Mañá venres sairán de Cangas os dous atletas do Vila de Cangas que participarán no campionato de España de pista cuberta para a categoría cadete. O acto será o sábado en Oviedo. Os nosos representantes son Pablo Castro Chapela, que acude cunha marca de 12.79 metros e Raquel Villa Carracelas, cun rexistro de 10.67 m.
Moita sorte para os dous.

Archivo de la categoría: General
CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS DE INVERNO
Pontevedra, 30 e 31 de xaneiro de 2010
A Federación Galega, a través da Delegación de Pontevedra, organizou os pasados 30 e 31 de xaneiro, no estadio do Cantro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o Criterium galego de Probas Combinadas de inverno para as categorías cadete, xuvenil, xunior, promesa e absoluta.
Do Club Atletismo Vila de Cangas participaron catro atletas: Héctor Fernández, André Castelo, Mónica Cabirta e Juanma Novo. Os dous primeiros tiveron que retirarse por diversos motivos. Mónica Cabirta Gutiérrez proclamouse campiona na categoría promesa e o mesmo resultado obtivo Juanma Novo Pardavila na categoría xunior.
O mal tempo non permitiu que os nosos atletas acadaran as súas marcas personais.
As probas repartíronse en dúas xornadas. O sábado pola tarde tiveron lugar as probas de 60 m.l., lonxitude, peso e altura para os homes.
As mulleres concentraron todas as súas probas na xornada do domingo pola mañá (60 m.v., altura, , peso, lonxitude, 60 m.l. e 800 m.l.). Estas probas foron intercaladas coas que lles faltaba por facer aos homes (60 m.v., pértega e 1.000 m.l.)
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS
Carballo ( A Coruña), 31 de xaneiro de 2010
O Club Atletismo Vila de Cangas proclamouse campión galego na categoría promesa masculina, o que lle da pasaporte para o campionato de España que se disputará en Haro o vindeiro 21 de febreiro. Nesta categoría Óscar Iglesias foi o segundo en chegar a meta, Brais Misa chegou sexto, seguido inmediatamente de David González (7º). Os Seguintes do Vila de Cangas en entrar na meta foron Maikel Portela (14º), Antonio Comesaña (16º) e Manuel Ayuso (20º)
Aínda que o Vila só presentou equipo entre os promesas homes, tamén tivo participación individual ca categoría xunior feminina, con Cristina Gil, que entrou quinta e Rebeca Obenza que chegou novena.
Na categoría senior mulleres, Beatriz Fernandez foi 7ª e Andrea García 11ª.
A carreira dos senior-promesa foi a máis numerosa, con preto de 150 participantes. Nela, Orlando Rodríguez foi o 42º dos senior, Francisco Radal chegou 50º e Remigio Fandiño 53º
CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
Ponteareas, 30 de xaneiro de 2010
No parque Avisoureira, da parroquia de Guláns, en Ponteareas, tivo lugar o campionato provincial escolar de campo a través.
Esta competición é a máxima a que poden aspirar no eido escolar na categoría benxamín. En cambio, para as demais categorías (alevín, infantil e cadete), supón o paso ao campionato galego escolar de campo a través. Os clasificados para o galego son os dous primeiros equipos e os oito primeiros atletas individuais.
O Vila de Cangas conseguiu subir a sete dos oito podios posibles. Os benxamíns proclamáronse campións tanto os homes coma as mulleres. En alevíns, as mulleres subiron ao máis alto do podio, mentres que os homes foron subcampións provinciais. Ambos conseguiron a clasificación para o galego. A sorte dos infantiles foi bastante diferente. Os homes foron a única categoría do Vila de Cangas que non subiu ao queixón, mentres que as mulleres subiron cun terceiro posto provincial. Este terceiro posto das mulleres infantiles sabe a pouco, e máis si sabemos que hai quince días se proclamaron campionas galegas no Alejandro Lorenzo ( considerado como o campionato galego federado). Os homes e mulleres infantiles quedan, polo tanto, fora do campionato galego.

En canto a categoría cadete, os homes foron campións provinciais seguidos dos seus filiales, os do Suárez Marquier. As mulleres foron subcampionas, destacando unha moi boa actuación de Mar Chillón. Tanto homes coma mulleres van ao galego.
Os resultados foron como segue:
Benxamín mulleres:
1ª Sandra Souto Otero Seguir leyendo
COMPETICIÓNS DO VINDEIRO FIN DE SEMANA
Esta fin de semana preséntase moi intensa para o Vila de Cangas.
Por unha banda, os máis pequenos terán o campionato provincial escolar de campo a través no Parque Avisoureira, sito na parroquia de Guláns, en Ponteareas. As probas empezarán a partires das 11.00 horas, estando sinalada a última proba para as 13:10 horas. O Vila de Cangas participará con un total de trece equipos repartidos entre as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Sairá un autobús da estación de autobuses de Cangas ás 9.:00
Por outra banda, os maiores terán que desprazarse ata Carballo ( A Coruña) para disputar o campionato galego de campo a través xunior e promesa absoluto individual e por equipos.
Por último, catro dos nosos atletas ( André Castelo, Héctor Fernández, Juanma Novo e Mónica Cabirta), terán que ir ata Pontevedra o sábado e máis o domingo para demostrar o seu estado de forma no Criterium galego de probas combinadas cadete, xuvenil, xunior, promesa e absoluto.
CAMPIONATO GALEGO CADETE-XUVENIL DE PISTA CUBERTA
A Coruña, 24 de Xaneiro de 2010
Como non podía ser doutra maneira, o campionato celebrouse na Coruña. A competicións tivo lugar en xornadas de mañá e tarde. Para poder competir había que ter unhas marcas mínimas, sendo moitos os atletas rexeitados por non acadalas. Pola mañá, os atrasos chegaron a superar os 40 minutos.
Este día foi especialmente proveitoso para os nosos lanzadores de peso cadetes, pois tanto Pablo Castro como Raquel Villa conseguiron marca para o campionato de España, que xa será agora en febreiro.

