PREVIA DO TROFEO ATLETISMO MAZI

     Adiantamos información IMPORTANTE sobre o III TROFEO ATLETISMO MAZI, a celebrar o vindeiro domingo 18 de febreiro no Complexo deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa. As inscricións rematan o mercores 14 as 24:00 horas, polo cal sería de interes achegarlle a Calvar @s atletas interesados en participar. De cara ao CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA DE CATEGORIAS MENORES, é a última proba no calendario para obter ou mellorar marca. 


REGULAMENTO



 RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 10 de febreiro de 2018

     Chegaba Paula Martinez ao CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA nun óptimo estado de forma. Só faltaba refrendalo nas probas que disputaba nesta importante cita. Nos 60 metros valados acadou un tempo de 9,34, que lle supon a súa mellor marca persoal e permitiulle rematar no posto 18º. Na carreira de 60 metros lisos rematou en 8,23, neste caso mellor marca da tempada e posto 22º. Todo un referente para as suas compañeiras, que de seguro estará moi contenta do seu rendemento.


LANZAMENTOS LONGOS E CONTROL DE INVERNO

     Este sábado 10 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, terá lugar o I CTO. GALICIA JUNIOR – VII ABSOLUTO DE LANZAMENTOS LONGOSNo lanzamento de xavelina participara Manel Iglesias e no concurso de disco Raquel Villa


RESULTADOS EN DIRECTO


     No mesmo emplazamento, aproveitando a loxística, vaise celebrar o I CONTROL DE INVERNO S.G. PONTEVEDRA.  Conta co seguinte detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO


 


FIN DE SEMANA DE ENTROIDO ATLETICO.

     As mellores atletas SUB 23 teñen unha cita en Salamanca no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A pista Carlos Gil Pérez albergará o primeiro Campionato Nacional do inverno, entre @s máis de 500 atletas inscrit@s atopase Paula Martínez. Participará nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. 



     No peirado de Aldán disputarase, este domingo 11, o XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  A partir das 11 da maña, competirán as diferentes categorías desde SUB 10 ata MASTER, con percorridos entre 1 e 10 km. No seguinte dossier non falta detalle do Campionato. 


GUIA DO CAMPIONATO



CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS XOGADE

Portas, 03 de febreiro de 2018

     O circuito de A Azucareira acolleu o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS XOGADE. Esta proba implicaba desde a categoría  SUB-10 ata SUB-16. No caso da primeira sería o remate no programa Xogade de Campo a Través, pero para as demáis supoñia clasificatorio para o CAMPIONATO GALEGO. As clasificacións foron de maneira INDIVIDUAL e por EQUIPOS, esta última sería resultante da suma dos primeiros 4/3 compoñentes do equipo.



SUB 10 MULLERES ( Campioas Provincias – 18 ptos.)

Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 3ª, Candela Castro 4ª, Alba del Valle 10 ª, Sabela Domínguez 15ª, Leire Fernández 18ª 

SUB 10 HOMES ( Subcampions Provinciais – 47 ptos.)

Hugo Collazo 1º, Mario Torres 9º,  Miguel Fernández 14º , Marcos Rial 23º  , Iker Rial 33º, Pedro González 41º



SUB 12 MULLERES VILA A ( Subcampioas Provinciais – 75 ptos.) VILA (7º POSTO 146 ptos.)

A / Lucia Gil  7ª, Sara Nerga 15ª,  Gema Dacosta 20ª, Nerea Malvido 33ª, Iris Malvido 47ª.

B / Maialen Fernández 13ª, Goretti Carballal  36º, Uxia Gil 43ª,  Claudia Carcer  54ª, Carmen González 60ª

SUB 12 HOMES  (Individual)

Raúl Rial 9º e Hugo Domínguez 16º.



 

SUB 14 MULLERES ( Bronce Provincial – 116 ptos.)

Agata Rodríguez 17ª, Uxia Sánchez 24ª, Cristina Taboada 34ª,  Nuria Argibay 41ª, Noa Piñeiro 67ª.

SUB 14 HOMES VILA A ( Campions Provinciais – 40 ptos.) VILA (5º POSTO 132 ptos.)

A / Yoel Curro  5º, Miguel Nuñez 8º, Carlos López 9º, Carlos Corredoira 17º, Yago Juncal 22º, Denis Fernández 23º

B / Javier Santos 24º, Mario Santos 28º, Manuel Lemos 32º, Rubén Lemos 44º, Antón Núñez 52º, Luca Piñeiro 54º.



SUB 16 MULLERES ( Bronce Provincial – 50 ptos.)

Sara Mallo 12ª, Sabela López 15ª, Anais Santamarina 23ª, Nerea Piñeiro 34ª, Colomba Carballal 35ª

SUB 16 HOMES ( 5º POSTO – 56 ptos.)

Lope Quinteiro 3º, Anxo Camaño 24º, Ivan Iglesias 29º


RESULTADOS