro (medalla de prata)e Gabriel Dacosta (medalla de bronce).

En alevíns subiron o pódium o equipo “A”masculino no primeiro posto, o “B” foi 8º. Individualmente Carlos Pérez obtivo a medalla de prata. O equipo femenino foi 4º pero clasificáronse individualmente para o galego Sandra Souto que entrou 5ª e Ariadna Gil  que o fixo 8ª

En infantiles obtiveron pódium tanto os rapaces(2º) como as rapazas(1ª). Alba Vidal levou para a casa dúas medallas xa que tamén subiu o pódium por ser a primeira  da sua categoría.

O equipo femenino das cadetes foi terceiro pero non se casificaron para o galego, pero Noa Rouco clasificouse ao entrar 5ª. Do equipo masculino so se presentaron dous rapaces Eloy Guimeráns que entrou 15º e Jaime Ocaña que foi 27º

O resultado final foi:

Individual 4 medallas: 1 Ouro (Alba) – 2 Pratas (Lope e Carlos) – 1 Bronce (Gabriel)

Equipos 6 medallas : 2 Ouros (Alevín masculino e infantil femenino) – 2 pratas (Benxamín  e infantil, ambos masculino) – 2 bronces (benxamín  e cadete, os dous femeninos)

Clasificados para o galego: 3 individuales e 3 equipos

Resultados provincial cross Feb 2012

Deja una respuesta