Para os nosos atletas, esta foi a primeira competición na que se puxo en practica a nova normativa para as saídas das carreiras. Si ben antes, á primeira saída nula non se expulsaba a ninguén, agora si.
Ademais do encontro para cadetes e xuveniles, tamén se celebrou o campionato galego de 1.500 e 300 m.l. para a categoría promesa e xunior, que quedara pendente do domingo anterior.
Resultados:
Cadetes Homes:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de bronce en 300 m.l. Seguir leyendo
CAMPIONATO GALEGO XUNIOR-PROMESA DE INVERNO
Elvira, A Coruña, 17 de Xaneiro de 2010
Este ano o campionato galego de pista cuberta chámase campionato galego de inverno. Isto é así porque debido a ocupación da pista cuberta e á folga dos empregados, houbo que cambiar de sede.
Os nosos atletas promesas e xunior conseguiron cinco medallas: unha de ouro, dúas de prata e dúas de bronce.
Os resultados foron:
Daniel Choren Castro: 5º promesa en 60 m.l., 4º en 200 m.l.
David González Fernández: medalla de prata en 400 m.l. promesa e bronce en 800 m.l.
Óscar Díaz Requejo: 4º promesa en 800 m.l.
Juanma Novo Pardavila: Medalla de prata en pértega e de bronce en altura xunior, 4º en 60 m.v., 5º en peso
Mónica Cabirta Gutiérrez: medalla de ouro en 60 m.v. e4ª en 60 m.l. promesa
MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CADETE E XUVENIL E CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO
Ourense, 17 de xaneiro de 2010
Este ano, esta competición que acostumaba a caer en febreiro, adiantouse a xaneiro. Nun principio era para facerse ao lado do río, como hai dous anos, pero debido as intensas chuvias caídas nos últimos días, decidiron cambialas para Monterrei. O tempo respetou as probas e case non choveu en toda a mañá. O frío tamén se aguantou ben.

Como sempre empezamos có Memorial Alejandro Lorenzo, onde o Vila de Cangas fixo o papel o papel de protagonista proclamándose campión ou subcampión en case todas as categorías.
En canto ao campionato galego de cadetes de xuveniles, non presentamos equipos na categoría superior, pero si nos cadetes, tanto homes como mulleres. Aquí a sorte foi desigual. Os homes conseguiron un terceiro posto por equipos mentres que as mulleres, a pesar de obtiveron clasificacións individuais bastante boas, non puideron pasar do quinto posto, si ben é xusto dicir que entre o terceiro e o quinto posto hai unha diferencia de catro puntos.
No cross curto, gañaron a proba os da Gimnástica de Pontevedra na categoría masculina, acadando o Vila de Cangas o 7º posto entre os 16 presentados. As mulleres do noso club quedaron cuartas.
Resultados do Memorial Alejandro Lorenzo:
Benxamín mulleres:
3ª Sandra Souto Otero Seguir leyendo
ALEJANDRO LORENZO E CAMPIONATOS GALEGOS DE CROSS CURTO E DE CADETES E XUVENILES
O VINDEIRO DOMINGO CELEBRARANSE ESTAS PROBAS, PERO SERÁ NAS PISTAS DE MONTERREI, XA QUE DEBIDO AO TEMPO QUE TIVIMOS NOS ULTIMOS DÍAS, CONSIDEROUSE UNHA SITUACIÓN MÁIS ADECUADA.
CONVÓCASE A TODOS OS ATLETAS DO VILA DE CANGAS PARA QUE ESTEAN NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES ÁS 8.00 HORAS DO DOMINGO PARA SAIR EN AUTOBÚS CARA A OURENSE. PRÉGASE PUNTUALIDADE.
CAMPIONATO ZONAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
O Vila de Cangas proclamouse hoxe, 10 de xaneiro de 2010, campión zonal en todas as categorías escolares e clasificou a 13 equipos para o campionato provincial.
O cirucuito que os repaces fixeron nesta primeira competición do ano, era similar ao dos outros anos, aínda que con algunhas modificación debidas a que o circuito de antes collía parte do paseo que agora se fixo.
A participación dos clubs máis numerosa aportouna o Vila de Cangas, por bastante diferencia. Tamén aportaron atletas os clubs de Samertolameu e Morrazo.
O esforzo dos rapaces viuse compensado con medallas para todos os participantes, ademais de trofeos para os tres primeiros. Outra novidade deste ano con respeto aos anteriores foi que os equipos campións tamén foron agasallados cun trofeo.

O frío da mañán era intenso, aínda que non tanto como o dos días pasados. Polo menos non chovía e o vento era escaso.
Agora quédanos ir ao campionato provincial, que será o vindeiro 30 de xaneiro en Guláns ( Ponteareas).

Debe estar conectado para enviar un comentario.