CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 17 de marzo de 2019

     Aaron Otero estreouse nun Campionato de España na categoría SUB 16. Viaxou ata Sabadell para participar na final do lanzamento de peso. Unha vez alí,  acadou o pase a mellora no concurso e rematou no posto 6º cun mellor lanzamento de 13,33 mts. Agora toca centrarse na pista ao aire libre, na cal xa ten mínimas para o peso máis o martelo.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Valencia, 9-10 de marzo de 2019

 

  No Palau Velódrom Lluís Puig disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O sábado pola tarde Lope Quinteiro correu a terceira serie das semifinais de 800 m.l. Despois de catro voltas quedou 4º cun tempo de 1:59.84. Pasaban a final os primeros por serie máis os dous mellores tempos. Con esta marca non puido progresar a final que se correría o domingo.  Tal vez non fora a sua mellor carreira, engadido o nivel dos rivais so nos queda mandarlle animos de cara a vindeira proba.



X CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

     A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Club de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon en coñecemento que o vindeiro día 17 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o X CROSS ESCOLAR CEIP A RUA.



     A inscrición poderase facer vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ou directamente no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio ata o día 12 de marzo ás 14:30h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS POR ORDE DE CHEGADA ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE E CANDO QUEDEN VACANTES POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría.

     Cada delegado encargarase de facer e repartir os dorsais coa suficiente antelación, usarase o mesmo nºde dorsal para todos os participantes do mesmo centro.No dorsal porase o nº e categoría, nome do neno e colexio.




FOLLA INSCRICION



CAMPIONATO DE GALICIA MASTER DE PISTA CUBERTA

Ourense, 03 de marzo de 2019

 

     Xornada dominical adicada a categoria MASTER. Cunha participación moi numerosa, a pista de Expourense acolleu novamente un Campionato Galego no que contabámos con dous representantes. Belen Lemat rematou 3ª nos 800 m.l., 4ª en 400 m.l. e 6ª nos 1500 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 6º posto no concurso de peso.



 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18

    Lope Quinteiro vai participar no XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA, o sábado pola tarde disputará a semifinal dos 800 m.l. no Palau Velódrom Lluís Puig. No caso de progresar a final sería na xornada do domingo 10.  Parte coma lider no ranking galego da distancia e agora toca presentar as credenciais no nacional, de seguro que voltará contento coa sua actuación.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Madrid, 2 e 3 de marzo de 2019

     A pista cuberta de Gallur en Madrid encheuse de enerxia atlética. @s mellores SUB 20 do país concurrían ao peche da tempada de pista cuberta. Daniel Calvar non puido acadar o pase as semifinais, quedou fora cun tempo de 23.21 s. na sua serie de 200 m.l.



     Saray Amoedo remataba 8ª na final do  triple salto. Realizou un concurso moi regular e sempre mantendo ese nivel que se procura nas citas nacionais.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 02 de marzo de 2019

    O autonómico da categoria SUB 16 supoñia a antesala do peche da tempada de pista cuberta, a nivel galego. Este sábado competían as mellores marcas galegas cadetes e o domingo estaba destinado para as categorias MASTER. Abril Entenza competiu no salto de altura, acadando un BRONCE cun mellor salto de 1,42 m. Nos 60 m.v. foi descalificada na final, quedamonos coa prometera marca que rexistrou nas semifinais, 9,89 s. Na outra semifinal competía Ana Cerqueira, quen con 11,86 s. non progresou a final. Máis preto estivo da final dos 60 m.l. quedando apeada na semifinal con 8,64 s. Erea Baston acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO no lanzamento de peso, cun mellor rexistro de 10,46 m. Nos 600 m.l. Ivan Iglesias rematou co sexto mellor tempo, 1:39.25. Aaron Otero, con 13,76 m, proclamouse CAMPION GALEGO de lanzamento de peso. Concurso no que foi de menos a máis e cunha boa marca preto do seu mellor rexistro. Despois de 10 voltas a pista, Anais Santamarina rematou 11ª nos 3000 m.l., na proba masculina Miguel Núñez e Anton Núñez finalizaron 8º e 9º.



PREVIA CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

     O vindeiro sábado 02 de marzo a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA.  O programa do Campionato esta previsto en xornada de tarde co seguinte HORARIO:



RESULTADOS EN DIRECTO


DETALLE DE ATLETAS E PROBAS

  • Adan Dacosta 60 m.l., 

  • Ivan Iglesias 600 m.l.

  • Joel Curro 3000 m.l.

  • Anton Nuñez 3000 m.l. 

  • Miguel Nuñez 3000 m.l.

  • Aaron Otero lanzamento de peso

  • Ana Cerqueira 60 m.l. e 60 m.v.

  • Anais Santamarina 3000 m.l.

  • Abril Entenza 60 m.v. e salto de altura

  • Erea Baston  lanzamento de peso