CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO

Pontevedra, 28 de marzo de 2021

     As pistas do CGTD de Pontevedra foron testemuña do CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO. As distancias da competición, normalmente de Pista Cuberta, desenrolanse ao Aire Libre por mor da Pandemia, afectando tamén a duración do Campionato, que, coma neste caso, se realizou en duas xornadas. Moito correron @s pupil@s de Calvarpoñendo en práctica eses sufridos adestramentos. A categoría Sub 10 contaba con cinco participantes, no caso das mulleres acadaron a victoria en sendas probas, Emma Collazo nos 500 m.l. e Lena Curras en 1000 m.l., ademáis de liderar o Ranking Galego con esas marcas.



     Os homes desta categoría tiveron o premio no BRONCE de Angel Refojos nos 500 m.l., preto andivo Samuel Corrales cun 4º posto nos 1000 m.l. Brais Garcia rematou no posto 14º nos 500 m.l.



     Nas carreiras alevins participaron outr@s cinco amarel@s. A sección feminina integrada por Noah Pinto 13ª en 500 m.l e Nahia Pintos 13ª en 1000 m.l. No caso dos homes, Miguel Fernández foi 9º nos 1000 m.l., Marcos Rial 16º en 500 m.l.e Gabriel Fazanes 22º na mesma proba.



     Coa categoría Sub 14 aumentaron as probas, coa inclusión dos 2000 m.l. De feito, na carreira feminina venceu Sabela Castelo cunha importante marca que a fai liderar o Ranking Galego. Tamén Hugo Collazo participou nos 2000 m.l. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO. Continuou a xornada co BRONCE de Hugo Domínguez nos 1000 m.l. e a participación de Diego Garcia nos 500 m.l. onde rematou no posto 21º. 



 

Deja una respuesta