REGULAMENTO E INSCRITOS CTO. GALEGO XUV.-JUNIOR E PROMESA A.L.

O domingo celebrarase o autonómico da categorías xuvenil, júnior e promesa, nas instalacións da Universidade da Coruña, onde se prevé unha gran competición e os atletas trataran de conseguir marca minima para os campionatos nacionais. Podedes consultar os resultados en directo neste enlace: http://www.atletismogalego.com/FICHEROS%20CORUNA/index.html


INSCRITOS                         REGULAMENTO


11313118_10204488386197117_4359031222554716552_o


CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE

Este domingo, día 7 de xuño, terá lugar unha nova edición do CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE, evento organizado pola ANPA. San Roque e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar nos arredores do Colexio San Roque (Darbo), trascorrerá en horario de 10.30/13.00 h, e nel prevese a participación de máis de 350 atletas, achegados dende diferentes localidades e centros escolares da Comarca do Morrazo.

As categorías (masculina e feminina) serán: PITUFOS / PREBENXAMÍN / BENXAMÍN / ALEVÍN / INFANTIL / CADETE / POPULAR

Para unha información máis detallada: 650 689 741 (Mari Parcero – presidenta)


CROSS ESCOLAR EN SAN ROQUE COLEGIO


 

SELECCIÓN GALEGA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CSD EN PISTA.

Dous atletas do Club conseguiron entrar na SELECCIÓN GALEGA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CSD EN PISTA. Saray Amoedo foi seleccionada para o triple salto e David Lorenzo para a pértega. Veñen de quedar Campions Galegos nas correspondentes disciplinas e o vindeiro 20 e 21 de xuño desplazaranse a Alcobendas para representar a Galicia. Moita sorte e PARABENS polos logros acadados.


david